ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

domingo, 29 de junho de 2008

campaña (cartaz e panfleto)



NON Á DIRECTIVA DA VERGOÑA
A directiva da Unión Europea para deportar masivamente aos migrantes
É ILEGAL, pois viola o Dereito Internacional, que está porriba de calquera norma ou directiva rexional. Porque viola a
Convención sobre Dereitos do Neno.
É CRIMINAL, pois confina e aílla a inmigrantes pobres e a rapaces en inhumanos Guantánamos ou campos de
concentración durante 18 meses. Mesmo prohíbe entradas legais de migrantes no territorio UE por espacio de 5 anos.
É INMORAL E CÍNICA, porque criminaliza ás mulleres e homes que fuxen desesperad@s dos países empobrecidos,
saqueados ou bombardeados polo imperialismo europeo e ianqui.
Traballador@ inmigrante, defende os teus dereitos. Organízate e loita.
Traballador@ galeg@, non te confundas de enimigo: fumos e somos un povo de emigrantes. Elas e eles non nos rouban
o traballo. Son os capitalistas quen os usan para roubarlles e roubarnos, e saciar a sua cobiza de máximos beneficios a
costa da necesidade e a penuria de tod@s, @s de dentro e @s de fora.
NATIVA OU ESTRANXEIRA, A MESMA CLASE OBREIRA!!!
NON Á DIRECTIVA DA VERGOÑA!!!

La directive de l'Union Européenne pour la déportation massive d'immigrants est:
ILLEGALE, car elle viole le Droit International qui est supérieur à n'importe quelle normative ou directive régionale. ILLEGALE
car elle viole la Convention Internationale des Droits de l'Enfance.
CRIMINELLE, car elle confine et isole des immigrants pauvres et des enfants dans d'inhumains guantanamos ou des camps de
concentration pendant 18 mois. Elle interdit même leur retour légal sur le territoire de l'U.E. pour espace de 5 ans.
IMMORALE et CINIQUE car elle criminalise des femmes et des hommes que le désespoir emmène à fuir des pays appauvris, pillés
ou bombardés par l'impérialisme européen ou yankee.
Travailleur immigré, défend tes droits! Organise-toi et lutte
Travailleur galicien, ne te trompe pas d'ennemi: nous fûmes et sommes un peuple d'émigrants. Les immigrants ne nous volent pas
notre travail. Ce sont les employeurs qui usent les immigrés afin de les exploiter et nous exploiter nous-même, afin de satisfaire leur
soif de bénéfices toujours plus grands sur notre dos, tirant profit des besoins et pénuries de tous les travailleurs, qu'ils soient d'ici ou
d'ailleurs.
NATIVE OU ETRANGERE, NOUS SOMMES LA MEME CLASSE OUVRIERE!!!
NON A LA DIRECTIVE DE LA HONTE!!!

The EU directive for the inmigrants massive deportation, is:
An ILLEGAL one, for it violates the International Law which is top to any regional regulation.
An ILLEGAL one, for it violates the Convention on Child's Rights.
CRIMINAL, for it lays down an 18month detention of poor immigrants and children in guantanamos or concentration
camps, and even bans their legal re-entry to european territory for 5 years.
IMMORAL AND CYNICAL, for it criminalizes the women and men who runs out from the impoverished, plundered
or shelled by the european and yankee imperialism countries.
Inmigrated worker, defends your rights, associate and mobilize you!
Galician worker, inmigrant one is not your ennemy. We were and we are an emigrant people . The immigrants do not
steal our work from us. They are the capitalists businessmen who use the immigrated ones in order to exploit them and
to exploit us, in order to increase the profits of the big capital;who extracts profit from all the workers's needs and
desperation.
NATIVE OR FOREIGN, WE ARE THE SAME WORKING CLASS!!!
NOT TO THE SHAMEFUL directive!!!!

Comunistasdagaliza
@gmail.com

sexta-feira, 27 de junho de 2008


@s Comunistas da Galiza saudamos a celebración do aniversario da Independencia venezuelana.O noso Partido felicita nesta ocasión ao Povo da Venezuela por ter sido quen de facer realidade plena o ideal independentista, feito que foi posíbel por teren collido as rendas do seu destino e confrontado valentemente á oligarquía e ao Imperio.
Recollendo o millor do pensamento bolivariano, o Povo venezuelano, en estreita alianza coa Cuba socialista materializará tamén o soño da Patria Americana livre e dos Povos.

El Consulado General de la República Bolivariana de Venezuela en Vigo
tiene el honor de invitarles a los actos programados con motivo de nuestra Fiesta Nacional al cumplirse 197 años de la Declaración de Independencia (5 de Julio de 1811).
Sábado 5 de Julio
Lugar: Calle Venezuela en la ciudad de Vigo
Hora: 12.00 P.M.
Acto: Ofrenda Floral en el Busto del Libertador Simón Bolívar
Palabras del Cónsul General David Nieves Banchs.

Martes 8 de Julio:
Lugar: Museo Verbum, Casa das Palabras.
Avda. de Samil, Vigo
Hora: 18.00
Actos:
Apertura del acto a cargo del Honorable Cónsul General, David Nieves Banchs
Presentación del Grupo Musical Venezolano Tricolor.
Inauguración:Exposición Venezuela Indígena y proyección de vídeos.
Brindis con todas las Personalidades invitadas.

Del 8 al 11 de Julio:
Sala de Exposición. Muestra Permanente de la Exposición Venezuela Indígena y proyección de vídeos.

"Venezuela: Libertad y Soberanía"



A Plataforma Galega de Afectados pola Supresión da Tarifa Nocturna

Celebróu hoxe 27 de Xuño en Pontevedra

unha

CONCENTRACIÓN

Os comunistas apoiamos decididamente as xustas reivindicacións das e os veciñ@s de Pontevedra, a quen acompañamos hoxe na sua concentración que valoramos como un éxito mobilizador.Ela forma parte da ampla mobilización popular necesaria para frear esta antipopular medida que só beneficia á oligarquía española e ás electricas (ENDESA,FENOSA, IBERDROLA, etc, que non paran de aumentar os seus beneficios)mentres para @s afectad@s supón UN INCREMENTO DO 50 % NA FACTURA DA LUZ. Elo, nun momento no que se prevé unha subida de 6 puntos para o mes de xullo e outra probábel para os vindeiros meses. As causas: as eléctricas foron privatizadas. Seguindo o dictado da UE, o governo “socialista” carga o custo das xigantescas ganancias destas empresas sobre o lombo d@s traballadoras.OS COMUNISTAS

ESIXIMOS O CONTROL ESTATAL DO SECTOR ELECTRICO

NON Á SUBIDA DAS TARIFAS!

NON Á SUPRESIÓN DA TARIFA NOCTURNA!










Programa-tríptico da Escola central de Formación dos CJC.
Para o seu coñecemento e difusión.

Mércores 16 de Xullo
17h. Inscricións.
18h. Presentación.
19h. Taller sobre o Festival Mundial da Mocidade e os Estudantes.
21h. Cea con Baile.

Xoves 17 de Xullo
9h. Almorzo.
10h. Análise leninista do Estado. Relator: Xulio Díaz.
12:30h. Descanso.
13h. Taller sobre Palestina. Relator: Fayed.
14:30h. Comida.
17h. O proceso da Transición no Estado Español. Relator: Alberto Arana.
19:30h. Descanso.
20h. Actividade deportiva.
22h. Cea.
23h. Cinema de verán.

Venres 18 de Xullo
9h. Almorzo.
10h. Taller sobre feminismo de clase. Relatores: Rosa Gómez e Mila de Frutos.
11:30h. Descanso.
12h. A dialéctica como método de coñecemento. Relator: Julián Iglesias.
14:30h. Xantar.
17h. Os intelectuais e a Revolución. Relator: Belén Gopegui.
19:30h. Mesa redonda coa dirección dos CJC.
21h. Cea
22h. Festa solidaria coa Mocidade Comunista Checa.

Sábado 19 de Xullo
9h. Almorzo.
10h. Conceptos fundamentais de economía política. Relator: Raúl Martínez.
12:30h. descanso.
13h. Encontros sectoriais.
14:30h. Xantar.
17h. Taller de funcionamento externo.
18:30h. Descanso.
19h. Os marxistas ante o dereito de autodeterminación dos povos. Relator: Carmelo Suárez.
21:30h. Cea.
23h. Concerto contra o racismo e o fascismo.

Domingo 20 de Xullo
11h. Almorzo.
12h. Conclusións e peche.





--
Unir á mocidade, organizar a revolución
www.cjc.es



internacionais

quarta-feira, 25 de junho de 2008

terça-feira, 24 de junho de 2008

non á directiva xenófoba da U E

MOCIDADE COMUNISTA CHECA KSM SOLIDARIZA COS NOSOS CAMARADAS DOS CJC



Declaración do Unión da Mocidade Comunista (KSM) da República Checa contra a detención de camaradas dos CJC (traducida polo PCPE)



O pasado 1 de xuño dous membros dos CJC foron detidos durante unha manifestación antifascista na rúa. Expresamos a nosa total solidariedade cos nosos camaradas e consideramos este acto como un inaceptábel ataque aos dereitos fundamentais, así como denunciamos a clara posición do delegado do governo en Madrid de apoio ás organizacións fascistas de Madrid. Isto é parte dunha tendencia xa duradeira de fascistización da sociedade en toda Europa. Ás organizacións fascistas estáselles permitindo operar sen restricións serias, mentres os comunistas, antifascistas e outros integrantes do movemento progresista son criminalizados e detidos. Apoiamos plenamente as manifestacións e a loita unitaria dos antifascistas en Madrid, posto que nós os comunistas sempre estivemos en primeira liña da loita contra as forzas reaccionarias e fascistas, por unha sociedade que non se basee nos principios capitalistas, que son a verdadeira raíz do "desenvolvimento" das organizacións fascistas e os seus crimes.



Esiximos a inmediata liberación dos nosos camaradas dos CJC e de todos aqueles detidos por denunciar o fascismo.



¡Non á fascistización da sociedade!



Unión da Mocidade Comunista (KSM)




O Santander sorteará a crise con 10.000 millóns de beneficios

* Emilio Botín compara a crise co "catarro dun neno, que
chega de golpe pero logo pasa rápido"
* O financeiro presume de que a sua capitalización supera á dos
catro grandes bancos españois xuntos





Alimentos, artigos de luxo

Frei Betto



Quem de nós imaginou entrar numa butique para comprar arroz, feijão, verduras e carne? Talvez não estejamos longe disso.
O preço médio dos alimentos triplicou nos últimos doze meses.

No ano passado, os donos do mundo investiram na indústria da morte – a fabricação de armamentos – US$ 1,34 trilhão, 45% a mais do que há dez anos, segundo o Instituto Internacional de Pesquisa para a Paz. Em gastos militares, os governos aplicaram 2,5% do PIB mundial. Por cada habitante do planeta, US$ 202 foram destinados a alimentar as bestas do Apocalipse com mísseis, bombas, minas e artefatos nucleares. Em resumo:
segundo a FAO, comparado com os gastos em alimentos, o valor consumido pelos armamentos superou-os 191 vezes!
....
Alimentos, artigos de luxo Frei Betto Quem de nó...




domingo, 22 de junho de 2008

a directiva da vergoña






Declaración dun europarlamentario do PARTIDO COMUNISTA DE GRECIA KKE referente á escandalosa directiva sobre os inmigrantes
martes 17 de xuño, o pleno do Parlamento Europeo debateu sobre o proxecto de directiva relativo a "as normas e procesos comúns para o retorno dos inmigrantes ilegais que actualmente están na Unión Europea".

Durante o debate, Atanasios Pafilis, europarlamentario do KKE, subliñou:

"Os refuxiados e inmigrantes, vítimas da política imperialista da UE, son tratados selvaxemente, coma criminais. O proxecto de directiva que someten a votación é inaceptábel e revela de xeito cínico o carácter inhumano da UE e a súa política. A súa lexislación establece unha detención de 18 meses para inmigrantes pobres e nenos en campos de concentración baixo condicións deplorabeis que son unha desgraza para a cultura humana. Vostedes tamén prohiben calquera futura entrada ao territorio da UE durante cinco anos, mesmo que se faga de xeito legal.

A parte que prevé o retorno voluntario é totalmente enganosa. De feito é unha chantaxe. É como dicir: ou marchades voluntariamente ou seredes enviados a prisión e deportados tras 18 meses. Trátanlles vostedes como a criminais, malia seren vítimas da súa política.

Primeiro vostedes bombardean Afganistán e logo quéixanse dos refuxiados. Por unha banda vostedes explotaron a riqueza dos países do terceiro mundo e por outro se queixan dos inmigrantes económicos que hoxe día son utilizados para aumentar os beneficios do grande capital.

As novas medidas farán aumentar o negocio dos escravistas e as súas redes; os prezos elevaranse como resultado das estritas medidas. Ademais, a posición dos inmigrantes e do resto de traballadores deteriorarase ao verse obrigados a traballaren sen dereitos baixo a ameaza da deportación. Os traballadores de Europa e de máis alá das fronteiras europeas non aceptarán estas medidas, poden estar seguros diso".




internacionais

a galiza traballadora contra a europa do capital e a guerra

sábado, 21 de junho de 2008


novas sindicais

CIG INFORMA

As traballadoras e traballadores do servizo de atención a emerxencias, máis coñecido como 112, iniciaron na mañá deste xoves 19 de xuño, as mobilizacións, logo de varias semanas desenvolvendo unha campaña informativa por toda Galiza que tiña como obxectivo dar a coñecer a súa situación laboral e recoller sinaturas de apoio.

O Consello da Xunta aprobou o Decreto de Bacharelato no Consello da Xunta sen proceder a rectificar as graves carencias que posúe froito de atender as presións de intereses alleos ao ensino, como é o caso da xerarquía da igrexa, no canto de escoitar as demandas da comunidade educativa.. O adoutrinamento relixioso chega mesmo até un curso ponte coa universidade como é 2º, cousa que nin nos peores tempos do franquismo ocorrera co seu nivel equivalente”.

A Comisión de mariñeiros, percebeiros e mariscadores afectados polas obras do porto exterior de A Coruña anunciou que o colectivo retomará as mobilizacións no caso de que a Autoridade Portuaria non fixe unha data para o pago das indemnizacións aos damnificados, 200 profesionais do mar, polo cesamento forzoso da súa actividade en Punta Langosteira.

CUT INFORMA

Onte celebrouse en Vigo a Asemblea de CUT-METAL tendo como cortiña de fondo; o xuízo a catro compañeiros do Sector Naval, a preparación da Plataforma do Convenio Colectivo que se ten que negociar no vindeiro ano e diversos aspectos de actualidade; a aprobación pola U.E. da xornada laboral de 65 horas ou a incorporación masiva en Metalships de traballadores estranxeiros.


mobilización e unidade da clase obreira galega
a crise do capital, que a paguen os ricos
comunistasdagaliza PCPE

sexta-feira, 20 de junho de 2008



Na defesa do território é a legenda escolhida na oitava ediçom (já oito!) do nosso Festival, depois de 12 meses marcados especialmente polo bulir dos movimentos sociais e populares galegos em torno de umha grande problemática comum a todo o território, mas diversificada em mil agressons localmente dirigidas polo capital e as instituiçons públicas ao seu serviço.

O VIII Festival da Terra e da Língua decorre neste ano nos próximos 18 e 19 de Julho, como sempre desde 2001, no Moinho de Pedroso.

Festival da Terra e da Língua,

http://revira.agal-gz.org

++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

STOP REPRESIÓN

Após as agressons propinadas por vários carcereiros ao preso
independentista galego Sánti Vigo em Aranjuez, @s quatro independentistas
galeg@s internad@s e dispersad@s actualmente em prisons espanholas
decidírom iniciar na próxima sexta-feira um jejum de 24 h. como protesto
por estas actuaçons e outras que coincidem simultaneamente no tempo.

A informaçom sobre esta iniciativa podede-la consultar em
http://www.ceivar.org/principal.php?pagina=nova&id=971


CEIVAR, organismo popular anti-repressivo
Sede nacional Rua dos Loureiros. Local 2. Edifício 3. Baixo
15704-Compostela
GALIZA

Sítio web nacional http://www.ceivar.org





quarta-feira, 18 de junho de 2008


vigo, casa do libro, homenaxe ao Che .25 de xuño ás 20.00
organiza a asociación de amizade galego-cubana FRANCISCO VILLAMIL

8o anos do che


esta gran humanidad ha dicho basta y ha echado a andar, y su marcha de gigante ya no se detendrá
video

terça-feira, 17 de junho de 2008

E L C O M P A Ñ E R O A L L E N D E

xentileza do COSAL CORUÑA

Omar Contreras Flores



Razón Socialista

Nº 24 Primer Semestre 2008

www.fucobuxan.com

Persoalmente, só alento un anhelo íntimo: que vaia onde vaia, estexa onde estiver, seguiréi sendo para o povo o compañeiro Allende.

O 26 de xuño de 2008 cumprense 100 anos do nacimento de Salvador Allende Gossens, un revolucionario que entregóu a sua vida en defensa dos principios democráticos do seu país...

E L C O M P A Ñ E R O A L L E N D E xentil...







Comité Executivo


DIANTE DO TRIUNFO DO NON AO TRATADO DE LISBOA NA IRLANDA.

O Comité Executivo do Partido Comunista dos Povos de España (PCPE) saúda a vitoria do NON ao Tratado de Lisboa no referendo irlandés, celebrado o pasado 12 de xuño, e felicita aos e as comunistas de Irlanda e ás forzas obreiras e populares por esta importante vitoria.

Os resultados do referendo irlandés mostran as verdadeiras razóns polas que a oligarquía europea tratou de impor os contidos máis agresivos da derrotada Constitución Europea a través de ratificacións parlamentarias. O triunfo do NON en Irlanda é continuación do NON á Constitución Europea manifestado polo povo francés e holandés en 2.005, e reflexo directo da oposición popular á construción imperialista da Europa. Como sucedera co referendo en Francia e Holanda, o NON irlandés demostra novamente o afastadas que se encontran as maiorías parlamentarias -favorabeis á UE imperialista- dos intereses e das verdadeiras preocupacións dos povos.

Confírmase unha vez máis que as estruturas da UE pensan e actúan á marxe da opinión popular, negando o dereito dos povos a se pronunciaren -iso é a democracia burguesa-, tratando de impor medidas que só benefician ao capital monopolista, para o que non dubidan en liquidar as conquistas democráticas que aínda figuran formalmente en boa parte dos ordenamentos xurídicos dos países membros da UE.

As clases dominantes e os seus representantes políticos tentan desvirtuar os resultados do NON irlandés recurrindo a todo tipo de manipulacións. Para o PCPE trátase obxectivamente dunha vitoria dos intereses obreiros e populares fronte aos intereses do capital monopolista. A loita debe continuar fronte aos novos intentos que prepara a oligarquía para impor o Tratado de Lisboa. Esiximos xa que logo, e en primeiro lugar, que o Tratado de Lisboa sexa sometido a referendo en España, para o que debe emprenderse un traballo unitario, partindo das plataformas polo Non á Constitución Europea, como esperamos que suceda no resto de países da UE a cuxos povos negaron o dereito a pronunciarse.

Por iso chamamos á clase obreira, a todos os traballadores e traballadoras do noso país e á maioría social interesada en frear a construción imperialista da UE, a incrementar a loita contra a privatización dos servizos públicos e contra o retroceso de dereitos sociais e laborais que as novas directivas da UE pretenden impornos e cuxo máximo exemplo é a directiva que pretende alongar a xornada laboral a 65 horas semanais, verdadeiro exemplo de ata onde pretende o capital levar a escravitude asalariada, como loitas necesarias que demostran a necesidade de esixir un referendo no noso país sobre o Tratado de Lisboa cuxa retirada esiximos.


¡ESIXIMOS UN REFERENDO EN TODOS OS PAÍSES DA UE!

¡NON AO TRATADO DE LISBOA!

¡NON Á CONSTRUCIÓN IMPERIALISTA DA UE!


segunda-feira, 16 de junho de 2008



Homenaxe a: Che Guevara
Ao soldado da liberdade e a independencia
cooperante guerrilleiro internacionalista
soñador de utopías realizables
ERNESTO GUEVARA “O CHÉ”
o home, o mito creado coa revolución castrista
símbolo de todos os revolucionarios do mundo.
Oleiros, xuño 2008
Oleiros ao heroico guerrilleiro

Conxunto escultórico de 10 metros de altura realizado polos artistas cubanos
Juan Quintanilla e Karoll Willian.
Na inauguración estarán presentes Camilo Guevara, representantes do
goberno de Cuba e destacadas personalidades
do mundo da política e a cultura.
Sábado 28 de xuño de 2008 ás 12:00h
no Parque de Nirvana en Bastiagueiro
(Perillo)
INAUGURACIÓN

n Venres 27 de xuño ás 20:30 h no Auditorio do Centro Cultural “A Fábrica”
de Perillo, conferencia con Camilo Guevara, fillo do heroico guerrilleiro.
n Exposición na Fábrica dunha colección de carteis cubanos relativos
ao “CHÉ” reunidos polo Concello de Oleiros.
n Do 23 ao 29 de xuño, na Casa Charry (Oleiros), exposición pictórica
e escultórica de artistas cubanos.
ACTOS DE HOMENAXE A ERNESTO “CHÉ” GUEVARA
n INFORMACIÓN: l Telf.: 981 610 000 l alcaldia@oleiros.org



FRONTE Á CRISE ECONÓMICA

FOLGA XERAL


Porque a crise nos trae salarios máis baixos, despedimentos colectivos, paro, precariedade laboral e carestía da vida Como imos chegar a fin de mes?

Porque a crise nos sobe a hipoteca e o aluguer, os bancos nos desahucian e os xuíces nos botan á rúa Onde imos vivir?

Porque a subida da luz do governo “socialista” é un ataque á clase traballadora, que non chegamos a fin de mes para pagar a crise capitalista Quen defende os nosos intereses?

Porque a crise favorece ás grandes empresas en contra dos mariñeiros , os labregos, o pequeno comercio, as empresas familiares, as traballadoras e traballadores autónomos que aguantan a forza de xornadas interminabeis. De que han vivir cando perdan a súa pequena empresa?

Porque o governo responde ás nosas loitas lexítimas con represión policial e ameazas. Por que lles doe tanto o dereito á folga?

Porque os ricos quedan cos beneficios e cando chega a crise fannos pagar as consecuencias á clase traballadora, aos sectores populares, á mocidade precarizada, aos pensionistas, ás mulleres, aos inmigrantes Que facer contra a inxustiza e a explotación capitalista?


¡A CRISE CAPITALISTA QUE A PAGUEN OS RICOS, O REI E OS POLÍTICOS BURGUESES !

¡CONTRA A SUBIDA DA LUZ, A CARESTÍA DA VIDA E O PARO, FAI FALTA XA UNHA FOLGA XERAL!

Comunistas da Galiza (PCPE)

parabéns aos camaradas de leganés polo seu estupendo Bando