ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 27 de maio de 2008

CONTRA OS ATAQUES DE BOLONIA, A LOU E O REAL DECRETO


¡DEFENDAMOS A EDUCACIÓN PÚBLICA!


O venres 26 de Outubro o consello de ministros aprobou un Real Decreto que acaba co modelo universitario de Diplomaturas e Licenciaturas tal e como as coñecemos. O novo esquema que establece o Governo, segundo din, para responder ás necesidades da sociedade e economía do coñecemento componse basicamente de Grao e Máster. Pero, que supón isto na práctica?


o Grao

1. Segundo define o RD no seu Art.9: “O grao ten como finalidade a obtención por parte do estudante dunha formación xeral orientada ao exercicio de actividades profesionais”. É dicir, o que ata a data coñeciamos como FP.

2. Para alcanzar este obxectivo o grao redúcese a 4 anos, 240 créditos. Como se distribúen estes?: 60 serán de formación básica, 60 directamente en práctica en empresa (por suposto non pagas) e entre 6 e 30 para o traballo de fin de grao (non se parece iso a unha práctica en empresas?), restarían tan só ¡90 créditos (ano e medio) de formación relacionada coa titulación en concreto!

3. As atribucións profesionais que actualmente se garanten coas Licenciaturas e Diplomaturas desaparecen, arquitectos que non poden asinar proxectos, filólogos sen idioma, licenciados en dereito penal, civil, administrativo?, ¡NINGÚN! Obviamente a posibilidade de acceder ao mercado laboral ¡REDÚCESE! Xa que o teu título non servirá de nada, serás un mero graduado en xeralidades en tanto non te ?especialices? co posgrao.

4. O grao xa que logo consiste nunha “formación xeral”, básica e pouco especializada dirixida á creación dunha bolsa de traballadores precarios e dóciles.



O Posgrao

1. Se queres obter atribucións terás que pagarte un Máster. É dicir, a educación de calidade Posgrao- queda reservada para os poucos que poidan pagar prezos entre 3 e 6 veces máis dos actuais.

2. E velaquí o grande problema: a Educación Superior e o coñecemento provocan gastos. E a xenial idea dos nosos políticos non é outra que promover o investimento privado no coñecemento. Teremos Máster en enxeñería mecánica (Toyota), en telecomunicacións (Telefónica), en informática (IBM), en minería (Repsol),? Mais, e o máster en lingua antiga?, e en historia medieval?, e en arte precolombina?... Que empresa financiará este ?coñecemento tan pouco produtivo??

3. É a ANECA, un organismo non universitario onde se atopan representadas as empresas de forma directa, quen avalía e determina os Plans de Estudo (o contido) das distintas titulacións de Graos, Máster e Doutoramento. É a ANECA, un grupo de empresarios, quen decidirá que debemos e que non debemos estudar (Art.25 do RD).

4. Respecto diso das altas taxas de matrícula do posgrao, non hai que preocuparse, xa vivimos a substitución das tradicionais e “pouco eficientes” bolsas pola bolsa-préstamo (que xa hoxe nos ofrece o BSCH), e que son a devolver no futuro, para obrigarche a aceptar as condicións laborais sen chistar por medo a perder a túa casa ¡pasaremos a saír hipotecados da Universidade!

5. Finalmente para evitar que a Universidade siga sendo un “gasto” para o Estado a Lei de Financiamento de Universidades da Xunta de Andalucía resolve: “as Universidades deben financiarse máis polo que fan que polo que son”. É dicir, ese novo modelo de financiamento terá en conta a participación de profesores en programas internacionais, o bilingüismo dos alumnos, e sobre todo, canto tardan os licenciados en atopar traballo da súa especialidade, e cantos titulados crean empresas propias nos tres anos seguintes á súa gradación. Polo tanto, con este modelo non se financia a transmisión e produción de coñecemento, o cal fai pensar que aquelas titulacións relacionadas coas Humanidades que non cumpren cos requisitos para financiarse estean destinadas a desaparecer (filoloxías?).



Conclusións

1. A universidade convértese nunha fábrica de precarios, o Eurocrédito (1 crédito ECTS = 30 horas) clarifica e abonda nesta función, a nosa matrícula de 60 créditos suporá unha media de 35 horas semanais de permanencia obrigatoria (unha xornada laboral non remunerada senón paga) na universidade, das cales ¡só 10 horas serán lectivas!, o resto teremos seminarios, biblioteca, traballo en grupo, etc. Por outra banda, a aqueles estudantes que necesiten traballar seralles imposible compaxinar os estudos co traballo.


2. Aqueles que cursades estudos “á antiga” sufriredes a homologación coas novas titulacións devaluadas. O voso título, na rúa, converterase en grao.


3. Este Real Decreto representa un paso máis na aplicación da LOU. A mesma LOU que aprobou Aznar e contra a que se mobilizou toda a comunidade universitaria, con ZP nas cabeceiras das manifestacións prometendo a súa derrogación se chegaba ao governo. Con todo, Zapatero, unha vez no governo, faltando ás súas promesas e co acordo da suposta esquerda política e sindical, mantivo e profundou a LOU axustándoa aínda máis á Declaración de Bolonia e ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).



FRONTE A TODO ISTO É NECESARIO:

Promover unha gran campaña de información e debata aberta a toda a comunidade universitaria (estudantes, profesores e traballadores).

Esixir aos nosos representantes das Delegacións de Alumnos que nos informen, se sitúen e mobilicen contra a LOU e os Reais Decretos que atentan contra a Educación Pública.

Denunciar ao Goberno ZP por avanzar cara á privatización da Educación.

E finalmente,

¡ESIXIR A DERROGACIÓN DESTE DECRETO!



COLECTIVOS DA MOCIDADE COMUNISTA


Unir á mocidade, organizar a revolución