Sexta-feira, 3 de Julho de 2009

DE AVANTAR. DÍA 23 DA FOLGA DO METAL.As marchas da dignidade do Metal chegan tamén até Marín e Pontevedra na vixésimo terceira xornada de folga



Estiveron seguidas dun desmedido despregue de antidisturbios, que acompañaron aos folguistas
A mañá do venres 3 de xullo era de novo punto de encontro para os folguistas nas distintas zonas industriais, desde onde partían para coller pasadas as dez da mañá vinte autobuses para mobilizarse nesta xornada fronte á Factoría Naval de Marín, para despois camiñar até Pontevedra, onde se realizou unha nova manifestación polo centro da cidade, onde puideron escoitar e visibilizar a dignidade da loita do Metal, que non para e que continúa, diante de ameazas e o acoso patronal, e baixo unha forte presión e unha desmedida presenza de dotacións de antidisturbios de novo.

23 dias de folga, e de novo camiñar, manifestarse e berrar pola solución do Metal, pola negociación dun convenio provincial xusto e digno. Asi, nesta xornada estaba previsto mobilizarse en Marín e Pontevedra, para estender o conflito e apoiar aos compañeiros desta comarca.

Quinta-feira, 2 de Julho de 2009

Estrasburgo, o retrato dunha Europa reaccionaria

A decisión do Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos de Estrasburgo de apoiar a chamada Lei de Partidos e as consecuentes e sucesivas ilegalizacións sufridas pola Esquerda Abertzale nos últimos anos supón unha lombeirada política de primeira magnitude á política antidemocrática acordada por PP e PSOE no chamado Pacto Antiterrorista; de aí a indisimulada satisfacción expresada por ambos partidos políticos. Con todo para os e as comunistas, esta decisión "xurídica" non fai senón mostrar a todos os demócratas e progresistas europeos a realidade política desta Europa do capital e do imperialismo.

Hai poucas semanas, durante a campaña electoral ao Parlamento Europeo desde o PCPE xa diciamos que a nosa candidatura confrontaba o proxecto europeo imperialista ao mesmo tempo que cualificabamos á Unión Europea (e polo tanto aos seus instrumentos xurídicos) como imperialista e instrumento sen reforma posible. Os e as comunistas presentámonos para denunciar o carácter antidemocrático, capitalista e imperialista da Unión Europea á vez que reivindicabamos o Socialismo como única vía de solución para os graves problemas políticos, sociais e económicos que sofre a clase traballadora europea.

Estas palabras, ditas apenas fai unhas semanas, poderían repetirse de forma case literal ante un feito de transcendencia política como é o aval xurídico á estratexia de represión e degradación democrática que supuxo a implantación e posterior posta en práctica da Lei de Partidos, lei que non podemos esquecer redactouse ad hoc co único obxectivo de deixar fora do xogo político e da realidade institucional - eles chámanlle "fóra da legalidade"- á esquerda Abertzale.

A Lei de Partidos foi un instrumento que xurdiu para contestar desde a suposta legalidade a unha realidade social que lograba unha vez si e outra tamén respaldo popular e acadaba distinta representación institucional en todas as contendas electorais. Malia os discursos grandilocuentes onde se afirmaba unha vez tras outra o final do mal chamado "problema vasco" PP e PSOE atopábanse coa terca disposición de miles de vascas e vascos a seguir pensando en clave independentista e socialista. Cando en momentos de tregua esta Esquerda Abertzale se colocou preto da xestión institucional, o que é o mesmo que dicir preto de romper o status quo implantado polos grandes partidos do Estado máis PNV e UPN, polo cal garantíase tanto a "gobernabilidade" das comunidades autónomas do País Vasco e Nafarroa como o equilibrio mesmo do estado, este respondeu dando un salto adiante na fascistización dos distintos poderes, procedendo a ilegalizar, deter, encarcerar e reprimir.

Polo tanto, ante o feito de non poder derrotar á realidade política e social independentista e de esquerdas estes partidos decidiron -ao máis puro estilo do apartheid surafricano- relegar a esas miles de persoas e vivir coma se non existisen. Esta situación, profundamente reaccionaria e antidemocrática, foi avalada polo Tribunal de Estrasburgo. A Unión Europea retratouse a si mesma, avalando a política represiva do Estado español e, en última instancia, preferindo mirar máis pola súa seguridade interna antes que defender os dereitos humanos de miles de cidadáns e cidadás.

Esta decisión é histórica porque avala a represión desde a democracia burguesa. Mentres a extrema dereita campa ás súas anchas en Europa, mentres os xenófobos, racistas, reaccionarios e capitalistas acadan cada vez maiores cotas de poder ante o silencio cómplice de moitos, a esquerda é perseguida sen miramiento algún. Os casos da República Checa, de Turquía, de Hungría, das repúblicas bálticas- onde os comunistas e progresistas son perseguidos- , poden ter e usar de aquí en diante o aval que este tribunal deu á persecución, detención e encarceramento de dirixentes políticos cuxo único delito foi -convén non esquecelo- esixir o dereito de autodeterminación para o Pobo Vasco e a necesidade do diálogo para afrontar sinceramente a solución dun conflito armado que dura xa demasiado.

Con esta decisión Estrasburgo aposta pola represión e iso levará maiores dificultades para solucionar o conflito político. É máis, a actitude do goberno Zapatero coa lista Iniciativa Internacionalista no último proceso electoral advírtenos que a aplicación da Lei de Partidos está disposta a traspasar as fronteiras de Euskal Herria e do Estado español para poder criminalizar e golpear a todas aquelas persoas solidarias, progresistas e/ou revolucionarias que discrepen do actual estado das cousas.

Esta decisión antidemocrática supón unha lombeirada ás tentacións máis reaccionarias que PP e PSOE poidan ter. A pesar do uso abusivo de termos como "estado de dereito", "liberdade política" ou "igualdade de oportunidades" o proceso de degradación política que se está a dar no Estado español fainos presumir que deica pouco, aqueles que reivindicamos a república, que defendemos o dereito de autodeterminación do Pobo Vasco e de todos os pobos do Estado e de Europa, que todos aqueles que defendemos sen ambaxes o socialismo podemos ser próximos obxectivos dun Estado cada vez máis cego na súa carreira represora.

Esta decisión político-xudicial non afecta exclusivamente á esquerda Abertzale. É certo que ela é a primeira afectada porque os seus dirixentes seguirán no cárcere, seguirán sen poder presentarse ás eleccións e os seus militantes poderán ser detidos exclusivamente polo seu quefacer político. Pero a afección desta decisión vai máis lonxe porque pon no punto de mira a todos os contestatarios, a todos aqueles que loitamos, que nos comprometemos por unha realidade política diferente.

Da mesma forma que o capitalismo non se pode nin se debe refundar porque na súa mesma razón de ser áchanse os problemas que xera e que padece a clase traballadora e os Pobos e Nacións do mundo, a "democracia" da Unión Europea (esa "democracia" que acolle a personaxes como Berlusconni, Sarkozy, Merkel, Kaczynski e compañía) non se pode nin se debe rexenerar. Fainos falta unha democracia socialista que faga fronte ao racismo e á exclusión, que defenda a liberdade dos pobos e a liberdade dos traballadores, que loite con políticas sociais reais fronte ao paro, a miseria e a explotación.

O Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo só conseguiu dous obxectivos con esta sentenza: primeiro, pór un obstáculo importante á instauración da democracia en Euskal Herria e en segundo lugar mostrarnos en toda a súa crueza a consideración que se ten dos Dereitos Humanos nesta Europa. Se cercena a participación política, se coarta a liberdade de expresión, consolídanse penas de cárcere inxustas, anímase á persecución de disidentes; en definitiva, consolídase un fascismo ao que ninguén, en Euskal Herria, nos demais pobos e nacións do Estado español e en todas as nacións europeas pode dar as costas.


Enrique Bert e Pablo Lorente son militantes do EK-PCPE

Quarta-feira, 1 de Julho de 2009

HONDURAS, O GOLPE DOS MONOPOLIOS


TRES DOCUMENTOS QUE EVIDENCIAN QUE UNHA VEZ MÁIS A BOTA MILITAR E A DEREITA POLÍTICA AMPARADA NAS SÚAS INSTITUCIÓNS FASCISTAS NON SON MAIS QUE MEROS ESBIRROS DE INTERESES ECONÓMICOS IMPERIALISTAS.

A LOITA DOS POBOS POLA SÚA SOBERANÍA, A SÚA INDEPENDENCIA ECONÓMICA, POLO RESPECTO A SÚA INTRACULTURALIDADE E XEOHISTORIA SÉGUESE PAGANDO COA OPRESIÓN E O CERCENAMIENTO DO SEU PRESENTE. A RESISTENCIA DE HONDURAS HOXE, É A RESISTENCIA DOS POBOS DIGNOS DE AMÉRICA, É A SOBREVIVENCIA DESTE SÉCULO COMO O SÉCULO DA EMANCIPACIÓN E A REVOLUCIÓN!
NON VOLVERÁN!
NON PODERÁN PASAR!

Honduras: outra guerra do TLC contra os pobos


Honduras intervén almacéns petroleiros de transnacionais


Honduras: Intereses Transnacionais farmacéuticos implicados no golpe de estado a Zelaya


URUGUAY CO METAL


URUGUAY CON EL METAL


QUIEN DUDABA DEL INTERNACIONALISMO PROLETARIO.
FOTO TOMADA EN LA MARCHA REIVINDICATIVA HACIA SANTIAGO DE COMPOSTELA DE LOS TRABAJADORES DEL METAL DE LA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, GALICIA, QUE ESTAN EN HUELGA POR LA FIRMA DE UN NUEVO CONVENIO.
ATENTOS SALUDOS

Jorge Burgos Ribas

OS COMUNISTAS CONTRA O FASCISMO

de AVANTAR: Éxito da marcha pola dignidade

Éxito da marcha pola dignidade e loita do convenio do Metal de Pontevedra
30/06/2009
/avantar/30.06.09 Marcha de traballadores do Metal 57
Unha mobilización histórica. Só asi é como se pode cualificar a experiencia da marcha a pé desde Pontevedra a Compostela, que saía o luns pouco despois das nove e media da mañá e que remataba ás dúas da tarde fronte a San Caetano este martes 30 de xuño, na vixésima xornada de folga para este sector. Esgotados polo esforzo maratoniano destes dous dias, mais “imbatibeis”, e traspasando fronteiras, para que ninguen poda tentar invisibilizar esta loita exemplar, os do Metal ateigaron Compostela de dignidade e de forza, de traballadores e traballadoras que non se renden.

Terça-feira, 30 de Junho de 2009

O CAPITAL CONTRA OS E AS NOS@S MAIORES


REPRODUCIMOS E AGRADECEMOS DESDE AQUÍ ESTA DENUNCIA, APORTACIÓN DUN AMIGO DO PARTIDO, UN VETERANO DO TRABALLO, A LOITA E A HONRADEZ


1º. Os parados de larga duracion non teñen ningunha axuda por parte de os responsables do benestar social que reciben cartos a traves de nosos impostos.

2º O Goberno de nosa "nacion" "Galicia", esta usando a os xubilados, levandos a programas de "xuntanzas", enmascarando os posibles votos e as subvencions de a "Comunidade Europea", levando eles a maior parte de esa "pastel", para cuchipandas e despilfarros.

3º Nosa comunidade e unha de as ultimas no "ranking" de inversions en o benestar de nosa xente maior e de os parados, dando unha marea de cartos a os "amigos" que montan os "chiringuitos" de xuntanzas"

4º O noso goberno, o de Galicia, quere recortar as infimas axudas, que temos dereito por ter cotizado durante nosa longa vida laboral, a tenor de que non teñen cartos, que os anteriores gastaron. En ton, si non o sabian, para que se presentan, eu antes e coller un empleo, miro si o que me contrata pode pagar miña nomina.



DEFENDAMOS OS DEREITOS DOS NOSOS VETERANOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS E AOS QUE A DIARIO ESTÁN SENDO BOTADOS AO VERQUEDOIRO DO DESEMPREGO E A DESESPERANZA POLA COBIZA DO CAPITAL!!

A CRISE CAPITALISTA, QUE A PAGUEN OS RICOS

PONTEVEDRA-CONVOCATORIA URXENTE POR HONDURAS:



CONVOCATORIA URXENTE POR HONDURAS:

CONCENTRACIÓN EN PONTEVEDRA:

MÉRCORES 1 DE XULLO NA PEREGRINA ÁS 20,30H

Sen luz, sen comunicación,

co terror dos tanques na rúa e sen liberdades

- Paremos o golpismo e a barbarie. FORA O EXERCITO DAS RÚAS

- Pola integridade d@s sindicalistas e asociacións populares ameazadas.

- Polo retorno á legalidade e o dereito do pobo hondureño ao exercicio democrático

- RACHEMOS O SILENCIO CÓMPLICE das institucións españolas e dos medios

- Esixamos á UE, ao goberno español e a Xunta que NON RECOÑEZAN AO MONICREQUE DO GOLPISMO.

- Pola retirada do embaixador de España e a ruptura de relacións diplomáticas en tanto non se restitúa a actual lexitimidade democrática representada polo presidente Zelaya.

HONDURAS: IMPERIALISMO NON PASARÁ

O pobo de Honduras está na escuridade. A escuras porque lle foi cortada a enerxía eléctrica e a escuras porque está a soportar un golpe de estado militar fascista que secuestrou e expatriou ao presidente elixido democraticamente polo pobo.

Na liña de profundar nunha maior participación democrática, o Presidente Manuel Zelaya Rosales contou co apoio de organizacións sociais de Honduras, na realización dunha enquisa para o este 28 de Xuño do 2009. Aspiracións democráticas da poboación truncadas polas forzas armadas (ese mesmo día ás 05:00 am) cun Golpe de estado e secuestro do Presidente Zelaya.

Co formato e modus operandi da CIA, este golpe de estado constitúe unha resposta desesperada da oligarquía nacional e a dereita recalcitrante (a mesma que converteu a Honduras nunha república bananeira, base política e militar do imperio norteamericano) por preservar os seus intereses do capital e en especial o das grandes empresas transnacionais, polo que fai uso da forza militar e das institucións do país como o Parlamento, ministerios, prensa neoliberal e outros.

Durante o mandato do presidente Zelaya promovéronse accións que benefician ao campesiñado hondureño, e situouse como defensor da Alternativa Bolivariana das Américas (ALBA); accións que se reforzaban coa enquisa convocada para o derradeiro 28 de xuño. Os dirixentes sindicais e organizacións populares son agora, con este golpe de estado, os primeiros obxectivos de represión e persecución que está sufrir o pobo hondureño.

Non hai dúbidas que nas manobras en contra do pobo de Honduras e o seu Goberno están impulsadas e dirixidas polo imperialismo que pretende reverter o avance popular no continente latinoamericano. Este ataque brutal inscríbese nas accións desestabilizadoras en contra de Venezuela, Bolivia e Nicaragua; na permanente agresión e bloqueo a Cuba e no desprestixio mediático cara a calquera goberno que non sexa obsecuente aos ditados do imperio.

A Coordenadora contra a Guerra de Pontevedra chama a solidarizarse co pobo hondureño pola defensa do seu dereito a determinar libre e democraticamente o seu destino, rachando o silencio cómplice das institucións españolas e dos medios.



Segunda-feira, 29 de Junho de 2009

A mordaza do fascismo sobrevoa Honduras






O Partido Comunista dos Pobos de España condena o golpe de estado perpetrado contra o goberno do Presidente Manuel Zelaya.

A oligarquía xunto cos poderosos militares coa cobertura silenciosa do imperialismo intentan calar ao pobo hondureño que sae ás rúas a reclamar a restitución do lexítimo goberno.
Os medios de comunicación ao servizo da oligarquía hondureña co respaldo de poderosos medios como o grupo Prisa silencian ou maquillan segundo os seus intereses o golpe militar, nun claro intento de intoxicar a opinión pública, situando ao Presidente Zelaya como transgresor da legalidade, e ao exército como garante da mesma.

No mesmo día do golpe, ao mesmo tempo que secuestraban ao presidente Manuel Zelaya, os militares golpistas asasinaron a un deputado, hai unha deputada desaparecida, os ministros do goberno foron detidos, asaltaron as embaixadas de Cuba, Venezuela e Nicaragua, secuestrado ao persoal diplomático, nun claro acto de guerra contra estes países, hai centos de ordes de detención contra dirixentes populares, o pobo sofre a represión nas rúas, os médicos cubanos en Honduras están sendo agredidos e sofren o fustrigacións dos militares golpistas.

En Honduras a riqueza está en poder de de 8 familias que condena ao resto da poboación a vivir na pobreza. A oligarquía non pode permitir nin sequera que se consulte ao pobo, aínda que a consulta só teña carácter consultivo, segundo a actual lei o pobo non debe ser consultado en materia económica, política, internacional, o goberno de Manuel Zelaya. preguntou ao pobo se quería ser consultado, o pobo hondureño non puido opinar, a mordaza fascista impúxose en Honduras.

O golpe militar en Honduras é a resposta do imperialismo aos avances democráticos e populares en America Latina, é un atentado contra o progreso solidario e económico que hoxe representa a alternativa bolivariana para as Américas, da cal forma parte Honduras.

O exército ameazante nas rúas non poderá amedrantar o pobo hondureño, a súa vontade non será silenciada, o terror imposto polos golpistas enfrontarase á mobilización popular e á condena de todos os pobos do mundo.

Á inmediata resposta solidaria de todas as forzas progresistas de Latinoamérica, a reunión urxente do ALBA, sumouse a condena da FSM (Federación Sindical Mundial) e de Vía Campesiña, así como de todos os sectores progresistas do planeta.

O Partido Comunista dos Pobos de España chama a mobilizarse contra o golpe militar en Honduras, a saír á rúa para esixir a restitución do goberno lexitimamente elixido.

O Partido Comunista Dos Pobos de España esixe ao goberno do estado español condene o golpe, se négue a recoñecer ao presidente usurpador imposto polos golpistas e ordene a retirada inmediata do embaixador de España en Honduras.



Comisión Antiimperialista CC - PCPE
28 de Xuño de 2009

Domingo, 28 de Junho de 2009

HONDURAS. FASCISMO NON PASARÁ!

Internacional: Honduras 5 GOLPE DE ESTADO Chávez en teleSUR Mel Zelaya secuestrado

Internacional: GOLPE DE ESTADO EN HONDURAS

Sexta-feira, 26 de Junho de 2009

DE AVANTAR: O luns comezará pola mañá a marcha a pé a Compostela dos traballadores en folga do Metal desde Pontevedra

Chegarán o martes en manifestación até á Xunta de Galiza
26/06/2009
/avantar/26.06.09 Folga do Metal 38
Os traballadores e traballadoras en folga do Metal de Pontevedra continúan a loitar na defensa dun convenio xusto e decidiron ir máis alá nesta mobilización: o luns comezarán unha longa marcha desde Pontevedra a Compostela a pé para rematar esta manifestación cunha concentración ás portas da Xunta de Galiza en San Caetano. Esta mobilización realizarase en dúas xornadas, e está prevista a chegada desta marcha ao mediodia do martes. Os folguistas chegarán vestidos coa súa funda a Compostela para visibilizar a multitude que representa o Metal e a trascendencia desta loita de dignidade e resistencia que son.