ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 25 de fevereiro de 2010

Declaración conxunta dos Partidos Comunistas e Obreiros dos países da UE



A reunión da UE de Xefes de Estado do 11 de febreiro sinala un novo ataque grave contra a clase obreira e os pobos de Europa. As resolucións da Cimeira, de conformidade coa "Estratexia da UE 2020", que promove e profunda a estratexia de Lisboa, intensifica a politica antipopular da Unión Europea e os gobernos burgueses por medio de duras medidas contra a clase obreira e o pobo. Tratarase de reforzar a rendibilidade dos monopolios europeos, tanto dentro da Unión Europea como na competencia imperialista internacional.

A estratexia da UE para unha saída da crise baséase na imposición de cambios radicais nos sistemas de seguridade social, no aumento da idade de xubilación e en drásticos recortes aos salarios, as pensións e as prestacións sociais no seu conxunto. Este ataque leva o selo das forzas liberais e socialdemócratas que apoiaron a estratexia do capital en cooperación coa Unión Europea.

O déficit e a débeda pública e a supervisión das economías de varios Estados membros como Grecia, Irlanda, Portugal, España e outros países utilízanse para a intimidación ideolóxica dos traballadores de toda Europa.

As empresas transnacionais e os bancos conseguiron inmensos beneficios a través da explotación dos traballadores e das subvencións estatais e exencións fiscais, tanto antes como durante a crise. Na actualidade compiten pola maior parte dos novos préstamos. Unha vez máis, pon a carga sobre os traballadores, os pobres e as pequenas e medianas explotacións agricolas familiares e os traballadores autónomos por medio do alarmismo e da intimidación.

O espírito da resistencia  estase a intensificar entre os traballadores europeos que non están dispostos a asumir o custo da crise posto que eles non son os responsables no máis mínimo. En Grecia, Portugal e outros países, os traballadores, funcionarios públicos e agricultores pequenos e medianos estan realizando manifestacións públicas e van ir á folga en contra das medidas de austeridade adoptadas. Os Partidos Comunistas e Obreiros asinantes están desempeñando un papel protagonista neste movemento, estando á vangarda da loita de clases.

Os Partidos Comunistas e Obreiros chamamos á clase obreira e aos pobos de cada país para que organicen o seu contraataque e condenen aos partidos que apoian a ofensiva antipopular da Unión Europea, para que reforcen as filas do movemento sindical clasista, para que rexeiten a colaboración social que promove politicas antipopulares e dean unha resposta firme ao ataque contra as clases populares, esixindo no seu lugar: o pleno emprego estable e con dereitos plenos para todos, aumento substancial dos salarios, a supresión de todas as leis anti-sociais e anti-laborais, a redución da idade de xubilación e unha educación, sanidade e servizos sociais exclusivamente gratuítas. Os traballadores poden vivir mellor sen os capitalistas, son eles quen producen a riqueza e polo tanto, deben gozar dela.

================
  Os Partidos

* Workers' Party of Belgium
* Communist Party of Britain
* New Communist Party of Britain
* Communist Party of Bulgaria
* Party of the Bulgarian Communists
* AKEL, Cyprus
* Communist Party in
* Denmark Communist Party of Estonia
* Communist Party of Finland
* Communist Party of Greece
* Hungarian Communist Workers' Party
* Communist Party of Ireland
* Workers' Party of Ireland
* Party of the Italian Communists, Italy
* Socialist Party of Latvia
* Socialist Party of Lithuania
* Communist Party of Luxembourg
* Communist Party of Malta
* New Communist Party of the Netherlands
* Communist Party of Poland
* Communist Party of Slovakia
* Communist Party of Peoples of Spain
* Communist Party of Sweden

TRABALLO

Persoal de Sykes desenvolve a terceira xornada de paros, logo de que a empresa presentase un ERE que afectará a 200 persoas

Durante a protesta, convocada pola CIG, os traballadores/as cortaron o tráfico no Polígono de Agrela
O persoal de Sykes Enterprises desenvolveu na xornada deste martes dous novos paros e concentracións, convocados pola CIG e secundados polo Comité de empresa, en contra dos despedimentos que a multinacional do telemarketing pretende levar adiante, concretados agora coa presentación dun ERE que afectará a 221 traballadores/as en A Coruña e 38 en Lugo.

ver mais en cig avantar

O 3 de marzo a CIG convoca asemblea de delegados/as en Vilagarcía, onde haberá  unha manifestación contra a reforma laboral

Denuncian os ERE's e concursos de acredores, moi numerosos no Salnés neste último ano.
O martes 23 de febreiro ás 12 da mañá tiña lugar unha rolda de prensa no local da CIG, na Unión Local do Salnés en Vilagarcía. Nesta comparecencia diante dos medios de comunicación, Xoan Xosé Bouzas, secretario desta localidade, presentou a campaña confederal contra os recortes laborais (...)

"As roldas de prensa e mobilizacións que estamos a facer a nivel nacional a CIG están enmarcadas nunha campaña en contra da proposta de reforma laboral, que están realizando CCOO, UGT, patronal e o goberno, todas as reformas que se están dando na Seguridade Social, o pacto de contención salarial que asinaron hai un mes e a famosa reforma das pensións", comezaba asi, Xoan Xosé Bouzas a súa intervención para dar a coñecer a campaña da CIG fronte aos recortes de dereitos, a reforma laboral e das pensións, e a loita contra a crise.


MARAVILHAS DO CAPITALISMO 

(tirado de resistir.info)

Investidores estado-unidenses conceberam um novo tipo de aplicação financeira. Trata-se de detectar pessoas com doenças terminais, com uma esperança de vida de curto prazo, e propor-lhes que façam um seguro de vida em que eles (os investidores) são os beneficiários. Em contra-partida o doente terminal recebe uma quantia de US$2.000.
O advogado promotor da ideia pretende com isso fazer apostas sem risco no mercado de acções e fez publicar no Rhode Island Catholic, jornal da diocese local, anúncios a propor o negócio. A notícia está no
Wall Street Journal .

http://online.wsj.com/article/SB10001424052748704479704575061392800740492.html?mod=WSJ_business_whatsNews

quinta-feira, 18 de fevereiro de 2010

BASTA DE ESCRAVITUDE A CRISE CAPITALISTA QUE A PAGUEN OS RICOS E NON OS TRABALLADORES

Frente á ofensiva da patronal e o goberno, é necesario que os traballadores e as traballadoras retomemos a iniciativa. Se o capitalismo non ten nada positivo que nos ofrecer, xa é hora de mudar a orde económica imposta polos intereses da oligarquía financeira e o sistemático abuso empresarial ; loitemos polo socialismo.
É o momento de loitar e non de pactar ningún tipo de retroceso!

A clase obreira non é responsable en absoluto da crise. A crise estructural do sistema, que a paguen os capitalistas con toda a riqueza que teñen acumulada nestes últimos anos. Se 1500 españois posúen o 80% do P.I.B.,que sexan eles e a Casa Real cos seus 9 millóns de euros libres de impostos, quen se sacrifiquen. A clase traballadora con máis de 4 millóns de parados/as, un 25% de traballo precario e 827.000 fogares con todos os seus membros no paro, xa está ao límite e non ten por qué ceder ningún dereito máis.
Non ao pacto social!

A única responsabilidade do sindicalismo de clase é cos traballadores e traballadoras.
Anos de pacto demostraron que só os capitalistas e as cúpulas dos chamados “interlocutores sociais” saíron beneficiados deste dramático xogo orquestrado ás costas da clase obreira. Se os propios dados da OCDE din que de 1995 a 2005 o crecimento real dos salarios foi do -0,30% e o dos beneficios empresariais do +73%

¿Por qué persistir no erro?

Cara a Folga Xeral!

Xa é hora de decir Basta! E traballar por unha realidade distinta libre de explotación e con futuro para a clase obreira e a mocidade. Somos a maioría social e temos que enfrontarnos con decisión ás políticas do goberno e a UE. O Tratado de Lismoa e a chamada “flexiseguridade” que propugna, son a política dos poderosos para seguir oprimindo aos traballadores e traballadoras.
Hai que organizar a resposta coa participación dos traballadores/as desde a base, e é prioritario establecer unha plataforma reivindicativa básica arredor da cal unificar a loita obreira:

-Salario mínimo de 1000 euros
-Nin unha vivenda hipotecada para a banca
-Seguro de paro indefinido
-Protección social para as familias no paro
-Nacionalización da banca
-Non ás privatizacións
-Non ao gasto militar. Retirada das tropas do extranxeiro
-Ninguén é inmigrante. Ningún ser humano é ilegal.


TRABALLADOR, TRABALLADORA: ORGANÍZATE E LOITA POLOS TEUS DEREITOS CO PARTIDO COMUNISTA
PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA

sábado, 13 de fevereiro de 2010

4,5 millóns de parados, xubilación aos 67 anos, baixada de salarios, despedimento barato: ¡Hai que pararlles os pés!

Nova tomada de Kaos en la Red


Chamamos a unir todas as forzas para facer fronte unitariamente ao plan do Goberno e a patronal e botar abaixo as súas reformas preparando as condicións para unha folga xeral.
Comunicado unitario

4,5 millóns de parados, xubilación aos 67 anos, baixada de salarios, abaratamento do despedimento? ¡Hai que pararlles os pés!
pasamos da promesa do pleno emprego nas últimas eleccións, e de "o peor xa pasou" e de "brotes verdes" aos anuncios de prolongar a idade de xubilación aos 67 anos, ampliar o período de cálculo das pensións, recortar en 50.000 millóns de euros o gasto público e comezar a negociar unha nova reforma laboral que, no medio de moitas imprecisións aínda, preanuncia, entre outros o abaratamento do despedimento e a baixada xeral de salarios.

Falan de "Diálogo" e "paz social" mentres descargan un auténtico paquete de medidas de guerra contra os traballadores (baixas salariais, reforma das pensións, reforma laboral, privatización dos servizos públicos, subida do IVE...). Por que este xiro?, porque con 4,5 millóns de parados/as (segundo a EPA) e un déficit público do 11,4%, había, di o Goberno, que "mandar sinais aos mercados financeiros" e evitar así o camiño de Grecia e a pantasma da suspensión de pagos.

Son as medidas propias dun Goberno dos banqueiros e a patronal, por iso as medidas son aplaudidas polo Fondo Monetario Internacional, a CEOE e os Emilio Botín e compañía, que instan ao Goberno a "aplicalas xa".


NON á xubilación aos 67 anos PORQUE É UNHA VERGOÑA PARA OS MAIORES, UN REVÉS AOS  PARADOS E UNHA PORTADA AOS  XOVENES.

Se hai 4,5 millóns de parados, se o 40% d@s moz@s está en paro e resulta unha quimeira atopar emprego cumpridos os 50 anos Que sentido ten prolongar a idade de xubilación? Debera ser ao revés, reducir a idade de xubilación a 60 anos para dar o merecido descanso aos que levan toda unha vida traballando, para que eses postos os ocupen os traballadores desempregados, e para abrir paso aos/as máis novos.

A medida anunciada polo Goberno só se explica porque está pensada para os "investidores", para favorecer o grande negocio das pensións privadas á conta de empobrecer á grande maioría.

No medio do rexeitamento social á medida, o Goberno e a patronal alegan que xa hai preto de 9 millóns de pensionistas, que chegarán a 10,1 millóns no 2020 e de seguir así non haberá diñeiro para pagar as pensións. Ese argumento só é crible baixo a lóxica capitalista de facer de todo un negocio, incluídas as necesidades humanas máis elementais. Fóra desa lóxica capitalista por que non vai haber diñeiro para as pensións?

Ata 1995, data dos Pactos de Toledo, que subscriben a totalidade dos Grupos Parlamentarios, coas chamadas cotizacións sociais viña financiando non só as Pensións, senón tamén a Sanidade Pública. Este Pacto supón unha importante modificación nas contas do Sistema Público de Pensións, que pasa a rexistrar un importante superávit, que permitiu no seu momento ao Goberno do PP unha substancial rebaixa das cotizacións que foron directamente a incrementar os beneficios empresariais e que iniciou o camiño de converter as pensións nun negocio vía os fondos privados de pensións aos que ademais se lles fixeron fortes deducións fiscais e convertéronse así nun dos instrumentos do investimento especulativo que nos levou onde estamos agora.

Para os banqueiros, os militares, a Igrexa, a casa Real ¿ si hai diñeiro? e para as pensións non?: a xubilación é un dereito e o Sistema Público de Pensións ten plena viabilidade económica, agora e no futuro e esta Reforma é un ataque ideolóxico, innecesario economicamente, para favorecer ao capital financeiro e que de ningún xeito debe acabar derivando nunha nova rebaixa das chamadas cotizacións sociais.


NON á reforma laboral DO ABARATAMENTO DO DESPEDIMENTO E A BAIXADA DE SALARIOS
No medio do descontento social xerado polo anuncio da reforma das pensións e buscando a complicidade dos chamados "axentes sociais", o goberno Zapatero anunciou as propostas para a nova reforma laboral. A CEOE declarou que o documento "vai na boa dirección" e os dirixentes de CCOO e UXT mostráronse satisfeitos porque é "flexible e discutible".

O Goberno xustifica as propostas en nome da "creación de emprego" mentres declara unha e outra vez que "non haberá perda de dereitos" que "non se reducen as indemnizacións por despedimento".

Pero unha vez máis faltan á verdade para intentar esconder os verdadeiros obxectivos desta reforma: a baixada xeral de salarios, o abaratamento do despedimento e acentuar a precarización laboral.

Din que a reforma faise para crear emprego, pero ninguén atopará no texto presentado un só indicio de cantos, cando e onde se van  crear postos de traballo. Peor aínda, o recorte do gasto público ten como unha das súas primeiras consecuencias a redución do emprego público.

Falan de crear emprego cando van amortizar os postos de traballo que van quedando vacantes na administración pública.

Cada vez que falan de reformar as leis para crear emprego ¡comezan polos despedimentos! A súa proposta de incentivar o "contrato de fomento da contratación indefinida" que rebaixa a indemnización a 33 días por ano, que é senón unha forma de encubrir o abaratamento dos despedimentos? Peor aínda, o texto apunta a necesidade de reconducir o despedimento para facer maior uso das "causas obxectivas" o que facilita os despedimentos e reduce a indemnización a 20 días por ano traballado.

Outra das medidas pretende "incentivar" o contrato a tempo parcial en dúas modalidades: con fixación de horario e con flexibilidade na organización da xornada. Reducir a xornada de traballo reducindo o salario que é senón unha redución xeral dos salarios? Nun país que non chegamos nin a mileuristas quen vai vivir con salarios de 450 ó 500 euros? E ademais, pretenden que a xornada quede a libre disposición do empresario para "adaptala ás variacións do proceso produtivo".

¡Queren máis precariedade!

Reducir a xornada é a medida chave para repartir o traballo e combater así o desemprego, esa é unha bandeira pola que vimos avogando durante anos desde o sindicalismo de clase. Pero nós dicimos: sen redución do salario. Coa nosa proposta repártese o traballo e a crise recae nos verdadeiros responsables, os capitalistas. Coa proposta do Goberno non se combate o paro nin se reparte o traballo, redúcense á metade os salarios e repártese a miseria.

Queren, entre outras cousas, abrir sectores como a construción, a administración pública ou a sanidade ás ETTs converténdoas ademais en "entidades colaboradoras" dos Servizos Públicos de Emprego. O Goberno tamén quere entregar ás Mutuas patronais o control das baixas por enfermidade, que tratan como "absentismo laboral".

Estamos pois moi lonxe dunha Reforma suave. Por iso opinamos que os dirixentes de CCOO e UXT non teñen dereito algún a negociar este novo latrocinio, máxime cando esta reforma dáse mentres se propón a subida da idade de xubilación aos 67 anos.

Toxo e Méndez, pola contra, remarcaron que queren "separar" a negociación da reforma laboral da das pensións, coma se non estivesen estreitamente relacionadas, coma se non formasen parte dun mesmo paquetazo contra os traballadores. Goberno e patronal falan de paz social pero nos declararon a guerra aos traballadores, esa é a súa receita para "saír da crise". As organizacións abaixo asinantes estamos convencidos de que o descontento social vai en aumento e que os traballadores podemos botar atrás ambas as dúas reformas e abrir un escenario de loita por verdadeiras medidas contra o paro e a crise.

Por iso chamamos desde aquí a todos os traballadores/as, aos Comités de Empresa e as Seccións sindicais, ás organizacións sociais e políticas da clase obreira, a unir todas as forzas para facer fronte unitariamente ao plan do Goberno e a patronal e botar abaixo as súas reformas preparando as condicións para unha folga xeral.

Sumar/vos o movemento para pararlles os pés cunha grande mobilización, enviando un correo a: csm@nodo50.org

Primeiros Asinantes:  Centro Social La Traba; Coordinadora Sindical de Madrid (CSM): Alternativa Sindical de Traballadores. (AST) (Telefónica), Sindicato Autónomo de Traballadores Casa de la Moneda Nueva Plataforma (SATNP), Sindicato Unitario (SU), Comisión de Traballadores Asamblearios (CTA) (Iberia) e Plataforma Sindical (PS) (EMT), Colectivo Obreiro Popular de Roca (COP), Sindicato Unificado Independente de Traballadores do Hotel Meliá Castilla (SUIT) e Plataforma Sindical Independente de Blas&cia, S.A. (PSI); Comisions de Base (CoBas); Comité de Empresa de UPS de Vallecas; Corrente Vermella; Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE); Partido dos Traballadores de España (PTE); Sindicato Asembleario da Sanidade (SAS); Solidaridade Obreira (SO); Unión Proletaria;

quinta-feira, 11 de fevereiro de 2010

GRANDE ÉXITO DA FOLGA DE ONTE EN GRECIA

FEDERACIÓN SINDICAL MUNDIAL
Grande folga da PAME en Grecia
.
A folga da PAME celebrada onte con numerosas grandes manifestacións en 67 cidades do país foi un grande éxito.

No día de onte non despegaron nen aterraron avións no aeroporto de Atenas.

Ningún barco se moveu nos portos do país.

No sector privado o número de traballadores en folga foi elevado.


Os traballadores en folga protestan contra as políticas do goberno do PASOK (Social
Demócratas) que consiste na conxelación dos salarios e as pensións para o ano 2010, aumento dos impostos para os traballadores e aumento do límite de idade de xubilación en dous anos.

O lema principal da folga foi "Non imos pagar a crise capitalista".


En Atenas, milleiros de traballadores en folga reuníronse fronte ao Parlamento Grego e marcharon nunha manifestación ata o Ministerio de Traballo.


Unha grande delegación da FSM estivo xunto coa os folguistas, con pancartas a favor dos inmigrantes económicos.

Os sindicalistas socialdemócratas estaban en contra de folga de onte. Estes sindicalistas
apoian ao goberno e utilizan o argumento de que non se debe culpar a Atenas polas políticas antilaborais senón a Bruxelas ".


O 24 de febreiro levará a cabo unha nova folga en Grecia coas mesmas esixencias.

www.wftucentral.org E-mails: info@wftucentral.org, international@wftucentral.org

quarta-feira, 10 de fevereiro de 2010

ANTE A OFENSIVA ANTIOBREIRA




PRONUNCIAMENTO DO COMITÉ EXECUTIVO DO PCPE ANTE A OFENSIVA ANTIOBREIRA -EN DEFENSA DOS INTERESES DA OLIGARQUÍA- ANUNCIADA POLO GOBERNO ZAPATERO.


Todos os indicadores económicos apuntan á profundización e longa persistencia da crise capitalista. ¡Non hai brotes verdes!

O bloque do poder (goberno, empresarios, xudicatura, etc.) carga sobre a clase obreira todo o peso da crise: incremento incesante do desemprego e a precariedade laboral, espolio masivo das vivendas adquiridas nos últimos anos co sufrimento das familias traballadoras, sinistralidade laboral intolerable, constante redución dos salarios, incumprimento xeneralizado dos convenios, roubo masivo de liquidacións e de horas extraordinarias, condicións de traballo de auténtica escravitude -especialmente para a poboación nova-, etc. Cóntanse por centos de miles os traballadores e traballadoras aos que se lles deben meses de salario, aos cales se lles pecha súa empresa co pretexto da crise, e -mentres agardan meses para percibir unha miseria do Fondo de Garantía Salarial-, ven aos empresarios manter inalterado o seu nivel de vida coas inmensas riquezas roubadas ao pobo traballador.

Non se presenta mellor o futuro para a inmensa maioría dos sectores populares. Todos os propagandistas burgueses, tanto a escala nacional como internacional, explican a situación tratando de presentar como ineludibles as medidas que pretenden aprobar en beneficio das clases dominantes, atemorizando á clase obreira se non as acepta resignadamente. O noso Partido vén advertindo de que non haberá un futuro mellor no caso de que o capitalismo logre remontar a crise sen resistencia e loita obreira. O goberno do PSOE apuntou nas últimas semanas o que nos agarda:

* Alongamento da idade de xubilación ata os 67 anos, cunha constante diminución do poder adquisitivo das pensións; tratando de que a clase obreira entregue á explotación capitalista a súa vida enteira ata o límite do esgotamento físico.
* Contrarreforma laboral, amparada baixo a demagoxia da flexiseguridade, imposta polo Tratado de Lisboa da Unión Europea imperialista; condenando así á precariedade a toda a clase obreira para beneficio exclusivo dos empresarios.

A socialdemocracia xogou fielmente o papel que lle asigna o capitalismo: xestionar o sistema en tempos de crises manipulando e enganando ás masas traballadoras; o que se logrou ata agora en España coa complicidade e submisión das cúpulas sindicais e do reformismo de esquerdas. E, todo iso, nun país onde unhas 1500 persoas (o 0,0038 % da poboación) controlan o 80 % das riquezas que produce a inmensa maioría obreira en condicións de escravitude asalariada. A mesma oligarquía que por boca de Botín aplaude raivosamente as propostas de Zapatero.

A socialdemocracia achanda o camiño para a retorno ao goberno da dereita extrema do PP que, como fai o PSOE, seguirá as políticas de represión, guerra e explotación da Unión Europea contra as maiorías sociais.

Basta de explotación e engano ao pobo, basta de submisión. Hai que organizarse para impedir que as cúpulas sindicais sigan pospondo a mobilización xeral da clase obreira e o camiño cara a unha folga xeral. Unha folga que sitúe aos traballadores á ofensiva, que abra as portas dun cambio social real, no que sexan as inmensas maiorías obreiras e populares as que marquen a axenda política do país -como sucede hoxe en Grecia onde a situación económica ten condicións similares ás de España-. Emprendamos xa a contraofensiva popular contra o capitalismo explotador e agonizante que nos condena á escravitude.

Traballador, traballadora:

* Fortalezamos as filas do Partido Comunista, fagamos avanzar as posicións políticas da clase obreira e da maioría do pobo.
* Desenmascaremos á socialdemocracia capitalista combatendo a súa demagoxia e aos reformistas que lles apoian.
* Impidamos o paso da dereita extrema do PP combatendo as políticas de dereitas do PSOE.
* Esixamos asembleas de centro de traballo para organizar a mobilización.
* Presionemos aos sindicatos por todos os medios para a mobilización xeral da clase obreira.
* Avancemos na esixencia da preparación dunha grande FOLGA XERAL.
* Enterremos este sistema, de explotación xeneralizada en beneficio exclusivo dunha ínfima minoría, e avancemos cara ao socialismo en defensa das amplas maiorías obreiras.

A clase obreira sofre a diario nas súas carnes as políticas que os comunistas combatemos. Son os capitalistas, os seus partidos, os seus medios de comunicación, a aristocracia sindical desclasada que se vende e o goberno monicreque quen, para manternos quedos e explotados, dinnos que non se pode facer nada.

Como a clase obreira demostrou noutros momentos históricos -e como o fai hoxe en numerosos países-, os comunistas dicímosche que a maioría obreira si pode defender os seus dereitos, e derrotar aos parásitos mediante a loita organizada. O único que temos que perder son as cadeas da escravitude asalariada.

¡NIN UNHA MEDIDA CONTRA A CLASE OBREIRA!

¡ORGANICEMOS A MOBILIZACIÓN, AVANCEMOS CARA A FOLGA XERAL!

¡EMPRENDAMOS A CONTRAOFENSIVA POPULAR CONTRA O CAPITALISMO AGONIZANTE!

9 de febreiro de 2.010.

quinta-feira, 4 de fevereiro de 2010

MOBILIZACIÓN DA ASEMBLEA DE PARADOS DO NAVAL EN VIGO


Galiza: Mobilización da Asemblea de Parados do Naval en Vigo
Apaga a TV, prende a túa mente!
Gzvideos | Hoy a las 10:04 | 180 lecturas | 1 comentario
www.kaosenlared.net/noticia/galiza-mobilizacion-da-asemblea-parados-do-naval-vigo
Ver o vídeo:http://gzvideos.blip.tv/file/3171243/

Descarga:http://blip.tv/file/get/Gzvideos-MobilizacinDaAsembleaDeParadoDoNavalVigo03022010397.flv

Info na web da CIG: O mércores 3 de febreiro a primeira hora da mañá os desempregados da asemblea de parados do naval repartían aos traballadores de Barreras unha folla informativa na que daban a coñecer que aconteceu coa súa ocupación e posterior desaloxo neste estaleiro. Asi, chamaban á unha asemblea na hora do bocadillo, que se celebrou coa portada pechada, mais cos desempregados falando cun megáfono por riba do portalón. Antes de rematar a asemblea dotacións de antidisturbios corrían dispersar aos parados, polo que os obreiros de Barreras saíron en solidariedade cos desempregados e para facer fronte a esta tentativa de agresión policial.
 

ASAMBLEA DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS NO PARO DA CORUÑA

NESTE ENLACE PODES SEGUIR AS SUAS ACTIVIDADES .http://asambleaparadoscorunha.blogspot./http://asambleaparadoscorunha.blogspot.com/


CONTRA O PARO, LOITA OBREIRA


CONTRA A CRISE DO CAPITAL, FOLGA XERAL

terça-feira, 2 de fevereiro de 2010

CONCENTRACIÓN DIANTE DA EMBAIXADA CHECA

CONTRA A ILEGALIZACIÓN DO PARTIDO COMUNISTA DE BOHEMIA E MORAVIA, A TERCEIRA FORZA POLITICA DO PAÍS                
                                                                                    VIDEO:

http://www.pcpe.es/?p=2199

segunda-feira, 1 de fevereiro de 2010

HOMENAXE A JOSÉ MARTÍ

    ASOCIACIÓN DE AMIZADE GALEGO-CUBANA
    "Francisco Villamil"  
TEMOS  O PRACER DE CONVIDALA/O
AO ACTO DE LEMBRANZA E HOMENAXE
CON MOTIVO DO CENTO CINCUENTA E SETE ANIVERSARIO

DO NACEMENTO DE JOSÉ  MARTÍ

   
que terá  lugar o sábado, 6 de febreiro ás 12.30 horas
diante da estatua do heroe da independenza cubana
erixida nos Xardíns de Montero Ríos en Vigo
e contará  coa presenza do Cónsul da República de Cuba en Galiza