Pero este ano, ademais, o Estado róubanos 160.000 millóns de euros que entrega aos bancos, mentres as mulleres agredidas necesitan vivendas, axuda económica e contratos laborais, que non chegan porque non hai orzamento. Os servizos públicos son privatizados e as mulleres volven cargar con todo o traballo familiar porque non hai orzamento. O paro, os eres e os recortes salariais xeran unha enorme violencia social, que se volve contra as mulleres porque son consideradas inferiores, dependentes e ao servizo das necesidades dos demais.
E se as mulleres na sociedade capitalista e patriarcal son inferiores aos homes, gañan un 30 por cento menos, fan dobre xornada laboral, encárganse das tarefas menos gratificantes, son consideradas obxectos sexuais pola industria do cine e os medios de comunicación e non participan nas organizacións políticas porque non se ven representadas; quen pode crer na igualdade real entre homes e mulleres? Para que serven os xulgados e as leis se na vida real todo está organizado para a división sexual e a desigualdade entre xéneros?
Xa ninguén pode crer que o Estado español, os distintos gobernos do PSOE e do PP, ou a antidemocrática monarquía designada polo réxime fascista (todos eles moi patriarcales) teñen un verdadeiro interese en solucionar a violencia de xénero, porque pretenden acabar coa violencia sen tocar as causas que a procrean: división sexual do traballo, explotación da muller polo home, dobre xornada laboral, menor salario feminino, privatización dos servizos públicos, imaxe denigrante da muller na industria do cine e na publicidade, modelo familiar sexista, paro e supeditación do interese colectivo ao beneficio privado e ao capital.
Por todo iso, o Partido Comunista dos Pobos de España e os Colectivos de Xóvenes Comunistas denuncian a violencia patriarcal contra as mulleres nunha sociedade onde son tan inferiores ao home como o traballo ao capital, e fan un chamamento ao conxunto da clase traballadora para que esixan do goberno soluciones eficaces.
O PCPE e os CJC saen á rúa este 25-N con bandeiras e megáfono, porque a loita contra o patriarcado desde posicións de clase non se deixa encaixonar en concentracións silenciosas, intimistas e sentimentais, senón que require a organización política das mulleres pola súa liberación.
¡LOITA FEMINISTA CONTRA
A VIOLENCIA PATRIARCAL!
Partido Comunista dos Pobos de España
Colectivos de Xovenes Comunistas
www.pcpe.es www.cjc.es
www.pcpe.es www.cjc.es