ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 27 de julho de 2010

29-S FOLGA XERAL CONTRA O CAPITAL

¿Por qué esta reforma laboral perxudica os dereitos da clase traballadora?




-Porque calquer traballador ou traballadora poderá ser despedido ou despedida con tan só 20 días de indemnización dos que a empresa únicamente pagará 12. Os 8 restantes pagaranos as arcas públicas a través do Fondo de Garantías Salariais (FOGASA) no caso de despedimentos obxectivos e en todo tipo de contratos indefinidos.



-Porque unha empresa só terá que acreditar “unha situación económica negativa” para aplicar despedimentos obxectivos (indemnización de tan só 20 días por ano traballado), sen un período determinado para elo, abríndose así a porta a un despedimento continuo máis barato.



-Porque se extende o chamado contrato de fomento da contratación indefinida, que ten unha indemnización en caso de despedimento improcedente de tan só 33 días por ano traballado e un máximo de 24 mensualidades.



-Porque se dan facilidades ás empresas para que non se apliquen os salarios establecidos no convenio colectivo, así como se lles permite unha maior flexibilización en forma de reduccións de xornada, suspensións temporais de contratos, mobilidade xeográfica... Todo esto sempre que a dirección da empresa queira.



-Porque permite a existencia de Axencias Privadas de Colocación (por suposto, con ánimo de lucro) e amplíanse os campos onde se pode contratar a través de Empresas de Traballo Temporal (ETT´S), vaciando aínda máis de capacidade aos Servizos Públicos de emprego.





¿Por qué debo participar na Folga Xeral do 29 de Setembro?



Porque, aínda a pesar de ser unha Folga convocada moi tarde por unhas cúpulas sindicais que desde o comezo do actual período de crise capitalista, non fixeron máis que negociar á baixa os dereitos sociais, laborais e salariais do conxunto da clase traballadora, o 29 de Setembro é unha excelente oportunidade para deixarlle claro á patronal e ao goberno que os traballadores e as traballadoras non queremos esta contrarreforma laboral, non queremos perder máis dereitos históricamente adquiridos e non queremos pagar as consecuencias dunha crise que a maioría traballadora non fomos quen a provocóu. Por esto,a Folga Xeral do 29 de Setembro ten que ser un clamoroso berro de rexeitamento á patronal que se está a beneficiar desta crise e aos seus xestores políticos.



¿É a Folga Xeral a solución definitiva á crise capitalista?



A Folga Xeral, por sí mesma, e a pesar de que supoña un éxito en canto ao respaldo que obteña polos traballadores e as traballadoras, non é a solución á crise. Esta crise non é algo “fortuito” que ninguén podía prever. Este argumento é unha mentira de quen defenden un sistema capitalista que, periódicamente, xenera este tipo de crises máis ou menos profundas pero nas que, invariablemente, millóns de traballadoras e traballadores imos ao paro, perdemos dereitos sociais ou laborais que serven ao capital para remontar novamente as súas ganancias. En definitiva, o capitalismo non está en crise; o capitalismo é a crise. Xa que logo, a solución definitiva vai asociada á superación do sistema que as provoca.



¿Qué facer?



Organizarse e participar activamente xunto a quen propoñemos unha solución que pase por virar as costas a quen nos arrastraron a esta situación aplicando unhas políticas lesivas para os intereses da maioría. Deixar de escoitar e aceptar con resignación as mentiras da patronal e os seus lacaios políticos. ¿Por qué seguir apoiando a quen están destrozando a vida de millóns de traballadores a costa de protexer os beneficios dunha minoría explotadora?



Dito doutro xeito: Organizarse para derrubar a contrarreforma laboral, pero tamén ao capitalismo. Organizarse, en definitiva, no PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA (PCPE).





¿E cales son as alternativas que propón o PCPE ante a crise?



O PCPE diríxese á clase traballadora, con ou sen traballo, á mocidade, aos pensionistas...con un amplísimo programa económico, co cal pretendemos tanto saír da actual crise sen unha perda de dereitos para a maioría, como sentar as bases para a construcción dun novo modelo económico e político, o Socialismo, onde o lucro dunha minoría explotadora baseado no roubo cotián que día a día se comete contra a clase obreira, sexa algo definitivamente erradicado.






PROGRAMA



A recuperación do poder adquisitivo dos salarios e as pensións:




A igual traballo, igual salario. Persecución de calquera discriminación salarial da muller, da poboación inmigrante ou da mocidade.



Incremento do Salario Mínimo Interprofesional a 1200 euros netos mensuais.



Incremento das pensións mínimas a 1200 euros netos mensuais.



Prestación indefinida por desemprego mínima de 700 euros mensuais ata a reincorporación efectiva a un posto de traballo.



Proibición legal dos cortes de subministros, embargos e desafiuzamentos ou deshaucios para familias traballadoras en situación de desemprego.



Polas melloras das condicións e dereitos laborais:



Promoción efectiva do traballo indefinido e eliminación de toda forma precaria de contratación.



Proibición das ETTs e de toda forma de prestamismo laboral, creando organismos públicos ben xestionados que sexan quen sirvan para garantir o dereito ao traballo.



Reducción xeral da xornada laboral a 35 horas en cómputo semanal, por Lei e sen reducción salarial.



Reducción xeral da idade de xubilación aos 60 anos.



Cobertura social universal e gratuita.



Contra a fraude da patronal:




Loita efectiva contra a fraude fiscal.



Incremento da imposición ás Sociedades de Investimento en Capital Variable (SICAV) baixo as que se agochan as grandes fortunas, a un 45 %.



Persecución de toda fraude na contratación e na cotización patronal.



Persecución de toda vulneración do dereito á protección integral da saúde e á prevención de riscos laborais.



Non aos Expedientes de Regulación de Emprego (ERE s).





Loita contra o despedimento libre




Nengún despedimento sen causa real probada.



Elección por parte do traballador ou da traballadora, no caso de despedimento improcedente, entre a readmisión ou a indemnización.



Non á subcontratación nen á contratación fraudulenta de traballadores autónomos con vinculación prolongada á empresa. Reforma do Estatuto do Traballador Autónomo con ampliación efectiva dos dereitos sociais.



Comisión de Movemento Obreiro do PCPE

Partido Comunista dos Pobos de España