ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 15 de dezembro de 2010

ANTE A PRÓRROGA DO ESTADO DE ALARMA

DECLARACIÓN DO SECRETARIO XERAL DO PCPE



A SOCIALDEMOCRACIA-ANTE O AGRAVAMENTO DA CRISE ESTRUTURAL- OPTA POR MILITARIZAR A DITADURA DO CAPITAL





O goberno socialdemócrata -monicreque da oligarquía- opta pola militarización, nun intento desesperado por tratar de conter a situación de risco de quebra en que se atopa o capitalismo español. Esta decisión de Rodríguez Zapatero -de prorrogar un mes máis o Estado de Alarma- pon de manifesto:



1.A actitude servil do goberno ante os intereses da oligarquía española, atemorizada co risco dunha resposta obreira de masas á súa brutal agresión, no escenario da crise estrutural capitalista que tende ao seu agravamento.



2.Que a socialdemocracia española -e xunto a ela todas as forzas políticas do sistema dominante- non teñen ningunha vontade de respectar os dereitos democráticos que autoproclaman no seu texto constitucional e outros textos do ordenamento xurídico do país. Ante o medo a calquera mobilización que non poidan controlar recorren a todo un arsenal de medidas que foron preparando na chamada "transición política" para situacións de crise social con mobilización obreira e popular. Leis que, desde a inxenuidade, un sector do pobo pensaba que nunca se utilizarían.



3.Que este sistema da ditadura do capital móstrase en toda a súa realidade en momentos nos cales agudízase a loita de clases, e perde rapidamente a súa pretendida careta democrático-burguesa. Non hai democracia senón ditadura do capital. O goberno pensa que cunha política de man dura conseguirá atemorizar ao pobo traballador e así evitar a súa loita combativa.



4.Que o recurso, tan desmedido por parte do goberno, a prorrogar por un mes máis o Estado de Alarma pon de manifesto que a situación da economía española é dunha gravidade extrema, e que o goberno ten terror a que un descontrol localizado da situación poida ocasionar unha vaga de protestas que poña en cuestión a súa lexitimidade e a súa capacidade de control da situación do país.



5.Que o goberno utiliza ao colectivo de controladores como cabeza de turco na súa estratexia de estender a militarización a calquera situación de conflito social que se lle poida escapar das mans. Por iso todos os partidos, e toda a campaña mediática, envórcanse a repetir a "versión oficial" para tratar de obter os consensos sociais necesarios para soster esta estratexia militarizadora da ditadura do capital, para aplicala a outros conflitos obreiros.



6.O PCPE denuncia o fracaso de todos os partidos políticos do sistema para tratar de dar unha resposta á situación de crise capitalista estrutural, que está levando á clase obreira e aos sectores populares a unha situación de desesperación e empobrecimiento xeneralizado. Ademais anúnciase para o mes de xaneiro outra subida brutal das tarifas eléctricas.



7.O PCPE chama á clase obreira e aos sectores populares a organizar a resposta combativa de masas necesaria para derrotar á oligarquía deste país, e aos seus gobernos. A unidade de todas as loitas, á insubordinación a calquera militarización, a mobilización organizada ao redor de propostas políticas orientadas á loita polos dereitos da clase obreira e os sectores populares, e a avanzar nunha estratexia de acumulación de forzas polo socialismo-comunismo.







¡VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA CONTRA A DITADURA DO CAPITAL!

¡A CRISE CAPITALISTA QUE A PAGUEN OS RICOS E NON OS TRABALLADORES!

¡UNIDADE E LOITA OBREIRA POLO SOCIALISMO!