ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sexta-feira, 27 de maio de 2011

O PCPE CONDENA O BRUTAL DESALOXO DA PRAZA CATALUNYA



O PCPE CONDENA O BRUTAL DESALOXO DA PRAZA CATALUNYA, E ESIXE O CESAMENTO INMEDIATO DO CONSELLEIRO DE INTERIOR, RESPONSABLE DIRECTO DESTA VIOLENTA AGRESIÓN

O Partido Comunista dos Pobos de España, unha vez coñecidos os sucesos acontecidos na mañá de hoxe na Praza Catalunya de Barcelona -onde os Mossos d'Esquadra desaloxaron brutalmente ás persoas alí acampadas-, condena con toda firmeza a intervención policial, así como os peregrinos argumentos dados polas autoridades para tratar de xustificar tal desaloxo, e expresa a súa solidariedade ás persoas agredidas.

Este desaloxo prodúcese nun momento no que as acampadas xa non xeran tanto interese mediático, e cando as conclusións do debate das súas formulacións programáticas non foron capaces de elevarse máis aló de peticións de meras reformas da democracia burguesa. Este tipo de intervencións, ao mesmo tempo que demostran o grao de embrutecimiento e violencia dun sistema que cada vez tolera menos calquera tipo de expresión pública de oposición -nin sequera as que se manteñen en parámetros plenamente asumibles-, supón tamén un aviso a quines pretendan expresar publicamente o seu descontento cuns ou outros mecanismos do aparello de dominación.

Para rematar, o PCPE, como xa expresaba no seu comunicado do 19 de maio, mantén firme o seu compromiso de seguir traballando, día a día, para levantar un forte referente clasista que canalice o descontento social provocado pola aplicación de medidas aprobadas polo goberno nestes anos de crises e que só benefician ao gran capital e atacan directamente á maioría obreira e popular. Só na organización, loita e politización da clase obreira e sectores populares estará o futuro da resposta a estas políticas que impulsan os distintos gobernos da oligarquía. Derrotar á oligarquía, combater as súas políticas e os seus gobernos, é o obxectivo central da clase obreira para mellorar as súas condicións de vida. O PCPE traballará con todas aquelas persoas e organizacións que se sitúen fronte ao capital, e que traballen en dirección á superación da crise no camiño cara á sociedade socialista.

¡CESAMENTO INMEDIATO DA REPRESIÓN!
¡DEPURACIÓN DE RESPONSABILIDADES!
¡VIVA A LOITA OBREIRA E POPULAR!