ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 1 de julho de 2008


da Oliveira de Teo.

Queda alguén aí?

Este sábado, día 5 de xullo, ás 20,30 horas, A Oliveira de Teo, a asociación teense para a recuperación da Memoria Histórica e defensa do Patrimonio Inmaterial, celebra a inauguración do seu local, cun acto aberto a quen queira achegarse á Escola Infantil da Casalonga, en Calo, Teo.

Con este motivo proxectarase o documental Queda alguén aí?, do mesmo director de Carrilanos, os túneles dun tempo, o premiado filme, do ano 2003, que narra a dura historia da construción da vía do ferrocarril na súa entrada pola provincia de Ourense, nos anos corenta do século pasado.

Queda alguén aí? , o filme que poderemos ver este sábado, é un novo documental no que o xornalista Rafael Cid “se debruza sobre o fenómeno do despoboamento das aldeas do interior galego, unha auténtica obra mestra feita lentamente e con poucos medios, en cociña de ferro e con leña de carballo, coma un bo caldo verde en cunca de barro de 45 minutos”, segundo describe Aser Álvarez na revista Arraianos. En palabras do propio director, Galicia segue a ser a zona de España que menos medra, e se todo segue así, en 30 anos pode haber un grande espazo físico onde non vai vivir ninguén, un auténtico deserto humano.

Contaremos para o acto coa presenza do propio director, na actualidade xornalista da Televisión Española en Galicia e Profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Compostela, que introducirá esta súa obra.

A Oliveira de Teo, pretende neste seu acto de inauguración, divulgar a situación do interior galego que camiña cara a ese espazo humano que morre, e que nos deixa a todos e todas as galegas sen unha parte fundamental do noso ser colectivo, que abre unha fonda ferida que desangra a nosa sociedade e, por ende, a Cultural Inmaterial de noso que A Oliveira procura defender.

Agradecemos a asistencia e aproveitamos para enviarlles un cordial saúdo,

A directiva da Oliveira de Teo

......................................................................................................................

encamiñado por A OLIVEIRA DE TEO



O vindeiro sábado, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña celebra a terceira edición do chamado 'Roteiro da Vergoña' no que percorren a aínda ampla simboloxía franquista que sobrevive na cidade. Nesta edición, a novidade estará na participación do Mago Antón, que mediante a maxia fará desaparecer os símbolos da ditadura durantes uns minutos.

Segundo a CRMH: "Despois de que o tema da simboloxía franquista fose tratado polo Pleno de corporación municipal da Coruña en 26 ocasións; despois de que PSOE e PP rexeitaran conxuntamente en numerosas ocasións revogar os acordos que declaraban ao Ditador Franco como Alcalde Honorario, Fillo Adoptivo e Predilectísimo da Coruña; despois de que pasasen 27 anos desde a aprobación dunha lei sobre o escudo constitucional e que continúe o escudo franquista na entrada principal do palacio municipal de María Pita; despois de que o Alcalde se negue á desaparición inmediata da estatua de Millán Astray e siga empeñado na súa exhibición pública nun museo; despois de enviar unha carta en xaneiro de 2008 ao Alcalde da Coruña para que aplique a Lei da Memoria Histórica e retire toda a simboloxía franquista –non unha parte- dunha forma pública e digna, é dicir, por acordo do Pleno da corporación, a Comisión pola Recuperación da memoria Histórica da Coruña decidiu recorrer á maxia para conseguir os seus obxectivos e contará coa colaboración do Mago Antón para suprimir toda a simboloxía franquista da Coruña".

Nos últimos días, o alcalde da Coruña retirou algúns símbolos franquistas e dixo que se faría cumprir a lei de memoría histórica, mais por agora eses pasos foron apenas perceptibles.