ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sexta-feira, 4 de julho de 2008




CGT INFORMA CGT (Confederación Xeral do Traballo) de Pontevedra, celebrou: CONCENTRACIÓN – MITÍN

O Venres, 27 de xuño ás 8, 30 h da tarde na Praza da Pedreira

MOTIVO: A Europa capitalista decláranos a guerra a todos os traballadores, sen distinción:

- Xornada laboral de ata 65 horas semanais.

- Reactivación da Directiva Bolkestein contra a igualdade no traballo - Intensificación da degradación e privatización dos servizos públicos - Tratamento de inmigrantes como delincuentes - Promulgación de leis especiais, reglamentacións e promoción de actitudes racistas e xenófobas abertamente discriminatorias para nos enfrontar entre nos, para rachar a solidariedade humana.

¡ESTA EUROPA, NON! - ¡POLA DIGNIDADE, O TRABALLO E A SOLIDARIDADE! ¡ CONTRA A EXPLOTACIÓN LABORAL E O RACISMO!


CUT INFORMA

A asemblea de traballadores da recollida do lixo da Mancomunidade do Morrazo, acordou no día de hoxe, a convocatoria de Folga, en demanda da sinatura do Convenio Colectivo.A empresa ISOLUX-CORSAN, S.A. Emprega a trinta e cinco traballador@s, e é concesionaria de dito servizo desde fai cinco anos, nos concellos de Cangas, Moaña e Bueu. Despois de tres meses e cinco xuntanzas da mesa negociadora, a posición inmobilista da patronal fixo que os traballador@s rexeitaran en referendo, a última proposta da empresa

CIG INFORMA

A CIG vén de anunciar a posta en marcha dunha campaña dirixida a explicar as causas da actual crise económica e en demanda da aplicación de medidas que garantan as condicións de vida da clase traballadora, que favorezan realmente aos sectores produtivos e que posibilten maior autogoberno para Galiza.A campaña desenvolverase a partir do próximo mes de setembro con asembleas de delgados/as e desembocará en manifestacións comarcais na primeira quincena de novembro. A CIG baralla a posibilidade de convocar unha gran manifestación nacional a principios de decembro. As causas que teñen provocado a actual situación están, denuncia o sindicato, no modelo de capitalismo neoliberal. Seixo alertou de que a crise vai provocar en breve “a presentación de suspensión de pagos de empresas e un incremento do desemprego”.

O xulgado desestimou o expediente de regulacion presentado por MAFECCO. Esta Empresa textil coruñesa pretendia deslocalizarse e despedir 70 traballadoras. A loita que mantiveron as traballadoras de MAFECCO no verán de 2006 pola defensa dos seus postos non tuvera precedentes no téxtil na comarca de A Coruña.

.

O Pleno do Consello Escolar do Estado, celebrado o pasado 26 de xuño, aprobou o Informe sobre o estado e situación do sistema educativo do curso 2006-2007, no que se tivo en conta, entre as emendas presentadas pola CIG-Ensino, a que insta “ao goberno a que revise o Concordato co Estado Vaticano co obxectivo de que o ensino da Relixión non forme parte do currículo escolar.”