CIG INFORMA (DE AVANTAR)
A dirección da empresa “Top Rank”, multinacional inglesa propietaria do bingo “Ciudad de Santiago”, readmitiu a traballadora despedida no mes de xullo de forma improcedente, logo de varias xornadas de mobilizacións diante das portas deste negocio. Se ben é certo que nesta empresa houbo tres despedimentos, dous dos traballadores admitiron a indemnización proposta. Porén, a empregada non aceptou a improcedencia do seu despedimento e proseguiu na loita pola súa readmisión, que finalmente conseguiu.
A sección sindical da CIG na Axencia Tributaria reitera as súas denuncias en relación coa escaseza de medios dos que dispón o Servizo de Vixilancia Aduaneira (S.V.A.) en Galiza. A falta de recursos e as deficiencias nos existentes ocasionan que as costas do noso país volvan ser elixidas polos narcotraficantes como unha das principais vías de acceso de droga a Europa.
A contrata de telemárketing “Unísono” despediu nos últimos días 45 persoas en Vigo alegando o remate dunha campaña que denominaba “Desbordamento Campaña de Orange”, que como o seu nome indica encubría unha contratación fraudulenta por acumulación de tarefas. Como transfundo, un novo proceso de deslocalización.
Sete traballadores despedidos da empresa de transportes “Ullacargo” aínda non cobraron as indemnizacións, que ascenden a un total de 50.000 euros, pese a que perderon o seu posto hai xa máis de dous meses. De non haber unha resposta inmediata as súas demandas, os operarios protestarán diariamente, en Bens (A Coruña), fronte ás instalacións de “CLH”, empresa de almacenamento de hidrocarburos que é un dos principais provedores de “Ullacargo”.
CGT INFORMA
Remata o boletín coa denuncia sen paliativos da directiva de retorno ou“da vergoña” aprobada recentemente pola Unión Europea.
