ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 5 de agosto de 2008

Un novo atentado contra a clase traballadora

O traballador morto en Alcoa-Coruña demostra que cando un suceso repitese día si e dia tamen.... deixa de ser un "accidente", para ser un atentado.

Xa esta ben de cortinas de fume... os traballadores e as traballadoras morren a cotio nas fábricas -esas que non existen ata que alguen morre-, nas obras ou no mar. Nunca morre un empresário.

Chamemos ás cousas polo seu nome, os atentados laborais causan máis mortes e feridos que o tráfico -8725 no 2007-, ou calquera outro “atentado”... E isso sem contar as enfermidades pólo traballo. E cantos empresários ha na prision, a cantos se lles embargan os seus bens... a ningun.

Tralas condicions de traballo, dos ritmos de produccion, das xornadas - agora que queren ampliala as 65 horas-, das condicions de seguridade é hixiene, dos baixos salarios, atoparemos unha realidade, o que en realidade é, un atentado terrorista ao servizo dos beneficios das empresas chamado "accidente".

Os gobernos ollan para outro lado, e deixan facer con medidas que ninguen cumpre; e a prensa, o seu, montar campañas de criminalizacion de todo o mundo, menos dos responsábeis dos "accidentes" laborais.

Os gobernos non van facer nada que nos non consigamos coa nosa loita. O seu é favorecer os beneficios empresariais - a Jove coa venda de Fadesa a Martin, mentras centos de traballadores van a rúa, coa venda de Union Fenosa a Gas Natural, con Touriño aceitando que as caixas galegas "especulen" coas súas accions, etc.-

Esta é a realidade. E esto é o que temos que mudar loitando contra o intento de ampliacion da xornada as 65 horas e pola reduccion sem perda do salario, contra os ritmos que non dan tempo o descanso, e polo castigo dos verdadeiros culpábeis.

Non chega coa politica de facer estudos e máis estudos sobre a siniestrialidade, as organizacions dos traballadores teñen un camiño, o da mobilizacion da clase traballadora contra os atentados nos centros de traballo.

Nós poñemos os mortos, eles levan os beneficios

www.corrienteroja.net; correntevermella@corrienteroja.net