ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

domingo, 3 de janeiro de 2010

O TRILINGÜISMO HARMÓNICO da XUNTA DO PP





Os comunistas do Partido Comunista dos Pobos de España e dos Colectivos da Mocidade Comunista rexeitamos o escandaloso borrador de decreto da Xunta reaccionaria respecto ao tratamento da cuestión lingüística no ensino. (33 % das aulas a impartir en galego, 33% en castelán e 33% en lingua extranxeira (!!) -inglés??-, a distribuir por asignaturas en cada centro como resultado da decisión de cada consello escolar)


Dito proxecto, galegófobo, antipopular, anticientífico e antipedagóxico, é políticamente regresivo e neofranquista e marca un retroceso inaceptable na xa de sempre moi deficiente política lingüística do Goberniño galego.
Ese decreto,que transgrede a xa de por sí regresiva legalidade autonómica, constitucional e europea en materia lingüística, de aprobarse, sementará o caos nos centros de ensino, trasladará a responsabilidade do fracaso escolar e o retroceso da lingua propia dos e as galegas a instancias que nada teñen que ver coas institucións educativas, cargará a responsabilidade sobre as costas das familias, colocará aos e ás mestras tarefas e obrigas para as que non están nen teñen a obriga de estar preparados, e garantirá unha desfeita educativa que o sistema público de ensino non está en condicións de soportar, como colofón do deterioro dramático na calidade do ensino público que estamos a sufrir. Masificación nas aulas, carencia de materiais e de profesorado, crecimento do fracaso escolar, despedimentos de centos de mestres, recortes de prazas e axustes na financiación do ensino público, con vistas á súa destrución e posterior privatización.


O deterioro da calidade do ensino público, así como o da sanidade pública, constitúe unha magnífica coartada para que eses dereitos sociais básicos que pagamos todos os cidadáns, se convertan, vía privatización, en novos espacios de acumulación de beneficios para o capital.
Facer depender a supervivencia do noso idioma e a calidade dos coñecementos acadados polos nosos nenos, do resultado dunha enquisa chapuceira e manipulada, é un despropósito e unha manobra na que a burremia, a ignorancia e o fascismo dos xestores da nosa educación e cultura agoiran o peor e máis perigoso dos resultados para os nosos cativos e cativas.
No entanto, a dereita é quen de enredarnos nun falso debate social sobre a utilidade do inglés e o trilingüismo harmónico, moi útil como cortina de fume para desviar a atención da traxedia social e económica que está a vivir a inmensa maioría do noso pobo.




REXEITEMOS A CHAPUZA NEOFRANQUISTA DO GOBERNO DO PP
DEFENDAMOS UN ENSINO PÚBLICO   GALEGO, LAICO, CIENTÍFICO E DE CALIDADE
G