ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 24 de junho de 2010

DECLARACIÓN DE APOIO Á FOLGA XERAL CONVOCADA EN HEGO EUSKAL HERRIA O MARTES, 29 DE XUÑO



Partido Comunista dos Pobos de España.
Comisión de Movemento Obreiro e Sindical
Comité Central

O Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE) quere manifestar o seu total respaldo á Folga Xeral convocada por distintas organizacións sindicais para o vindeiro martes, 29 de Xuño, nos territorios de Hego Euskal Herria (País Vasco e Navarra).

O PCPE considera tan acertada como necesaria a decisión das distintas expresións sindicais destes territorios de chamar ao conxunto da clase obreira a expresar mediante unha folga o seu frontal rexeitamento ás medidas aprobadas nunha nova contrarreforma laboral polo goberno estatal do PSOE e que recortan dereitos laborais, económicos e salariais ao conxunto dos traballadores e traballadoras, pretendendo converter así á maioría social do Estado na pagadora desta nova crise estrutural do capitalismo.

Xa que logo, o PCPE fai un chamamento expreso ao conxunto da clase obreira destes territorios a secundar devandita xornada de folga e a seguir profundando en todas iniciativas que tendan á coordinación dos traballadores e as traballadoras na defensa dos seus dereitos. A crise capitalista abre un período no cal a loita organizada da clase traballadora constitúe unha prioridade e onde, por encima de siglas sindicais, debe situarse a unidade do movemento obreiro no seu conxunto, que tome as rendas do seu futuro con obxecto de liberarse de todo signo de explotación e miseria inherente ao sistema capitalista.

O PCPE manifesta ao conxunto do pobo traballador dos territorios de Hego Euskal Herria a necesidade de secundar igualmente a Folga Xeral convocada para o 29 de Setembro no conxunto do Estado. A loita da clase obreira dos distintos pobos e nacións do Estado é a mesma, pois os intereses da burguesía, independentemente do territorio no cal estea instalada, son os mesmos: aumentar o grao de explotación da clase obreira, incrementar a súa taxa de ganancia á conta da perda de históricas conquistas adquiridas polos traballadores e as traballadoras e intentar remontar o actual período de crise capitalista cunha diminución nos nosos dereitos, debilitando igualmente a capacidade de resposta do movemento obreiro organizado.

Os traballadores e as traballadoras do conxunto do país nada poden esperar dun goberno ou duns parlamentos onde se traballa exclusivamente para apontoar ao capitalismo en crise e os intereses dunha clase burguesa da cal son eficientes xestores. Igualmente, deben condenar á Unión Europea como un polo imperialista de cuxas institucións emanan as liñas económicas estratéxicas aplicables para o conxunto dos pobos de Europa, e que teñen nesta nova contrarreforma laboral outra das súas xenuínas expresións prácticas.

En definitiva, o PCPE fai un chamamento a fortalecer a unidade da clase, a mobilizar ás masas traballadoras contra as políticas do capitalismo e as súas institucións, a crear un amplo movemento de unidade popular anticapitalista combatente, e a traballar para que tanto a folga xeral de Hego Euskal Herria como a do conxunto do Estado sexan un éxito masivo, que poñan de manifesto a vontade da clase obreira de emanciparse definitivamente da dominación do capital.

23 de Xuño 2.010