ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 16 de junho de 2010

DECLARACIÓN DO COMITÉ EXECUTIVO DO PCPE : HOXE SÓ SE GOBERNA SE SE OBEDECE AO CAPITAL




O goberno de Rodríguez Zapatero aprobou unha contrarreforma laboral obedecendo, disciplinadamente, as ordes do capital. Esta contrarreforma convértese, así, noutro paso máis para cargar sobre a clase obreira e os sectores populares o peso da crise estrutural do sistema capitalista.

Esta contrarreforma é tamén expresión do que significa o polo imperialista da UE. O Tratado de Lisboa, e outros que lle precederon -como o de Maastricht-, marcaron, no seu día, a liña estratéxica do aumento da taxa de explotación en todos os países integrados nese proxecto de dominación do capital a escala de Europa.

Hoxe non existen diferenzas significativas entre os distintos partidos políticos que traballan para tratar de apontoar ao capitalismo en crise. No arco parlamentario non existe unha soa opción de carácter revolucionario que represente unha posición anticapitalista consecuente; a todas elas unifícaas a disciplina da UE, da cal ningunha desmarcar.

No sistema capitalista, decrépito e en crise estrutural, só se pode gobernar baixo a férrea ditadura do capital. Con calquera goberno, dos que hoxe son posibles para o sistema, o resultado é o mesmo para a clase obreira e os sectores populares.

Esta nova regulamentación do goberno trata de facer retroceder á clase obreira en décadas de loita. O ataque brutal á negociación colectiva é o núcleo central destas medidas, que, segundo Zapatero, non significan "ningunha perda de dereitos para a clase obreira". O obxectivo do capital é o de arrebatar á clase obreira todos os seus dereitos conquistados, para debilitar as súas posicións ata o límite, e dar un salto cualitativo na taxa de explotación da clase obreira; factor determinante hoxe na estratexia imperialista para tratar de recompor o ciclo de reprodución ampliada de capital.

Á clase obreira, e aos sectores populares, só lle queda  un camiño: LOITAR.

O Comité Executivo do PCPE fai un chamamento:

* A fortalecer a unidade da clase obreira, empezando por superar a división sindical pola base.
* A mobilizar ás masas traballadoras contra as políticas do capitalismo.
* A crear un amplo movemento de unidade popular anticapitalista combatente.
* A traballar para que a folga xeral sexa un éxito masivo, que poña de manifesto a vontade da clase obreira de emanciparse da dominación do capital.



O capitalismo -na súa fase terminal- só pode ofrecer máis escravitude, máis ditadura fascista e máis guerra contra os pobos.

O futuro da humanidade será socialista e comunista. O interese da clase obreira e os sectores populares é o de chegar canto antes a esa sociedade, libre da explotación e da guerra. Enfrontar hoxe con determinación a contrarreforma laboral dos gobernos do capital é dar un primeiro paso no camiño da emancipación da clase obreira, un primeiro paso cara á liberdade e a igualdade social.

  16 de xuño de 2010