ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 22 de abril de 2010

1º de Maio: Unir á clase obreira Loitar contra a crise


Hoxe fronte á crise capitalista levántase unha liña divisoria entre quen buscan salvar ao capitalismo como
sistema sociohistórico e quen traballamos para debilitar ao sistema de dominación e loitamos por cambios a
favor da clase obreira co horizonte da Revolución Socialista.
PSOE, PP, as burguesías nacionalistas e todo tipo de reformismo de esquerdas configuran un bloque que
xestiona a crise en favor do capital, a banca e a gran patronal. Do outro lado, as organizacións populares e de
esquerdas loitamos pola defensa dos dereitos da clase obreira, atacados cos plans dunha nova contrarreforma
laboral.
A UE e a OTAN son os instrumentos para a defensa do capital financeiro e a oligarquía. O Tratado de Lisboa
avanza na estratexia das privatizacións, o recorte de dereitos laborais e sociais, o aumento do gasto militar e
unha maior limitación da soberanía dos pobos. Aumentan as políticas represivas, a involución democrática,
increméntase a tendencia á fascistización e á ampliación da guerra a cada vez máis países.
O goberno priorizou o rescate da Banca fronte ao rescate das familias traballadoras, con medidas como
subidas de impostos, de tarifas eléctricas, co recorte da oferta pública de emprego e o aumento do gasto militar
e policial. A clase obreira sofre unha situación de baixada xeneralizada dos salarios no campo da produción,
unha maior precarización e unha actuación despótica da patronal, envalentonada pola crise e propondo aínda
maiores sacrificios para a clase obreira.
Ante esta situación, o PCPE propón á maioría social, aos traballadores e traballadoras:
Unidade das loitas, unidade da clase: mediante a resposta unitaria a cada agresión da patronal e o goberno,
facendo coincidir todas as loitas obreiras en defensa dos intereses da maioría.
Unha política de resistencia fronte á ofensiva da patronal: nin un paso atrás na defensa dos dereitos laborais,
sociais e económicos conquistados pola clase obreira co seu propio sacrificio e mobilización.
Un programa unitario para a loita: que comprenda estes e outros obxectivos concretos en beneficio dos
traballadores e traballadoras fronte ás estratexias dos capitalistas.
Conxelación de hipotecas ás familias traballadoras.
Salario mínimo de 1200 euros netos.
Nacionalización da banca.
Protección social para as familias en paro. Seguro de paro indefinido.
Prohibición das ETT e de toda forma de prestamismo laboral.
Plena igualdade para todos os traballadores e traballadoras. Ninguén é inmigrante.
Saída inmediata da OTAN e a UE.
Non á contrarreforma laboral.
Para superar o fraccionamento que existe no seo do movemento sindical, conformemos Comités para a
Unidade Obreira, aos que se incorporen os traballadores e traballadoras que, independentemente da súa propia
afiliación sindical, unan e coordinen os seus esforzos ao redor de propostas concretas de loita, favorecendo así
a construción da unidade combativa da clase.

POR UN 1º DE MAIO DE LOITA E UNITARIO
QUE A CRISE CAPITALISTA A PAGUEN OS RICOS E NON OS TRABALLADORES
POLA DISOLUCIÓN DA OTAN
POLA SAÍDA DA UE
POLO SOCIALISMO E O COMUNISMO