No marco das sucesivas privatizacións e externalizacións de empresas e servizos públicos, realizadas polos gobernos burgueses de turno do PP e PSOE cos seus respectivos aliados, Correos está sufrindo un investimento insuficiente por parte do Estado, unha deterioración das condicións laborais e a desaparición de 4.000 postos de traballo durante o 2009. A iso engádense as leis burguesas procedentes da UE, como a liberalización total do sector postal a partir do ano que vén.
Varios sindicatos de Correos estanse mobilizando en unidade de acción entre marzo e xuño co obxectivo de lograr o financiamento suficiente do correo público por parte do Estado, asegurar o dereito á comunicación postal e telegráfica de todas as capas populares e a mellora das condicións laborais de traballadores e traballadoras.
Apoiamos a loita dos e as traballadoras de Correos e chamamos ao resto da clase obreira a mobilizarse para non deixarnos roubar nin un dereito máis.
Partido Comunista dos Pobos de España