Un milleiro de internacionalistas galegos convocados pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil percorremos hoxe 18 de Abril as rúas de Santiago de Compostela expresando o noso apoio á Revolución Cubana e o noso rexeitamento do bloqueo e acoso contra a Cuba socialista por parte dos medios de comunicación imperialistas. Algunhas vistas da mobilización, e da participación dos e as comunistas do PCPE e dos CMC-CJC.