os Cinco apoian a homenaxe a Gades!
Feb
2009
.
RENÉ, GERARDO, FERNANDO, RAMÓN E ANTONIO
OS CINCO CUBANOS PRESOS POLO IMPERIALISMO APOIAN A HOMENAXE A GADES www.pcpe.es
.
CARLOS TENA SERÁ QUEN PRESENTE A HOMENAXE A GADES
”Nestas tranquilas tardes de agosto, mentres ese home exemplar chamado Fidel Castro se recupera da intervención, co pobo cubano feito unha piña arredor dos seus líderes, prometo poñer moita atención nos vindeiros meses para merecer un aprobado na asignatura máis importante que nunca me tocou: defender ata a fin esta Revolución”.Carlos Tena (Agosto 2006)
"Os traballadores en folga indefinida de Enferbus, S.L. apoian a homenaxe a Gades"
ver mais en www.pcpe.es
COMPAÑEIRA, AMIGO, CAMARADA: estás convidad@ a acompañarnos na HOMENAXE A ANTONIO GADES, 28 DE FEBREIRO DESDE AS 16.30 NO PALACIO DE EXPOSICIÓNS E CONGRESOS DE MADRID.
O vindeiro día 28 de Febreiro imos rendir a nosa homenaxe ao grande artista e camarada Antonio Gades. Este terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de madrid, onde hai 25 anos naceu o noso Partido.
Contaremos cun excelente e variado cartel, coa presencia de José Menese, Carmen París, Amaury Pérez, Buena Fé, os ballets de Sara Bacas e a Escola de Danza de Alicia Alonso, Orlis Pineda e Gustavo Cabrera;
Participarán Abel Prieto, Ministro de Cultura da República de Cuba, e un Membro do Comité Central do Partido Comunista de Grecia KKE.
Xa son moitas os e as intelectuales e artistas que amosaron o seu apoio á homenaxe.
Ás 16.30 dará comezo a mesa redonda coa participación do Ministro de Cultura da República de Cuba, Abel Prieto.
Ás 19.00 comezará a parte artística, que está previsto finalize por volta das 23.00 hs.
Haberá un espazo de stand políticos e de restauración.
O prezo da entrada é de 15 euros. Se non podes acudir, mais desexas apoiar económicamente o evento, tes opción a adquirir unha entrada especial de fila 0, polo mesmo prezo.
DIRÍXETE AO NOSO CORREO ELECTRÓNICO comunistasdagaliza@gmail.com para solicitar a túa entrada, ou ben amosar o teu apoio e dirixirnos o teu saúdo.