Os comunistas da Galiza PCPE expresamos a nosa fonda repulsa pola salvaxe represión exercida sobre da contramanifestación coa que organizacions politicas e sociais expresaban o seu rexeitamento cara á convocatoria de "Galicia Bilingüe" en Compostela.
Os que din defender a “liberdade” lingüística encubren baixo esa suposta bandeira un profundo desprecio cara á cultura do noso pobo.
Un desprezo cargado dun fondo contido clasista, burgués, antiobreiro, antilabrego e acomplexado.
Polo seu uso da bandeira monárquica expresan un rancio rexeitamento da realidade plurinacional e multicultural do Estado Español, e esconxuran histéricamente o seu inexorable futuro republicáno e socialista.
O galego é a lingua do noso pobo. Toda agresión contra él é inaceptable. Todo torpe simulacro de reivindicación democrática do castelán, lingua imposta, é rexeitable. O castelán corre na Galiza un único perigo: ser percibido só como a lingua dos oligarcas e do Borbón, e non como a lingua de pobos irmáns e de Miguel Hernández.
Denunciamos a pretenza deste tipo de manifestacions a toda unha vaga regresiva e fascistizante orientada no fondo a deter o avance das loitas que están a medrar cada día contra o capital e a explotación.
A intervención policial lembra o peor da historia diste país. Denunciamos a brutal malleira sobre Carlos.
Esiximos a inmediata posta en liberdade dos detidos.
Vídeo: http://gzvideos.info/contramanifestacom-em-defesa-da-lingua/