CGT INFORMA
Un cento de compañeiras e compañeiros percorremos céntricas rúas da Coruña, denunciando este intolerable despido e esixindo a readmisión do compañeiro Xurxo Gómez.
Rematamos diante da sede de R, onde deixamos moi clara a nosa mensaxe: Teimudos, persistiremos ata conseguilo.
3.000 follas informativas foron repartidas durante a manifestación e no mitin final.
CIG INFORMA (AVANTAR)
A Folga que o persoal de limpeza dos hospitais tiña convocada para o día 27 de febreiro foi finalmente retirada, tras acadar o firme compromiso da patronal ASPEL de facer efectivo o pago do segundo tramo da carreira profesional durante os vindeiros días.
O segundo día da folga dos traballadores e as traballadoras de Celsa Atlantic, en A Laracha, volveu ser un éxito cun seguimento do 100% do persoal.
Na asemblea Nacional de delegados e delegadas da CIG nas Entidades financeiras, celebrada o 18 de febreiro en Compostela analizouse polo miúdo a difícil situación laboral e económica das Entidades financeiras de cara a dar resposta sindical á precarización e destrución de emprego.
CUT INFORMA
mércores, 11 de Febreiro do 2009
O Comité de Empresa de Nervión Montajes y Mantenimiento e a CUT, teñen denunciado á empresa Factoría Naval de Marín e as empresas auxiliares colaboradoras, polo incumprimento grave en materia de prevención de riscos laborais.
O actual repunte de traballo de dita patronal, que está a empregar na actualidade a través de empresas auxiliares a máis de 700 traballadores, agravou de maneira drástica as precarias condicións de salubridade, seguridade e de prevención xa anteriormente existentes.
CCOO INFORMA
04-02-2009.- A Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Arousa critica a decisión de varias entidades financeiras de reduciren a xornada laboral do persoal subcontratado para labores de limpeza como medida de «austeridade». Para o sindicato, isto supón un duro golpe para a economía dun colectivo que recentemente participou nunha longa folga provincial para mellorar a súa situación laboral.