ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sexta-feira, 6 de fevereiro de 2009

LABORAL


CIG INFORMA (AVANTAR)

A CIG-Construción denuncia un novo accidente laboral, no que morreu atropelado na N-120 un traballador, do mantemento das estradas. A federación da Construción da CIG ten denunciado en numerosas ocasións diante da Inspección de Traballo a perigosidade á que se ve exposta este persoal.

Máis de cen delegados e delegadas do sector das ambulancias concentráronse diante do centro de saúde de Tui e da oficina de Ambulancias Tui para reclamar a readmisión de tres compañeiros/as despedidos.

En “Fuertes Publicidad” a maioría do persoal cobra por baixo do salario mínimo. Federación de Servizos da CIG, denuncia o estancamento da negociación do Convénio Colectivo da Empresa.

Os bombeiros de toda Galiza participaban hoxe nunha concentración en Compostela. Reivindicaban a constitución dun Servizo Público Galego de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento, xestionado directamente pola Xunta de Galiza.

Os traballadores e traballadoras da Sociedade IVEMA LUCUS S.L., concentráronse diante das oficinas da empresa en Lugo para denunciar que levan dous meses sen cobrar e que dende o 9 de xaneiro están sen ocupación, situacion esta, xerada por “unha operación especulativa”.

Vidreira do Atlántico, S.A.rexeitaba o 24 de febreiro á noite ao Comité de Folga a reunión convocada polo Comité para o 25, ás 16:30 horas, co obxecto de tentar achegar posturas. Unha negativa fraudulenta que constitúe unha violación (mais) dos dereitos de liberdade sindical e folga dos traballadores.

Ás once da mañá máis de 300 delegados e delegadas do sector da automoción das Federacións do Metal, Químicas e Téxtil saian en manifestación polas rúas de Vigo, para mobilizarse na defensa do emprego no sector.

CUT INFORMA

Simultaneamente o Comité de Empresa de Nervión Montajes y Mantenimiento e a CUT, teñen denunciado á empresa Factoría Naval de Marín e as empresas auxiliares colaboradoras, polo incumprimento grave en materia de prevención de riscos laborais.

O día 20 de febreiro, o Secretario Xeneral da Federación Sindical Mundial (FSM), George Mavrikos, comunicou oficialmente á C.U.T. a aprobación por parte do Secretariado da FSM da afiliación da nosa central sindical á federación internacional, sendo a C.U.T. desde este momento membro de pleno dereito desta.