CONTRA A CAMPAÑA ANTICOMUNISTA, PRIMEIROS ASINANTE...
Respostemos masivamente e con firmeza contra o anticomunismo en todas as súas expresiónsNós, cadros, militantes, amigos e simpatizantes de Partidos Comunistas e Obreiros electos a parlamentos, entidades locais, direccións de sindicatos e organizacións de masas, denunciamos a pretensión de igualar o nazismo co comunismo por medio dos intentos de proclamar o 23 de agosto "día de lembranza das súas vítimas".
Este esforzo distorsionador da historia é apoiado por forzas políticas que serven ao capital e manifestouse de formas diferentes nos últimos anos, incluíndo resolucións de organismos de varias organizacións interestatais e institucións parlamentarias.
Tras cambiar o nome do 9 de maio de día da Vitoria dos Pobos a "Día de Europa" para borrar a imaxe da bandeira vermella ondeando no Reichstag, agora tratan de identificar ás vítimas cos victimarios mediante a utilización do día en que se asinou o pacto de non agresión Molotov-Ribbentrop.
* Tratan de ocultar o carácter imperialista e de clase do nazifascismo.
* Tratan de ocultar o feito de que a Vitoria dos Pobos leva o selo indeleble da Unión Soviética, do Exército Vermello e dos movementos partisanos, nos que os comunistas estiveron en primeira liña en todo o mundo.
* Tratan de lavar a cara ao imperialismo, que deu a luz ao fascismo e hoxe, 20 anos despois da contrarrevolución, segue a masacrar aos pobos en todo o mundo.
* Nesta liña, aspiran a golpear política e ideolóxicamente a quen continúan a loita contra a explotación de clase e a inxustiza, quen resisten o bárbaro ataque contra todos os dereitos sociais, laborais e democráticos do pobo, desatado nas condicións de crise económica global do capitalismo.
Traballadores, campesiños, mulleres, moz@s.
Xubilados, veteranos e loitadores da loita antifascista.
* Mobilizadevos con forza contra a reescritura e a falsificación da historia.
* Dade unha resposta firme para evitar todo intento de organizar actos anticomunistas o 23 de agosto.
* Difundide a verdade histórica.
* Defendede intransixentemente a loita contra o imperialismo, por outra sociedade sen guerras, desemprego, pobreza e explotación. Polo Socialismo.