ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

segunda-feira, 3 de agosto de 2009

da OLIVEIRA DE TEO



Dende o ano 2006, a Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo está intentando promover en Lugo un monumento dedicado á memoria dos centos de asasinados e represaliados polo franquismo en tal cidade, que levaría o nome de “Paz para sempre” e que foi deseñado polo artista pacifista Isaac Díaz Pardo, figura principal da cultura galega e fillo do pintor Camilo Díaz Baliño, un dos asasinados en 1936.

Mais, entre outras dificultades para realizalo, á indecisión das autoridades, psicoloxicamente sometidas aínda aos poderes emanados do fascismo, cómpre sumar tamén a reacción da Reacción, a miúdo composta por descendentes dos represores fascistas e por antigos servidores do aparato represivo franquista, que desatou unha belicista campaña de ataque e descrédito contra a proposta da Asociación promotora, que tivo que ser respondida na prensa (ver adxuntos).

No plano económico, malia as vagas promesas institucionais, só contamos de momento co apoio dos membros da Asociación e demais simpatizantes desta iniciativa, polo que agradeceriamos calquera axuda solidaria na seguinte conta corrente de Caixa Galicia:

Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo

2091 – 0152 – 29 – 3040084427

Saúde e memoria contra o dominio da desmemoria.