ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 19 de agosto de 2009

O SINDICATO LABREGO GALEGO INFORMA:

A loita continúa. O sector leiteiro da Galiza prepárase para novas mobilizacións.

19 de Agosto do 2009

O LEITE É NOSO

Para ver de promover novas accións reivindicativas a levar a cabo polo sector leiteiro da Galiza na loita por acadarmos a fixación dun prezo mínimo para o leite que nos permita vivir do noso traballo, o SLG vén levando a cabo asambleas comarcais abertas en tódalas comarcas leiteiras.

Despois das fortes mobilizacións que levou adiante o sector lácteo galego en datas recentes, e despois da sinatura do “acordo de Madrid”, a situación crítica que vive o sector por mor da caída dos prezos, está lonxe de atopar solución. De feito, varias industrias impuxeron novas baixadas de prezo en xullo, e nesta semana Leite Río vén de anunciar que deixa de recoller leite á Cooperativa de Ordes.

Para o SLG, que se negou a asinar o acordo por entender que non aportaba ningunha solución, por non fixar ningunha referencia de prezo mínimo, este feito ven confirmar o que xa denunciábamos no seu momento: o acordo non é máis que unha operación de propaganda para desmobilizar o sector, operación da que participaron de xeito entusiasta varias organizacións agrarias actuantes en Galiza.

Nós non asinamos, nin asinaremos, ningunha cantidade que non nos cubra, polo menos, os custos de produción. Imos seguir defendendo que teñamos un prezo xusto para podéremos vivir do noso traballo, e non o faremos en solitario, senón ao carón do sector leiteiro da Galiza

Para analizar a situación e ver de promover novas accións reivindicativas, e logo de termos as produtoras e produtores realizado a asamblea da Dirección Nacional do Leite, o Sindicato Labrego Galego está levando a cabo asambleas comarcais co seguinte almanaque:

VENRES 14, ÁS 22:00H, MELIDE

LUNS 17, ÁS 22:00H: O XIAO

MARTES 18: ÁS 22:00H, SANTA COMBA

MARTES 18: ÁS 15:30H, A CAPELA

MÉRCORES 19: ÁS 22:00H, IRIXOA

XOVES 20: ÁS 12:00H, SARRIA

XOVES 20: ÁS 22:00H, LALIN

XOVES 20: ÁS 21:30H, VILALBA

XOVES 20: ÁS 21:30H, A MARIÑA

XOVES 20: ÁS 21:30H, MEIRA

VENRES 21: ÁS 21:30H, A MARIÑA

VENRES21: ÁS 22:00H, MUXÍA

VENRES21: ÁS 22:00H, ARANGA

LUNS 24: ÁS 12:00H, LUGO

LUNS 24: ÁS 22:00H, TEIXEIRO

MARTES 25: 22:00H, URDILDE

MARTES 25: 12:00H, FRIOL

MARTES 25: 21:30H, BETANZOS

MARTES 25: 22:00H, A ESTRADA

MARTES 26, 22:00H, VILASANTAR