ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 6 de maio de 2010

NON AO NEGOCIO DA SAÚDE!!!

Cando oimos falar de “modernización e calidade” convén estar atentos: quere decir que van quitarnos algo que é debalde e funciona, e tentar de vendernos algo que non funciona ou non podemos pagar.
É o que acontece agora coa Consellaría de Sanidade: ten sometido a alegacións dous decretos para os catro anos vindeiros.
--O de Recursos Humanos (que precariza e somete a mobilidade permanente ao persoal sanitario) e o de
--Xestión de Área Integrada (que elimina áreas sanitarias alonxando ao doente do centro) 
Agresions semellantes ás/aos máis febles (os doentes) son posibeis neste país por obra e graza de Leises como a 15/1997 que abría a posibilidade de privatizar os centros públicos en todas as CCAA.
Xa o probaron en Valencia e en Madrid, con resultados ruinosos para os e as que vivimos dun salario. 
Esa é  a aposta actual do sistema capitalista: afogar o sistema público, roubarlle e facer negocio có botín.
Estas son as políticas da Unión Europea do Capital e da Guerra da que temos a
”honra“de formar parte. Pagar as crises do capital roubandolle aos traballadores aquelo que tanto lles costou conquerir.
Esas son, tamén, as políticas serviles dos gobernos central e autonómico respecto da UE.
Son eses os “nosos” gobernos? Gobernan pensando en nós? 
Pensemos nós en nos mesmos, organicémonos e esixamos a derrogación da Lei 15/1997
Digamos non ao decreto de Recursos Humanos 
Non á Xestión de Área Integrada
Non mais apoio ao sector privado, do que non podemos valernos porque é CARO
Non ao negocio da saúde.
Mais médicos e enfermeiros, con situacion laboral digna.
Abrir novos centros públicos.
Aos que xa existen aumentarlles o presuposto e os recursos.  
Abandonemos a OTAN e a UE.
Se o capitalismo non serve, LOITEMOS POLO SOCIALISMO.