ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

domingo, 22 de junho de 2008

a directiva da vergoña






Declaración dun europarlamentario do PARTIDO COMUNISTA DE GRECIA KKE referente á escandalosa directiva sobre os inmigrantes
martes 17 de xuño, o pleno do Parlamento Europeo debateu sobre o proxecto de directiva relativo a "as normas e procesos comúns para o retorno dos inmigrantes ilegais que actualmente están na Unión Europea".

Durante o debate, Atanasios Pafilis, europarlamentario do KKE, subliñou:

"Os refuxiados e inmigrantes, vítimas da política imperialista da UE, son tratados selvaxemente, coma criminais. O proxecto de directiva que someten a votación é inaceptábel e revela de xeito cínico o carácter inhumano da UE e a súa política. A súa lexislación establece unha detención de 18 meses para inmigrantes pobres e nenos en campos de concentración baixo condicións deplorabeis que son unha desgraza para a cultura humana. Vostedes tamén prohiben calquera futura entrada ao territorio da UE durante cinco anos, mesmo que se faga de xeito legal.

A parte que prevé o retorno voluntario é totalmente enganosa. De feito é unha chantaxe. É como dicir: ou marchades voluntariamente ou seredes enviados a prisión e deportados tras 18 meses. Trátanlles vostedes como a criminais, malia seren vítimas da súa política.

Primeiro vostedes bombardean Afganistán e logo quéixanse dos refuxiados. Por unha banda vostedes explotaron a riqueza dos países do terceiro mundo e por outro se queixan dos inmigrantes económicos que hoxe día son utilizados para aumentar os beneficios do grande capital.

As novas medidas farán aumentar o negocio dos escravistas e as súas redes; os prezos elevaranse como resultado das estritas medidas. Ademais, a posición dos inmigrantes e do resto de traballadores deteriorarase ao verse obrigados a traballaren sen dereitos baixo a ameaza da deportación. Os traballadores de Europa e de máis alá das fronteiras europeas non aceptarán estas medidas, poden estar seguros diso".