ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

segunda-feira, 16 de junho de 2008




Novas sindicais

CIG INFORMA

Os 100 traballadores e traballadoras da empresa de cableado Draka, ubicada en Mos, acudiron o venres 13 de xuño a Vigo, onde celebraron unha manifestación na que reclamaron á empresa unha "recolocación digna", asi como exixiron á Administración que lles axude a lograr unha solución ao problema xurdido desde que a dirección da empresa anunciara o peche da planta a finais deste ano.

A CIG considera inaceptábel e completamente regresiva a proposta acordada polos ministros de Traballo da UE que pretende ampliar o tope da xornada semanal até as 65 horas. Esta medida, que nos retrotrae até comezos do século XX, precarizará aínda máis as condicións laborais dos asalariados e xeneralizará as xornadas abusivas, aspecto que, ademais, aumentaría a sinistralidade, elevadísima xa de por si.

A CIG mobilizarase contra esta medida dentro da campaña que desenvolve a nivel nacional para denunciar o modelo económico capitalista neoliberal que padecen os traballadores. A campaña culminará en novembro coa organización de varias manifestacións ao longo do país.

CUT INFORMA

Os xornais levan días falando de “folga no sector pesqueiro” e disque “o sector maniféstase en Madrid e en Bruxelas”. O factor de fondo é o prezo do gasóleo e tamén os baixos prezos do peixe na primeira venda. Primeiramente habería que clarexar que estamos en realidade diante dun peche patronal e non dunha folga como así o denominan os medios e os armadores. A posición da CUT non pode ser ambigua neste tema, da mesma maneira que a nosa central rexeitou de plano o convite da patronal, para participar nesta campaña de eminente sentido empresarial.

A semana pasada o Xulgado de Instrucción nº 8 de Vigo, comunicou a catro traballadores do sector naval, a apertura do xuízo oral en acción penal, polos delictos de desordenes públicos e delicto continuado de danos. Vénselle a requirir para o depósito dunha fianza conxunta e solidaria pola cantidade de 8.220 €. Daniel, Emilio, Xosé e Iván enfróntanse asemade a peticións de 4 anos de prisión para cada un deles.