ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sábado, 7 de junho de 2008



Conflicto pesqueiro na Galiza, no Estado e na Europa dos monopolios. A crise do capital, que a paguen os ricos


O mesmo petróleo que estragou e estraga os caladoiros e as nosas rías está agora a ameazar a supervivencia dos mariñeiros ante o imparábel aumento do prezo do gasóleo. O encarecemento do gasóleo naval é a mesma realidade que a de todos os cidadáns e cidadás ao mercar combustíbel para o seu coche, ao pagaren a factura da luz ou ao mercar calquera produto que precise de transporte en grande desprazamento.

A actual crise demostra que o modelo productivo imposto pola UE dos monopolios, dependente e baseado no consumo de gasolina, quebróu, e segue a destruir sectores productivos estratéxicos como son na Galiza o agro-gandeiro e o pesqueiro. Namentres, Repsol YPF obtivo no 2007 uns beneficios de mais de 3000 millóns de euros; Campsa case 2000 millóns, Cepsa 748, a Shell 18.680 millóns de euros!!! Quen se leva os cartos do abusivo prezo dos combustíbeis son os monopolios capitalistas, a costa das e os que traballamos para sobrevivir.

Por outra banda, as durísimas cotas e restriccións impostas pola UE afectan tanto á nosa pesca como á producción agrícola e gandeira. Impoñensenos importacións de distribuidores foráneos cun prezo co que o pequeno produtor non pode competir. Que non veña agora a dereita europea, nen española, nen galega, embandeirándose demagóxicamente coas reivindicacións dos grandes armadores, que por outra banda descargarían, algunhas delas, a crise, unha vez mais, sobre as costas dos traballadores( subvencións , exoneración cotizacions á Seguridade Social, etc., esixidas pola grande patronal pesqueira española e que non obtiveron de momento o apoio dos Sindicatos dos traballadores do Mar); que non veña a dereita manipulando a desgraza dos traballadores do mar, pois é un resultado lóxico da globalización imperialista imposta aos povos polos monopolios que ela representa.

A caída do prezo do peixe nas lonxas está directamente relacionada con este fenómeno e mentres produce a ruína dos pequenos productores, engorda sustancialmente os beneficios das intermediarias e as distribuidoras.

Compre lembrar, estes días nos que tanto se fala na prensa das perdas da grande patronal pesqueira, que o abaratamento dos custos de producción se está a acadar sobreexplotando ós mariñeiros asalariados, e depredando de xeito irreversíbel os nosos recursos mariños e pesqueiros na percura do beneficio privado dos mais ricos.

A CRISE DO CAPITAL , QUE A PAGUEN OS RICOS!!!

Comunistas da Galiza (PCPE)