ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sexta-feira, 31 de julho de 2009

PCPC - Catalunya: Solidariedade cos traballadores de Nissan.



31 xullo
2009

Ante o feito acaecido esta mañá na factoría de Nissan en Barcelona, o Partit Comunista del Poble de Catalunya, quere manifestar o seguinte:

1º. Amosar a nosa solidariedade cos traballadores de Nissan e as súas accións; non é a primeira vez, hai que lembrar o caso de Pirelli, onde aos traballadores se lles comunica o despedimento o mesmo día en que se lles impide o acceso á empresa, constituíndo esta medida por si soa, unha flagrante vulneración da lexislación laboral.

2º. Denunciar o papel das multinacionais en Catalunya, que empregan a permanente chantaxe aos traballadores, e a unha administración compracente cos seus desexos. O caso de Nissan é paradoxal, posto que a Generalitat ten probas de que subvenciones outorgadas á factoría de Barcelona, foron derivadas ás plantas de Xapón, e cala.

3º. Denunciar á Generalitat de Catalunya e o seu goberno catalanista e de progrés, non só pola connivencia que ten coas empresas en crises, sobre todo se son multinacionais, senón pola utilización das forzas de represión en contra dos obreiros e a favor de ditas empresas; o incumprimento legal foi da empresa, os traballadores só querían exercer os seus dereitos.

4º. Denunciar unha vez máis a complicidade das direccións de CC.OO. e UXT coa empresa, non só na negociación dun falso ERE, senón no proceso de información nas asembleas cos traballadores. É doado ir a un congreso do sindicato a pegarse o discurso vermello, pero verdadeiramente patética a incongruencia destes dirixentes ao non ser consecuentes co discurso de loita fronte ao problema.

A situación xerada polo ERE apresentado por Nissan e autorizado pola Generalitat de Catalunya, debe de server aos traballadores para sacar as necesarias leccións: sobre o papel das administracións, dos sindicatos oficiais, das empresas, etc.

¡Non aos despedimentos de Nissan!

¡Non á represión dos traballadores!

¡Que as crises as paguen os ricos!