ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 23 de março de 2010

25 de Marzo POLA SANIDADE PÚBLICA

 
MANIFESTACIÓN 25 DE MARZO EN VIGO
NO CRUCE DE VÍA NORTE E URZÁIZ (ÁS 20:00)
POR UNHA SANIDADE 100% PÚBLICA
NON Á PRIVATIZACIÓN DO NOVO HOSPITAL EN VIGO
POR PARTE DA XUNTA


A privatización da saude é un crime contra a inmensa maioría da sociedade.
Falamos da maioría que non podemos pagarnos unha consulta privada, por poñer só un exemplo.
Ese crime está bendecido pola legalidade "democrática": así queda dito na Lei 15/1997 que abriu a posibilidade de privatizar os centros públicos en todo o territorio do Estado Español.
Paseniño e sen ruido (moito mais se fala estes dias doutras cousas nos medios de “in”comunicación) ese crime está a levarse a cabo estes días na Galiza.
A Consellería xa o admite: a sua intencion é   privatizar o sistema sanitario público galego.
Para eso levan xa meses e anos asfixiandoo economicamente.
Xa non se abren novos centros públicos. Aos que xa existen recortaselles salvaxemente o presuposto, os recursos, o persoal.
A construcion e xestion das novas instalacions pasa a mans privadas, convírtese nunha forma de lucrar, de facer cartos, como outra calquera.
Dirán o que din sempre nestes casos. Son tempos difíciles.
Volverán a calar o que sempre se cala:
Non falarán dunha Unión Europea que dende que caeu enriba das nosas costas non fixo mais que destruilo todo (agrogandeiria, industria, pesca), entregalo aos grandes monopolios, e obrigarnos a mercar a outros o que nos prohibiron producir.
Pero non contentos, agora necesitan tamén lucrar coa nosa saude e dos nosos nenos nenas e maiores.
O Partido Comunista dos Povos de España (Comunistas da Galiza)
-Denuncia unha vez mais este atentado da UE dos ricos e da guerra contra nós, contra tod@s.
-Denuncia ao goberno de Feijóo polo seu cínico apoio a estas medidas mentras derrocha demagoxia populista.
-Denuncia ao SERGAS por pretender impor uns servizos mínimos abusivos cara á folga do 25 de marzo.
-Chama a apoiar esa folga e a manifestacion que ese dia sairá ás 20 de Vía Norte con Urzáiz.