Citroën: en abril, 800 temporais á rúa
PSA Peugeot Citroën Vigo prescindirá en abril de 800 temporais deixando á fábrica con 6.700 empregados, (3.000 menos que fai dous anos).
1000 postos de traballo liquidados no último ano
No último ano o persoal reduciuse nun milleiro de persoas, entre eventuais aos que non se lles renovou o contrato e as 800 persoas da quenda de noite do C4 Picasso, que se eliminou en xaneiro de 2009.
A dirección da factoría prevé unha recuperación a partir do terceiro trimestre e (sic)“confía en non ter que recorrer a medidas traumáticas, como tocar o emprego fixo”.
A industria viguesa da automoción pecha un ano negro cun balance inédito na historia do sector:
-máis de 3.000 postos de traballo eliminados,
-tres deslocalizacións, e
-88 empresas que recibiron axudas durante o mes de decembro por non enviar a 7.000 traballadores temporalmente ao paro.
En 2 meses, 45 expedientes de regulación de emprego nas provedoras. 2.561 afectad@s.
En 2 meses, 45 expedientes de regulación de emprego nas provedoras. 2.561 afectad@s.
En apenas dous meses, 45 firmas de compoñentes (provedoras) declararon Expedientes de Regulación de Emprego con carácter temporal (o tempo de paro oscila entre os 15 días e os 6 meses, en función da situación de cada empresa), afectando un total de 2.561 traballadores.
A da automoción é unha industria que, ata setembro deste ano, batía marcas de produción, estimulada polos pedidos do seu principal cliente, PSA Peugeot Citroën.
Eventuais:
PSA pechou o ano con 1.200 empregados menos, 800 deles por mor da supresión da quenda de noite do C4 Picasso. A eles súmanse outros 1.500 operarios máis da industria auxiliar aos que non se lles renovou o contrato.