ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sábado, 14 de fevereiro de 2009

Apoios recollidos á homenaxe a Antonio Gades

SEGUEN A CHEGAR APOIOS .actualizado a 23 de febreiro:
A homenaxe a Gades continúa recibindo adhesions.

A cultura e a arte apoian a homenaxe a Antonio Gades o 28 de Febreiro en Madrid
14
Feb
2009

Trovadores e cantautores coa homenaxe de Antonio Gades en Madrid o 28 de Febreiro: Silvio Rodríguez, Bebe, Vicente Feliu, Caco Senante, Cristina de Valle, José María Alfaya, José Menese e outros artistas apoian a homenaxe a Gades

sexta-feira, 6 de fevereiro de 2009

28 de Febreiro, Homenaxe a Antonio Gades


os Cinco apoian a homenaxe a Gades!
os cinco coa Homenaxe a Gades
25
Feb
2009

.

RENÉ, GERARDO, FERNANDO, RAMÓN E ANTONIO
OS CINCO CUBANOS PRESOS POLO IMPERIALISMO APOIAN A HOMENAXE A GADES
www.pcpe.es


.


CARLOS TENA SERÁ QUEN PRESENTE A HOMENAXE A GADES


”Nestas tranquilas tardes de agosto, mentres ese home exemplar chamado Fidel Castro se recupera da intervención, co pobo cubano feito unha piña arredor dos seus líderes, prometo poñer moita atención nos vindeiros meses para merecer un aprobado na asignatura máis importante que nunca me tocou: defender ata a fin esta Revolución”.Carlos Tena (Agosto 2006)

"Os traballadores en folga indefinida de Enferbus, S.L. apoian a homenaxe a Gades"

ver mais en www.pcpe.es


COMPAÑEIRA, AMIGO, CAMARADA: estás convidad@ a acompañarnos na HOMENAXE A ANTONIO GADES, 28 DE FEBREIRO DESDE AS 16.30 NO PALACIO DE EXPOSICIÓNS E CONGRESOS DE MADRID.


O vindeiro día 28 de Febreiro imos rendir a nosa homenaxe ao grande artista e camarada Antonio Gades. Este terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de madrid, onde hai 25 anos naceu o noso Partido.

Contaremos cun excelente e variado cartel, coa presencia de José Menese, Carmen París, Amaury Pérez, Buena Fé, os ballets de Sara Bacas e a Escola de Danza de Alicia Alonso, Orlis Pineda e Gustavo Cabrera;


Participarán Abel Prieto, Ministro de Cultura da República de Cuba, e un Membro do Comité Central do Partido Comunista de Grecia KKE.


Xa son moitas os e as intelectuales e artistas que amosaron o seu apoio á homenaxe.


Ás 16.30 dará comezo a mesa redonda coa participación do Ministro de Cultura da República de Cuba, Abel Prieto.


Ás 19.00 comezará a parte artística, que está previsto finalize por volta das 23.00 hs.


Haberá un espazo de stand políticos e de restauración.


O prezo da entrada é de 15 euros. Se non podes acudir, mais desexas apoiar económicamente o evento, tes opción a adquirir unha entrada especial de fila 0, polo mesmo prezo.


DIRÍXETE AO NOSO CORREO ELECTRÓNICO comunistasdagaliza@gmail.com para solicitar a túa entrada, ou ben amosar o teu apoio e dirixirnos o teu saúdo.




LABORAL


CIG INFORMA (AVANTAR)

A CIG-Construción denuncia un novo accidente laboral, no que morreu atropelado na N-120 un traballador, do mantemento das estradas. A federación da Construción da CIG ten denunciado en numerosas ocasións diante da Inspección de Traballo a perigosidade á que se ve exposta este persoal.

Máis de cen delegados e delegadas do sector das ambulancias concentráronse diante do centro de saúde de Tui e da oficina de Ambulancias Tui para reclamar a readmisión de tres compañeiros/as despedidos.

En “Fuertes Publicidad” a maioría do persoal cobra por baixo do salario mínimo. Federación de Servizos da CIG, denuncia o estancamento da negociación do Convénio Colectivo da Empresa.

Os bombeiros de toda Galiza participaban hoxe nunha concentración en Compostela. Reivindicaban a constitución dun Servizo Público Galego de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento, xestionado directamente pola Xunta de Galiza.

Os traballadores e traballadoras da Sociedade IVEMA LUCUS S.L., concentráronse diante das oficinas da empresa en Lugo para denunciar que levan dous meses sen cobrar e que dende o 9 de xaneiro están sen ocupación, situacion esta, xerada por “unha operación especulativa”.

Vidreira do Atlántico, S.A.rexeitaba o 24 de febreiro á noite ao Comité de Folga a reunión convocada polo Comité para o 25, ás 16:30 horas, co obxecto de tentar achegar posturas. Unha negativa fraudulenta que constitúe unha violación (mais) dos dereitos de liberdade sindical e folga dos traballadores.

Ás once da mañá máis de 300 delegados e delegadas do sector da automoción das Federacións do Metal, Químicas e Téxtil saian en manifestación polas rúas de Vigo, para mobilizarse na defensa do emprego no sector.

CUT INFORMA

Simultaneamente o Comité de Empresa de Nervión Montajes y Mantenimiento e a CUT, teñen denunciado á empresa Factoría Naval de Marín e as empresas auxiliares colaboradoras, polo incumprimento grave en materia de prevención de riscos laborais.

O día 20 de febreiro, o Secretario Xeneral da Federación Sindical Mundial (FSM), George Mavrikos, comunicou oficialmente á C.U.T. a aprobación por parte do Secretariado da FSM da afiliación da nosa central sindical á federación internacional, sendo a C.U.T. desde este momento membro de pleno dereito desta.

ACTO E CHARLA SOBRE URBANISMO EN LUGO

O xoves 26 de febreiro, na rúa República Arxentina, diante da entrada ilegal as obras da unidade actuación CS5, reivindicarase a liberación do espazo público ocupado polas obras.

Pechando as 20:30 horas, no Centro Social Lug II, cunha charla-coloquio sobre a verdade da actuación urbanística nas polémicas obras e o novo POXOM. Este acto é público e aberto a toda a sociedade.






artigo publicado en La Voz de Galicia o 21-02-09




www.parquerosalia.es

INTERNACIONAL


LABORAL


CGT INFORMA



Un cento de compañeiras e compañeiros percorremos céntricas rúas da Coruña, denunciando este intolerable despido e esixindo a readmisión do compañeiro Xurxo Gómez.
Rematamos diante da sede de R, onde deixamos moi clara a nosa mensaxe: Teimudos, persistiremos ata conseguilo.
3.000 follas informativas foron repartidas durante a manifestación e no mitin final.

CIG INFORMA (AVANTAR)

A Folga que o persoal de limpeza dos hospitais tiña convocada para o día 27 de febreiro foi finalmente retirada, tras acadar o firme compromiso da patronal ASPEL de facer efectivo o pago do segundo tramo da carreira profesional durante os vindeiros días.

O segundo día da folga dos traballadores e as traballadoras de Celsa Atlantic, en A Laracha, volveu ser un éxito cun seguimento do 100% do persoal.

Na asemblea Nacional de delegados e delegadas da CIG nas Entidades financeiras, celebrada o 18 de febreiro en Compostela analizouse polo miúdo a difícil situación laboral e económica das Entidades financeiras de cara a dar resposta sindical á precarización e destrución de emprego.

CUT INFORMA

mércores, 11 de Febreiro do 2009

O Comité de Empresa de Nervión Montajes y Mantenimiento e a CUT, teñen denunciado á empresa Factoría Naval de Marín e as empresas auxiliares colaboradoras, polo incumprimento grave en materia de prevención de riscos laborais.

O actual repunte de traballo de dita patronal, que está a empregar na actualidade a través de empresas auxiliares a máis de 700 traballadores, agravou de maneira drástica as precarias condicións de salubridade, seguridade e de prevención xa anteriormente existentes.

CCOO INFORMA



04-02-2009.- A Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Arousa critica a decisión de varias entidades financeiras de reduciren a xornada laboral do persoal subcontratado para labores de limpeza como medida de «austeridade». Para o sindicato, isto supón un duro golpe para a economía dun colectivo que recentemente participou nunha longa folga provincial para mellorar a súa situación laboral.




ANTROIDO 2009 NA REVIRA


SEXTA-FEIRA 20
20 h. Palestra: Xerardo Santomé
(Antropólogo e activista cultural)

SÁBADO 21
21:30 h_passa-ruas com
"A charanga da Revira"
22 h Festa de disfarces temática:
TELEGAITA

TERÇA 24
Concurso de Disfarces
Porra de Entruido
Degustaçom de produtos típicos das festas

SEXTA 27
Festa: Noite do Ravachol


--
http://revira.agal-gz.org
Arcebispo Malvar, 33 rés-do chao
Ponte Vedra

Acto por Palestina.Recibido do COSAL

PALESTINA H O X E

Mércoles 18 de Febreiro ás 20.30 h.

Auditorio da Caixa Galicia

Rúa Médico Rodríguez (esquina Juan Florez). A Coruña.

Conferencia por:

J u a n i R i s h m a w i

Comités de Traballo para a Saúde de Palestina

Acto organizado por:

Galiza por Palestina e Concello da Coruña

galizaporpalestina@hotmail.com


Acto da Coordenadora de Pontevedra contra a guerra




VOCES POR PALESTINA

XOVES 19 DE FEBREIRO ÁS 20.30

PRAZA DA PEREGRINA

concentración de apoio ao pobo palestino con lectura de poemas de escritores/as palestinos/as



DEFENDAMOS A NOSA TERRA DA DEPREDACIÓN CAPITALISTA

MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA
15 DE FEBREIRO ÁS 12.00

humor

proxección na Revira

Agosto de 1972.
Cárcere de máxima segurança de Rawson.
Patagónia Argentina.
O plam de fuga de mais dum cento de pressos políticos
sob a dictadura militar pom-se em marcha.
Algúns logran acadar o cercano aeroporto de Trelew,
a sua porta de escape face o Chile socialista.
O resto correrá distinta sorte.
Trelew é um ponto de quebro,
presságio do que virá
num país que já nom será o mesmo.

EXPEDIENTES SANCIONADORES PARA OITO TRABALLADORES DE ENFERBUS.

SOLIDARIEDADE COS TRABALLADORES EN FOLGA EN ENFERBUS









O Comité Executivo do PCPE -Asturies coñeceu no día de hoxe
que a empresa ENFERBUS abriu expediente sancionador, por falta
moi grave, a oito dos seus traballadores. O persoal atópase en folga
indefinida desde o pasado 2 de febreiro, reivindicando a
mellora das súas condicións laborais e a mellora do servizo.



A empresa, ademais de negarse a negociar coa representación dos
traballadores, fixou uns servizos mínimos absolutamente abusivos
(11 traballadores dunha plantilla de 24). Os traballadores, ante este intento
empresarial de romper a folga, decidiron colectivamente
non respectar os servizos mínimos, o que a empresa aproveita para
expedientar a 8 compañeiros.



O persoal de ENFERBUS sufriu o enfrontamento dos irmáns
propietarios da empresa, que foran socios e que terminaron nos
tribunais. Na base desa disputa atópase a posibilidade
de vender ao monopolio ALSA a liña de autobús que tradicionalmente
cobre ENFERBUS.



O Comité Executivo do PCPE ratifica a súa solidariedade cos
traballadores en loita e realiza os seguintes chamamentos:



- Aos sindicatos con presenza na empresa para que
estendan o conflito máis aló de ENFERBUS e organicen de inmediato
a imprescindible CAIXA DE RESISTENCIA para aguantar unha folga
indefinida. É sabido que outras empresas do sector atópanse con problemas
similares e que en ALSA está habendo problemas coa
aplicación do convenio e das conquistas dos traballadores tras
a última folga. É necesario unificar a loita do sector e colocar
no punto de mira das reivindicacións ao poder político, tanto
Concellos implicados como Goberno Asturiano.



- Aos traballadores e traballadoras para que manifesten a súa
solidariedade cos compañeiros en loita e lles fagan chegar o seu apoio.



- Á cidadanía para que reclame un servizo digno e apoie
aos traballadores en folga. O Concello de Mieres, gobernado polo PSOE
-EU, debe dar a cara de inmediato ou será cómplice da
empresa, aliñándose cos seus intereses contra os traballadores e os
cidadáns da conca mineira.



O PCPE pon ao servizo dos traballadores de ENFERBUS a capacidade
de loita de toda a súa militancia. manifestamos anteriormente que se
a empresa recorría á represión pagaría as consecuencias. chegou o momento de elevar a loita a un novo nivel de confrontación..




¡NON Á REPRESIÓN EN ENFERBUS!

¡POLA VICTORIA DA FOLGA E A RETIRADA DAS SANCIÓNS!

¡A CRISE CAPITALISTA QUE A PAGUEN OS PROPIETARIOS DE ENFERBUS!



Comité Executivo PCPE Asturies.

09- 02 - 2009.

ACTO NA CIG. AS LOITAS SOCIAIS EN MEXICO


interesante acto aberto para divulgar a situación política e social en México.

Club de opinión

FORO CÍVICO

PALESTINA:

ONDE SE PERDERON OS DEREITOS HUMANOS

Martes, 10 de febreiro de 2009, ás 19,30 horas

Centro Fonseca da Coruña (rúa Fonseca, 8)

Falarán:

Mohamed Safa

Médico oftalmólogo en Cee; ex representante en España da Organización para a Liberación de Palestina (OLP)

Marga González

De Amnistía Internacional da Coruña

Omar Contreras

De Galiza por Palestina e do Comité de Solidariedade con América Latina (COSAL)

Moderadora:

Elena García Señoráns

Avogada, da Xunta Directiva do Foro Cívico

COMUNICADO



Os comunistas da Galiza PCPE expresamos a nosa fonda repulsa pola salvaxe represión exercida sobre da contramanifestación coa que organizacions politicas e sociais expresaban o seu rexeitamento cara á convocatoria de "Galicia Bilingüe" en Compostela.
Os que din defender a “liberdade” lingüística encubren baixo esa suposta bandeira un profundo desprecio cara á cultura do noso pobo.
Un desprezo cargado dun fondo contido clasista, burgués, antiobreiro, antilabrego e acomplexado.
Polo seu uso da bandeira monárquica expresan un rancio rexeitamento da realidade plurinacional e multicultural do Estado Español, e esconxuran histéricamente o seu inexorable futuro republicáno e socialista.
O galego é a lingua do noso pobo. Toda agresión contra él é inaceptable. Todo torpe simulacro de reivindicación democrática do castelán, lingua imposta, é rexeitable. O castelán corre na Galiza un único perigo: ser percibido só como a lingua dos oligarcas e do Borbón, e non como a lingua de pobos irmáns e de Miguel Hernández.
Denunciamos a pretenza deste tipo de manifestacions a toda unha vaga regresiva e fascistizante orientada no fondo a deter o avance das loitas que están a medrar cada día contra o capital e a explotación.
A intervención policial lembra o peor da historia diste país. Denunciamos a brutal malleira sobre Carlos.
Esiximos a inmediata posta en liberdade dos detidos.


Vídeo: http://gzvideos.info/contramanifestacom-em-defesa-da-lingua/





SITIO DE SINATURAS DE APOIO A PALESTINA


SITIO DE SINATURAS DE APOIO A PALESTINA

A Rede de Redes en Defensa da Humanidade publica unha Declaracion
que esixe o cesamento da masacre en Palestina no Sitio de firmas
http://www.apoyoapalestina.org no que poden adherirse todos os que
queiran deter o xenocidio de Israel contra o pobo palestino.

Tambien poden asinar esta declaracion a traves do correo electronico:
apoyoapalestina@min.cult.cu.
Deteñamos a inxustiza!
Rede de Redes en Defensa da Humanidade

SITIO DE SINATURAS DE APOIO A PALESTINA