ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sexta-feira, 25 de dezembro de 2009

MÁIS ESCRAVITUDE: PREMIAN AOS MÉDICOS QUE NON DAN BAIXAS POR ENFERMIDADE!!




Os médicos poderían cobrar ata 1.754 euros extras por restrinxir as baixas laborais dos traballadores
O obxectivo é "conseguir a redución dos tempos medios de duración" das baixas, porque o INSS gasta entre 6.000 e 7.000 millóns de euros anuais no "uso indebido" delas.

A Seguridade Social incentivará cada mes aos médicos de atención primaria, inspectores médicos e persoal administrativo que non concedan baixas laborais.
Esta medida púxose en marcha a través de convenios colectivos coas comunidades autónomas, aos que entregará as cantidades destinadas a "premiar" aos médicos que dan as baixas. Segundo o convenio

específico asinado con Madrid o obxectivo é "conseguir a redución dos tempos medios de duración" das baixas, porque o INSS gasta entre 6.000 e 7.000 millóns de euros anuais no "uso indebido" delas.

Ata agora asináronse con Estremadura, Andalucía, A Rioxa, Galiza, Asturias, Baleares, Canarias, Valencia, Madrid e Cataluña. Os servizos de saúde autonómicos controlarán que medicos cumpriron mellor os obxectivos (é dicir, dar menos baixas) e xa que logo, que cantidade económica lles corresponde a xeito de incentivo. Este programa de redución de baixas céntrase en 14 patoloxías concretas: trastornos depresivos e neuróticos, tendinite, escordaduras, torceduras, problemas de costas...
A Comunidade de Madrid comezará a pagar o incentivo aos seus médicos de familia na nómina de decembro. Estes profesionais cobrarán en función da súa porcentaxe de cumprimento: se é do 100%, a cantidade chega aos 1.754 euros. Se é do 75%, 1.315 euros. Do 60%, 1.051 euros...E,
evidentemente non cobrarán nada se non reducen os días de baixa. O cálculo faise, segundo fontes sanitarias, centro de saúde a centro de saúde. Este 100% determinarase polo médico que máis reduza os seus días de baixa concedidos, a partir do cal determinarase a porcentaxe do resto dos seus compañeiros.


quarta-feira, 23 de dezembro de 2009

ANTE OS NOVOS EPISODIOS NA CAMPAÑA ANTICOMUNISTA EN ESPAÑA E EUROPA



Partido Comunista dos Pobos de España.
Comité Executivo




O Comité Executivo do Partido Comunista dos Pobos de España, dadas as últimas noticias relativas á vontade da Real Academia Española (RAE) de incluír o termo totalitarismo na definición do comunismo e os intentos de ilegalizar ao Partido Comunista de Bohemia e Moravia, así como outras propostas similares levadas a cabo en Romanía, Polonia e outros antigos países socialistas, DECLARA o seguinte:

A proposta dalgúns membros da RAE, responsable da elaboración do dicionario da lingua española, de incluír na definición do termo "comunismo" unha referencia ao seu carácter "totalitario" enmárcase sen ningunha dúbida na furibunda campaña anticomunista desatada polos centros ideolóxicos e políticos da burguesía, principalmente en Europa, tendente a criminalizar as ideas comunistas e a equiparalas co fascismo e o nazismo.

Rexeitamos firmemente calquera intento de vincular ou asimilar comunismo e nazifascismo, denunciamos o carácter clasista, reaccionario e inimigo da clase obreira de todos aqueles membros da Real Academia Española que promovan, apoien ou, simplemente, calen ante esta nova manobra tendente a terxiversar a historia, a difamar a construción socialista no século XX e a profundar na campaña de acoso ideolóxico contra o principal inimigo do capitalismo: o comunismo.

Nun momento no que a crise do capitalismo está demostrando os límites históricos deste sistema caduco e explotador, faise máis violenta a campaña contra as ideas comunistas que sustentaron o proceso de construción socialista levado a cabo en moitos países de Europa e o mundo durante o século XX, e cuxos logros e conquistas sociais demostraron a superioridade dun modelo que non se baseaba na explotación do home polo home. Despois de que se comprobou que o capitalismo non resolve os problemas da inmensa maioría da poboación, a burguesía non quere permitir que as ideas comunistas volvan prender a conciencia da clase obreira, e por iso desata unha salvaxe campaña nos campos ideolóxico e xurídico tendente á criminalización do comunismo.

Reivindicamos a plena validez das ideas comunistas, os procesos de construción socialista no século XX, a plena vixencia dos criterios leninistas no organizativo, no ideolóxico, o papel da clase obreira como suxeito revolucionario e o propio carácter revolucionario do proceso de liquidación do capitalismo e o establecemento do socialismo e o comunismo.

As tentativas que en España se están producindo, agora no campo ideolóxico, mañá no campo político se non respondemos coa contundencia necesaria, máxime cando xa temos o despreciable precedente das ilegalizacións de organizacións populares vascas, foron ensaiadas previamente polos gobernos burgueses de moitos dos antigos países socialistas europeos. O caso máis recente é o da República Checa, onde varios senadores, sen respectar o quorum necesario nin atender sequera á propia lexislación burguesa, solicitaron ao goberno que inicie o proceso para ilegalizar ao Partido Comunista de Bohemia e Moravia, terceira forza política do país, imitando o proceso que se seguiu fai poucos anos contra a Unión da Mocidade Comunista Checa (KSM).

O ataque contra o PCBM baséase exclusivamente na valoración subxectiva sobre a súa posición marxista, e para nós supón un ataque a todos os comunistas, a todos os obreiros, a todos os antifascistas que loitaron nese país, no noso e en toda Europa, contra o fascismo e o nazismo.

Igualmente, noutros países xa se  ilegalizaron os símbolos comunistas (Polonia, Romanía), creáronse leis expresamente dirixidas a dificultar ou criminalizar a actividade de organizacións comunistas, e todo iso co apoio das organizacións que serven ao capital monopolista europeo,  como a UE, a OSCE e o Consello de Europa, que dan cobertura ideolóxica a estes atropelos.

Ante esta situación, o Comité Executivo do PCPE fai os seguintes chamamentos:

-A iniciar todas as accións posibles de protesta e mobilización fronte ao intento da RAE de terxiversar a historia e equiparar comunismo con fascismo e nazismo.

-A levar a cabo accións de solidariedade cos comunistas checos, diante das embaixadas e consulados da República Checa en España.

-A redobrar a batalla ideolóxica en todas as frontes co fin de deixar sen efecto estes novos episodios do máis burdo anticomunismo, combatendo as posicións derrotistas, reformistas e oportunistas no seo das organizacións da esquerda, así como as manipulacións e ataques procedentes do izquierdismo e outros elementos que, con retórica supostamente "socialista", pretenden estender as posicións ideolóxicas burguesas.

Comité Executivo
Partido Comunista dos Pobos de España
22 de decembro de 2009.
*********************************************************************************************
equipo da web do

PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA


WEB: http://www.pcpe.es

sexta-feira, 18 de dezembro de 2009

51 aniversario do triunfo da Revolución Cubana. A. Fco. Villamil e consulado de Cuba


SOLIDARIEDADE COS 9 PORTUARIOS DESPEDIDOS !!


  TERMAVI,  PORTO DE VIGO
SOLIDARIEDADE COS 9 DESPEDIDOS!!

Os comunistas do PCPE chamamos  solidariedade cos catro  traballadores portuarios de carga e descarga despedidos que  levan xa máis de 20 horas en folga de fame pechados na cabina dun guindastre a 45 metros de altura.
Denunciamos á Empresa, quen, tras tentar esmagar a folga obrigando a uns servizos mínimos abusivos,  négalles a auga para beber aos traballadores en folga de fame e cortoulles xa o subministro eléctrico.

No cuarto día de Folga, que ten un masivo seguimento na empresa, os comunistas queremos amosar a nosa solidariedade cos traballadores portuarios en loita.
Semellantes abusos patronais que contan coa  complicidade administrativa requiren expresións unánimes e unitarias de rexeitamento de todos os traballadores e traballadoras. 


Teremos máis do mesmo en cada sector  da producción, en cada empresa, en cada centro de traballo, en cada territorio, se non somos quen de erguer unha resposta unitaria do conxunto da clase traballadora porriba de siglas sindicais, de distancias xeográficas, de diferentes procedencias nacionais e situacións laborais, porriba dos anacos en que quere dividirnos a Patronal

 



NON MÁIS DESPEDIMENTOS
NON Á ESCRAVITUDE LABORAL
LIBERDADE SINDICAL
UNIDADE OBREIRA: TOD@S SOMOS OS DESPEDIDOS DE TERMAVI
TOD@S SOMOS A MESMA CLASE TRABALLADORA


sexta-feira, 11 de dezembro de 2009

VIGO CON AMINATTU E CO POBO SAHARAUI












Máis de 350 persoas, sindicalistas, traballadores, artistas, xornalistas, etc.  concentráronse hoxe diante do Marco nun acto no que se deu lectura a  unha ampla listaxe de adhesións individuais e colectivas e que foi fechado por unha compañeira saharaui quen denuncióu a ignominiosa deportación da activista saharaui e as continuas agresións perpetradas polo goberno marroquí contra o seu pobo.
Os militantes do PCPE participamos no acto distribuíndo varios centos de follas chamando a organizar unha mobilización sostida e unitaria para esixir ao Goberno de España
que asuma a súa responsabilidade como antiga potencia colonizadora do Sahara Occidental e
emprenda as iniciativas necesarias na ONU que leven á culminación do proceso de descolonización.

Será a mobilización popular quen obrigue aos
gobernos marroquí e español a cancelar o seu acordo para confinar a Aminettu lonxe da súa patria.







VIDEO DE CLAUSURA DO 7º CONGRESO DOS CJC




http://www.nodo50.org/cjc/7congreso/video/video7.swf

INTERNACIONAL

 
 

Pregunta do eurodiputado do KKE, George Toussas, presentada no Parlamento Europeo.



Denuncia da campaña anticomunista orquestrada polas autoridades polacas



A prohibición dos símbolos comunistas converteuse en lei en Polonia, xa que coa modificación do Código Penal, asinada polo presidente, Lech Kaczynski, de agora en diante consideraranse ilegais. Esta é unha continuación da campaña anticomunista, que iguala o comunismo co fascismo, intenta falsificar a historia e ilegaliza todo o que lembra a construción do socialismo e as conquistas dos pobos. Este é un acto de provocación destinado a procesar a calquera persoa que ofreza resistencia e loite por un futuro mellor. O castigo por infrinxir a lei será unha multa ou un máximo de dous anos de prisión. Medidas similares foron tomadas polos nazis en toda Europa durante a Segunda Guerra Mundial e polas ditaduras fascistas en Grecia, España e Portugal. Estas medidas reaccionarias violan as liberdades fundamentais democráticas e populares e son un insulto aos sacrificios e as loitas de millóns de comunistas e traballadores que caeron en combate por derrotar ao fascismo e ao nazismo.


Pode indicar o Consello se condena esta decisión reaccionaria do Goberno polaco e, máis en xeral, a persecución dos comunistas e os traballadores en xeral?





MOVEMENTO OBREIRO




CIG INFORMA (DE AVANTAR)




Uns mil traballadores e traballadoras da sanidade concentráronse esta tarde diante do Parlamento de Galiza, en Compostela, para protestar contra a suspensión dos acordos asinados en materia retributiva e sobre as condicións de traballo. Dende a CIG-Saúde esíxese o cumprimento íntegro dos acordos e dubídase das garantías que poida achegar a administración agora para aplicar a súa nova proposta.




Diante do inmobilismo da patronal e do éxito das tres primeiras xornadas de paros, os traballadores e as traballadoras das instalacións deportivas de Galiza decidiron ampliar a folga e estendela aos días 19, 20, 21 e 22 de decembro e do 16 ao 20 de xaneiro. Os paros serán indefinidos a partir do 1 de febreiro. A convocatoria xa foi rexistrada ante a Consellaría de Traballo.




Os traballadores das ambulancias de Emersan Galicia, que atende ao hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, veñen de iniciar unha folga indefinida para reclamar á empresa que cumpra o convenio e adopte medidas reais en materia de prevención de riscos e saúde laboral. A folga, que se está desenvolvendo sen incidentes, afecta ao servizo de transporte de doentes do hospital ferrolán.




GKN Drivelines, empresa de automoción situada na Zona Franca, presentou un ERE para o 2010 de 45 días en todo ano, de libre disposición para cando a empresa precise estes dias. No 2009, con outro ERE aínda vixente, estanse a facer horas extras e denuncian que os expedientes están a ser utilizados como “ferramenta de flexibilidade a cargo do erario público”. Este expediente de regulación afectaría a un total de 766 traballadores e traballadoras desta factoría.




O Comité de Empresa da Vidreira do Atlántico e a CIG veñen de denunciar á empresa diante da Inspección de Traballo por violar o dereito de información dos traballadores/as, xa que a dirección formulou a pasada semana demanda de concurso de acredores/as no xulgado, sen notificar tal decisión á parte social. O persoal e a CIG descoñecen cales son os motivos e os obxectivos que persigue a empresa con esta medida, aínda que sospeitan que se trata dunha manobra para a liquidación da sociedade e o cesamento de toda actividade empresarial.




CCOO INFORMA




09-12-2009.- Máis dun centro de traballadores/as e delegados/as participaron esta mañá na xornada de folga no hipermercado Alcampo de Ferrol unha convocatoria realizada por CCOO, UGT e USTG contra a desregularización da xornada laboral que obriga o persoal a permanecer 10 horas nos centros de traballo nos días de mais actividade comercial como as fins de semana, pontes e festivos de apertura.




quarta-feira, 9 de dezembro de 2009

12 de decembro





Están a aproveitar a crise do capitalismo para atacar os dereitos sociais, civís e laborais da
 clase obreira; hoxe é máis necesaria que nunca unha política sindical á ofensiva que recupere 
a iniciativa dos traballadores e traballadoras. 

Tras máis de dúas décadas con perda constante de dereitos e de trasferencia de rendas 
do traballo ás do capital, non debemos aceptar que a clase obreira sexa  quen pague os
 efectos da crise capitalista. Non temos por que pactar ningún recorte máis de dereitos,
 nin asumir ningunha responsabilidade nunha crise da que nos somos responsables. 

Traballo sen contrato, incumprimento de convenios, horas non pagas, destrución de emprego
 con dereitos, embargos de vivendas, EREs e despedimentos inxustificados- esta é a realidade 
que enfronta todos os días a clase obreira e en especial a mocidade, as mulleres e 
os/as inmigrantes.
 Nada bo pode ofrecernos o capitalismo neste momento.
 Para saír da súa crise necesitan explotarnos e eliminar dereitos conquistados coa loita obreira.
 

Necesitamos unha acción sindical oposta ao pacto social que parta desta realidade e 
non da procura da súa lexitimación social na calor dos despachos das institucións e a patronal. Agora é
 momento de defendernos e non de pactar retrocesos. Non esquezamos que só na loita da clase obreira 
está a súa forza. 

A xestión que o goberno do PSOE está facendo da crise oriéntase exclusivamente a favorecer
 os intereses da grande burguesía. 160.000 millóns de euros para a banca e migallas e subida
 de impostos indirectos para unha clase traballadora con máis de 4.000.000 de parados/as e 
cun 67% dos seus membros con ingresos inferiores aos 1.000 euros ao mes. 

Agora da chistera da UE e do Tratado de Lisboa sacan a “flexiseguridade” e o “modelo alemán
 de contrato”. Ningún sindicato pode aceptar un retroceso de dereitos para a clase traballadora
 que inda porriba  se subvencione cos nosos impostos. 
Se o goberno lexisla contra os nosos dereitos, que non sexa co apoio dos sindicatos. 
O pacto social vai contra os nosos intereses e é inaceptable que se pretenda asinar no nome
 dos traballadores e traballadoras. 

É necesario situar no horizonte próximo a convocatoria dunha Folga Xeral para elevar, 
fronte ás agresións promovidas polo goberno e a patronal, a capacidade de organización e 
resistencia da clase obreira. 

Compañeiro/a, de nós/as depende que esta xornada de mobilización sindical sexa a antesala
 dunha ofensiva da clase obreira na defensa dos seus dereitos, ou que se converta nunha 
lombeirada ás direccións sindicais para pactar a paz social que tanto nos prexudica. 

Se o capitalismo non ten nada positivo que ofrecernos,
 loitemos polo socialismo. 

¡Pola recuperación do sindicalismo de clase!

¡Contra o pacto social!

¡Cara á Folga Xeral!

PCPE

ACUDE Á CONCENTRACIÓN!!


SOLIDARIEDADE CON AMINETTU HAIDAR




Partido Comunista dos Pobos de España


O COMITÉ EXECUTIVO DO PCPE REITERA A SÚA SOLIDARIEDADE CON AMINETTU HAIDAR E ESIXE AO GOBERNO ESPAÑOL QUE ASUMA AS SÚAS RESPONSABILIDADES CO POBO SAHARAUÍ





O Comité Executivo do Partido Comunista dos Pobos de España, ante os acontecementos últimos relacionados coa activista saharauí Aminettu Haidar, en folga de fame no aeroporto da illa canaria de Lanzarote, DECLARA que:



1.- Reitera o exposto na súa Declaración do 21 de novembro de 2009 de denuncia da complicidade do Goberno de España coa ditadura marroquí, así como reitera a súa solidariedade con Aminettu Haidar e coa loita do pobo saharauí


2.- O PCPE respecta e comprende a decisión de Aminettu Haidar de manterse en folga de fame ata lograr o regreso á súa patria e ao seu fogar; loitando deste xeito contra a súa deportación co único que lle deixaron, a súa propia vida.



3.- O PCPE denuncia a crueldade e a ignominia dos métodos que os gobernos, español e marroquí, están a utilizar para tentar crebar a vontade de Aminettu, abater a súa moral e vencer a súa resistencia digna e firme. O PCPE rexeita -no concreto-, calquera intento de alimentación forzada dunha persoa que realiza unha folga de fame como forma de loita consciente ante a brutal violación dos seus dereitos fundamentais. Aminettu está respondendo heroicamente á altura da magnitude da agresión recibida.



4.- O Comité Executivo do PCPE chama ao pobo a redobrar as accións de solidariedade con Aminettu Haidar e a súa esixencia de inmediato regreso ao Sahara Occidental. Será a mobilización popular quen obrigue aos gobernos marroquí e español a cancelar o seu acordo para confinar a Aminettu lonxe da súa patria.










5.- O Comité Executivo do PCPE chama a organizar unha mobilización sostida e unitaria para esixir ao Goberno de España que asuma a súa responsabilidade como antiga potencia colonizadora do Sahara Occidental e emprenda as iniciativas necesarias na ONU que leven á culminación do proceso de descolonización. O goberno Zapatero actúa dun xeito subordenado con Marrocos, en función dos intereses económicos de determinados sectores empresariais españois que son os que determinan a súa actuación nesta situación, demostrando que eses intereses económicos están porriba da defensa dos principios do dereito internacional e dos mesmos dereitos do pobo saharauí que este goberno vende de xeito miserable.

6.- Igualmente o Comité Executivo do PCPE esixe o cumprimento das resolucións da ONU sobre o proceso de autodeterminación do Sahara, todas elas incumpridas reiteradamente, tanto por España como por Marrocos.

¡Viva o Sahara libre!



Madrid 7 de decembro de 2009






segunda-feira, 7 de dezembro de 2009

domingo, 6 de dezembro de 2009

¡Ante a Crise do Capital Republica Popular!




(O 6 de Decembro- Resposta Republicana)

¡Á rúa, que xa é hora!

Traballadores e cidadáns do Estado Español, A Constitución Monárquica do 78   ENGANANOS , e faino xa desde o Artigo 1º, cando afirma que defende un "Estado Social e Democrático de Dereito". Os Republicanos dicimos ben alto, que iso é FALSO PORQUE:
Mentres  dos case 4.600.000 parados reais, é dicir, o 20% da poboación laboral, máis de millón e medio non reciben absolutamente nada e centos de miles son desafiuzados por non poder pagar a casa, o goberno entregou a banqueiros e empresarios centos de miles de millóns de euros (varios billóns de pesetas)

Cando as rendas do capital tributan 18% e as do traballo entre o 24 e o 43% As grandes fortunas fano SÓ ao 1%.

Porque as novas medidas fiscais do goberno baséanse en aumentar o IVE (un imposto que pagan, tanto os parados como os Botíns de turno) E iso prexudica principalmente aos traballadores.

Mentres o Gasto Público en Sanidade e Educación é a metade que a media da UE e a Fraude Fiscal é de mais de 1.000 Millóns de Euros,  O capital privatiza a pasos axigantados, a Sanidade e a Educación.

É FALSO, porque, mentres a Igrexa católica recibe, do diñeiro de todos, 3.800 millóns de euros ao ano para o financiamento das súas Universidades e Colexios concertados, o Custo do profesorado de relixión en centros públicos e privados superan os 550 millóns de euros e o Goberno perdoa á Igrexa católica 750 millóns de Euros ao ano en Impostos. O ensino público degrádase cada día máis e máis e isto sucede grazas ao Concordato coa Santa Sé de 1953, renovado en 1979.

Porque o 41% das pensións están baixo o limiar da pobreza E os banqueiros xubílanse aos 55 anos con tres millóns de euros ao ano.

Cando a policía detén a inmigrantes sen papeis e os hacina en Centros de Integración para Estranxeiros en condicións infrahumanas- As 10 máis grandes multinacionais españolas, lograron uns ingresos en 2008 de máis de 310.000 millóns de euros, sacados precisamente dos países de procedencia dos nosos inmigrantes.

Porque mentres que, o desembolso previsto polo Goberno para os parados, tradúcese na vergoña dos 420 euros desde o 1 de xaneiro, cun desembolso de 1.300 millóns de euros, O gasto militar, só en investimentos, será de 4.080 millóns de euros en 2009.

Ata cando imos seguir CLAUDICANDO ante unha Constitución Monárquica, que amparándose nos seus restritivos valores de "Xustiza e Igualdade", propicia:

Que a situación económica se debilite por momentos, o poder adquisitivo dos cidadáns empeore, a creación de emprego diminúa, miles de traballadores perdan os seus postos de traballo e a sinistralidade laboral sexa a mais alta da UE.

Que a Mocidade, se atope desamparada fronte á ausencia real de políticas que lles permita avanzar cara á emancipación familiar e o desenvolvemento profesional.

Que a muller, continúe incansablemente reclamando e loitado pola igualdade real cos homes.

Que mentres decenas de miles de fusilados republicanos seguen nas cunetas, continúen sen anularse as sentenzas dos tribunais fascistas, grazas á inoperante Lei da Memoria Histórica.

Que os cárceres estean cheos de pequenos delincuentes, e os grandes ladróns, banqueiros, especuladores e gangsters campen ás súas anchas por bolsas, consellos de administración, desfiles e actos oficiais.

Ou que os grupos de extrema dereita, herdeiros xenéticos e políticos da Ditadura criminal, sigan actuando con total impunidade,

Ata cando imos seguir AGUANTANDO unha Constitución Monárquica, que amparándose no seu imperativo "Ordenamento Xurídico", ten un Rei que: O é por designación de Franco, que xurou defender os Principios do" Movimiento Nacional " fascista e que por iso non xurou a Constitución.

Un rei que cando volveu do exilio, onde a República mandou á súa familia, chegou sen patrimonio algún e hoxe está entre as 20 primeiras fortunas de Europa, a quen ninguén controla os seus ingresos e que non paga impostos por eles.

Un rei ao que estes "pequenos detalles" non lle impiden que sexa o Xefe Supremo dun Exército, cuxos compoñentes, do mesmo xeito que os dos altos tribunais, a policía, a garda civil e as altas esferas das administracións,  non sufriron depuración algunha, a pesares de ser o sostén da Ditadura durante 40 anos.

Ata cando imos seguir SOSTENDO unha Constitución Monárquica, que amparándose no seu peculiar modo de entender o "Pluralismo Político":

Nega o Dereito de Autodeterminación dos Pobos e designa ao exército como garante da unidade da patria.

Impide calquera representación política á esquerda abertzale e ás decenas de milleiros de persoas ás que representa, que pecha periódicos e radios e encarcera por centos aos vascos e vascas pola súa actividade política, procesados por tribunais especiais como a Audiencia Nacional, herdeira do fascista Tribunal de Orde Pública, todo baixo unha ditatorial Lei de Partidos, que coarta a liberdade de expresión coma nos anos fascistas dos 70.

Propicia un auténtico Estado de excepción en Euskal Herria no que se practica, segundo denuncian a ONU e Amnistía Internacional, a tortura de forma xeneralizada. Un Estado de excepción, no que por exemplo, un xoven pode ser condenado a 16 anos de cárcere por queimar un caixeiro, continuando nela desde fai xa mais de seis, mentres o xeneral Rodríguez Galindo, xefe do GAL e condenado a 71 anos de cárcere polos asasinatos de Lasa e Zabala, só cumpriu catro e agora as súas memorias, son superventas nas librerías.

As Organizacións Republicanas que convocamos esta Manifestación do 6 de Decembro, estamos convencidas de que todos estes atropelos sustentan nunha estrutura de poder político, económico, militar, policial, xudicial e mediático que mantén os seus alicerces intactos desde a Ditadura e que encabeza o rei.

  Malia os lavados de face das institucións cos que intentan enganarnos, cada día é máis evidente, que os pobos non temos poder algún e que en momentos de crises, cando os grandes poderes económicos seguen a exibir beneficios e reciben diñeiro público a mancheas, aproveitan para espremer á clase obreira e sectores populares aínda máis e máis.

Se seguimos a contemplar pasivamente o que nos pasa e agardando unha imposible salvación individual, imos chegar a condicións laborais de semiescravitude, coa sanidade e a educación para quen a poida pagar e cunha represión e coartación das nosas liberdades, sen freo.

As Organizacións Republicanas da COORDINADORA REPUBLICANA DE MADRID loitamos por unha saída democrática e popular á crise económica, por unha alternativa non capitalista e afirmamos que SI HAI SAÍDA á CRISE, sempre que se produza un máis xusta repartición do traballo e a riqueza.

E dicímosvos que xa é hora de que todas e todos fagamos o  aquel: "Á RÚA QUE XA É HORA!" Para esixir:

· Protección social plena e de emprego para todas e todos os parados.

· Reforma fiscal, para que paguen máis os que máis teñen.

· Nacionalización da Banca e dos sectores estratéxicos da economía.

· Creación de emprego público de calidade. Vivendas para todos.

· Axudas e moratorias a parados e rendas baixas.

· Educación e sanidade públicas e de calidade. Non ao financiamento da sanidade privada con diñeiro público.

· Eliminación do Concordato coa Santa Sé. Plena separación Igrexa/Estado.

· Saída da OTAN, desmantelamento das bases e regreso das tropas no exterior.

· Amnistía para os presos políticos.

¡FRONTE Á CRISE DO CAPITAL: REPÚBLICA POPULAR!

¡POLO DEREITO DE AUTODETERMINACIÓN DOS POBOS!

¡POLA DERROGACIÓN DA LEI DE PARTIDOS!

¡POR UN ESTADO LAICO!

¡NON á CONSTITUCION MONARQUICA DO 78!

¡POLA III REPUBLICA!

Decembro de 2009

COORDENADORA REPUBLICANA DE MADRID

ASINAN O Manifesto:

AGRUPACION REPUBLICANOS DA ZONA SUR DE MADRID

ARCO (AGRUPACIÓN REPUBLICANA DE COSLADA)

ASEMBLEA CONTRA A GLOBALIZACIÓN CAPITALISTA E A GUERRA

ASEMBLEA DE ALCORCÓN POLA III REPÚBLICA

ASOCIACIÓN PABLO DA TORRIENTE BRAU

ATENEO REPUBLICANO DE CARABANCHEL

ATENEO REPUBLICANO DE LEGANÉS

ATENEO REPUBLICANO DE VALLEKAS

ATENEO REPUBLICANO DE VILLAVERDE

CAES

CAUM

CO.BAS

COLECTIVO 26 DE XULLO

COLECTIVOS DE XÓVENES COMUNISTAS (CJC)

COORDENADORA ANTIFASCISTA DE MADRID

COORDENADORA ESTATAL DE SOLIDARIEDADE CON CUBA (MADRID)

COORDENADORA SINDICAL DE MADRID (CSM)

CORRENTE VERMELLA

INICIATIVA COMUNISTA

EU-MECO

ESQUERDA CASTELÁ

MOCIDADE COMUNISTA DE ESPAÑA (MARXISTA-LENINISTA) (JCE(M-L))

MUP-REPUBLICANOS (AREVALO)

MUP-REPUBLICANOS (ELXE)

PARTIDO COMUNISTA DE ESPAÑA
PARTIDO COMUNISTA DE ESPAÑA (MARXISTA-LENINISTA) (PCE(M-L))

PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA (PCPE)

PARTIDO DOS TRABALLADORES DE ESPAÑA (PTE-ORT)

PLATAFORMA DE CIDADÁNS POLA REPÚBLICA

REDE DE MUNICIPIOS POLA TERCEIRA REPÚBLICA

UNIÓN DE MOCIDADES COMUNISTAS DE ESPAÑA (UJCE)

UNIÓN PROLETARIA
UNIDADE CIVICA POLA REPÚBLICA

sábado, 5 de dezembro de 2009

6 de Decembro. República, Traballo e Socialismo






A crise e a monarquía, para a oligarquía

A crise capitalista segue a castigar ás economías familiares, arruinando pequenas empresas e deixando no paro a millóns de traballadores. Mentres, a Constitución de 1978 cumpre un novo aniversario como gardiá dunha monarquía que se enriquece a costa do orzamento público e dunha clase política ocupada na súa rutineira corrupción.

O Partido Comunista dos Pobos de España, na perspectiva do socialismo, traballa pola apertura dun proceso constituínte republicano que permita unha rexeneración política e unha democracia plena na que as decisións e dirección política, económica e social sexan tomadas por e en beneficio da maioría traballadora.

A crise sistémica do capitalismo e a súa corrupción estrutural teñen caldo de cultivo na monarquía parlamentaria parida polo franquismo. A liquidación da institución monárquica, o libre exercicio do dereito á autodeterminación dos pobos, a democratización da xudicatura e do ensino, a creación de medios de comunicación veraces e plurais, así como a mellora das condicións de vida e traballo da clase obreira son parte da proposta republicana, da alternativa democrática.

A unidade do movemento republicano e a mobilización son necesarias para seguir avanzando.

A crise que a paguen os ricos

Queremos democracia, queremos a República!!
 
 

quinta-feira, 3 de dezembro de 2009

INTERNACIONAL


camisolas SOS MASSÓ

A organización do Morrazo, Salvemos o Salgueirón
http://salvemososalgueiron.blogaliza.org/
pon á venda, ao módico prezo de 8 euros, a camisola que se ve nas imaxes (parte dianteira e traseira).
interesadas/os contactar:
salvemososalgueiron@gmail.com

sos disnteira.JPGsos disnteira.JPG
558K   Visualizar   Baixar  
traseira sos.JPGtraseira sos.JPG
547K   Visualizar   Baixar  

Crise financeira explicada de xeito sinxelo




Heidi é a propietaria dun bar en Berlín. Como é natural, quere aumentar as vendas, e decide permitir que os seus clientes, a maioría dos cales son alcohólicos no paro, beban hoxe e paguen outro día. Vai anotando nun caderno todo o que consomen cada un dos seus clientes. Este é un xeito como outro calquera de lles conceder préstamos.
Moi axiña, grazas ao boca a boca, o bar de Heidi empézase a encher de máis clientes.
 Como os seus clientes non teñen que pagar no momento, Heidi decide aumentar os beneficios subindo o prezo da cervexa e do viño, que son as bebidas que os seus clientes consomen en maior cantidade. A marxe de beneficios aumenta vertixinosamente.


 Un empregado do banco máis próximo, moi emprendedor, e que traballa de director na sección de servizo ao cliente,decátase de que as débedas dos clientes do bar son activos de alto valor, e decide aumentar a cantidade do préstamo a Heidi. O empregado do banco non ve ningunha razón para preocuparse, xa que o préstamo bancario ten como base para a súa devolución as débedas dos clientes do bar.


 Nas oficinas do banco os directivos converten estes activos bancarios en "bebida-bonos","alco-bonos" e "vomita-bonos" bancarios. Estes bonos pasan a comercializarse e a mudar de mans no mercado financeiro internacional. Ninguén comprende en realidade que significan os nomes tan raros deses bonos; tampouco entenden que garantía teñen estes bonos, nen sequer se teñen algunha garantía ou non.
 Pero como os prezos seguen a subir constantemente, o valor dos bonos sobe tamén constantemente.


 Con todo, aínda que os prezos seguen a subir,  un día un asesor de riscos financeiros que traballa no mesmo banco (asesor ao que por certo despiden decontado por mor do seu pesimismo) decide que chegou o momento de demandar o pago das débedas dos clientes do bar de Heidi.


 Pero, desde logo, non poden pagar as débedas.


 Heidi non pode devolver os seus préstamos bancarios e entra en bancarrota.


Os "bebida-bonos" e os "alco-bonos" sofren unha caída dun 95% do seu valor. Os "vomito-bonos" van lixeiramente mellor, xa que só caen un 80%.
As compañías que fornecen ao bar de Heidi, que lle deron longos prazos para os pagos e que tamén adquiriron bonos cando o seu prezo empezou a subir, atópanse nunha situación inédita. O provedor de viños entra en bancarrota, e o provedor de cervexa ten que vender o negocio a outra compañía da competenci
 O goberno intervén para salvar ao banco, tras conversas entre o presidente do goberno e os líderes dos outros partidos políticos.


 Para poder financiar o rescate do banco, o goberno introduce un novo imposto moi elevado que pagarán os
abstemios.
.¡Por fin! ¡Unha explicación que entendo!

terça-feira, 1 de dezembro de 2009

CAMPAÑA ESTATAL DO PCPE CONTRA A CRISE E A ESCRAVITUDE CAPITALISTAS







A crise estructural, que hoxe sacude ao senil capitalismo mundial, está a ser xestionada polos partidos do sistema coa colaboración do reformismo de esquerdas -, contra a clase obreira e os sectores populares. Axudas ilimitadas para o capital, e 420 euros para o pobo traballador. A patronal despide, rebaixa salarios, sobreexplota, e o pretexto da crise servelle para aumentar as súas ganancias levando á clase a unha situación de auténtica escravitude.
A reduccción dos dereitos da clase obreira é unha das estratexias principais do capital para tentar procurar unha saída á crise. Nese camiño -tras máis dun ano de crise capitalista declarada-, o capital destrúe emprego masivamente e impón unha rebaixa brutal dos salarios.
O 63% da poboación activa do país gaña hoxe menos de mil euros ao mes!!
Por outra banda o capital ten no recurso á guerra a outra válvula de escape na situación de crise.
Así o goberno Zapatero aumenta a presencia de mercenarios españois por todo o planeta, especialmente no Afganistán que é o que ordena o imperialismo ianqui; e aumenta o gasto militar dun xeito permanente.
Todas estas estratexias contan co manto protector da monarquía borbónica, para evitar calquera conflicto social que pretenda modificar o actual estado de cousas.
A CLASE OBREIRA TEN QUE SE ERGUER
A resignación -ou a “confianza” en que o sacrificio do pobo vai server para que o capitalismo volva a recompor a súa situación e regrese ás condicións de forte crecimento económico de anos atrás -, non serve para nada e levaríanos á derrota por unha longa etapa histórica.
A clase obreira ten que se erguer e loitar.
Para que a crise capitalista a paguen os ricos, e non os traballadores, é necesario que o pobo se dote dunha proposta política á medida dos seus intereses, e dunha estructura organizativa que dirixa a súa loita con seguridade cara á vitoria. Por elo hai que impulsar amplas plataformas unitarias contra a crise capitalista e, ao tempo, reforzar a presencia do Partido Comunista como vangarda organizada da clase. Esa é a proposta do PCPE.
O noso programa político frente á crise ten os seguintes eixos principais:
- Nacionalización da banca.
- Non ás privatizacións, retorno dos sectores públicos privatizados
- Nin unha vivenda hipotecada para a banca. Moratoria total en situación de paro.
- Seguro de paro indefinido.
- Protección social para as familias sen traballo.
- Nin unha soa rebaixa nos dereitos adquiridos.
- Non ao gasto militar. Non á participación na guerra imperialista.
- Non á subida dos impuestos ao pobo. Expropiación das grandes fortunas xa.
- Salario mínimo interprofisional de mil euros..
- Pola unidade da clase obreira internacional. Ninguén é inmigrante.
Para facer avanzar esta proposta hai que unir á clase obreira e trazar unha estratexia de debilitamento e destrucción dos mecanismos que permiten hoxe a explotación do pobo sen límites.
Frente á cumplicidade total da monarquía coa oligarquía parasitaria, a República será o novo marco no que a defensa dos intereses do pobo traballador será máis efectiva. Por un período Constituínte Republicano. Polo dereito de autodeterminación dos pobos. Por unha república de carácter confederal e socialista.
Vivimos unha etapa histórica que nos levará á sociedade socialista como única saída posible para a humanidade frente á barbarie dun capitalismo senil e en descomposición. Organizar hoxe á clase traballadora para abrir ese camiño cara ao socialismo, como formación histórica superior ao capitalismo onde o pobo sexa o grande beneficiario, é xa unha tarefa de todos os días, e canto antes a comecemos mellor.

A "MARABILLOSA" QUEDA DO MURO




Jorge Cadima

O Diario.Info

Muros, mortos e mentiras



«O adeus ao comunismo? Provocou um milhão de mortos». O título não é duma publicação comunista. É dum jornal do grande capital italiano, o Corriere della Sera (9.11.09), que noticia um estudo de professores de Oxford e Cambridge, publicado na conceituada revista médica britânica The Lancet. «Baseados nos dados da Unicef, de 1989 a 2002» os autores afirmam que «as políticas de privatização em massa nos países da União Soviética e na Europa de Leste aumentaram a mortalidade em 12,8% […] ou seja, causaram a morte prematura a um milhão de pessoas».




«Morreu-se mais lá onde se adoptaram as “terapias de choque”: na Rússia, entre 1991 e 1994, a esperança de vida diminuiu em 5 anos». Conclusões de estudos anteriores foram ainda mais gravosas. Como escreve o Corriere della Sera, «A agência da ONU para o desenvolvimento, a UNDP, em 1999 contabilizou em 10 milhões as pessoas desaparecidas na telúrica mudança de regime, e a própria UNICEF falou em mais de 3 milhões de vítimas». Foi para celebrar estes magníficos resultados que o estado-maior do imperialismo se reuniu em Berlim, com pompa, circunstância e transmissões televisivas infindáveis, numa comemoração de regime dos 20 anos da contra-revolução a Leste.




O balanço da restauração do capitalismo é ainda mais grave. Mesmo sem falar no sofrimento dos vivos a Leste – o alastrar de pobreza extrema, dos sem-abrigo, da prostituição, da toxico-dependência ou a emigração em massa para sobreviver – os efeitos das contra-revoluções de 1989-91 fizeram-se sentir em todo o planeta. As «terapias de choque» dum imperialismo triunfante e ávido de reconquistar as posições perdidas ao longo do Século XX tornaram-se uma mortífera realidade global, e tiveram em 2008 o seu corolário inevitável: a maior crise do capitalismo desde os anos 30. Uma escalada de mortíferas guerras foram ao mesmo tempo desencadeadas pelo imperialismo, liberto do contrapeso dos países socialistas. Muitas centenas de milhares de mortos (mais de 650 mil só no Iraque, segundo outro estudo publicado em 2006 na Lancet) são o fruto «da queda do Muro» no Golfo, na Jugoslávia, no Afeganistão, no Iraque, no Líbano, na Palestina, e agora no Paquistão – para não falar das agressões «menores».




E foram acompanhadas pelo «Gulag» de prisões secretas dos EUA espalhadas por todo o mundo, no qual desaparecem milhares de pessoas raptadas e torturadas por um sistema de repressão acima de qualquer controlo. Os dirigentes do «mundo livre» que se juntaram, ufanos, em Berlim, são todos responsáveis por este banho de sangue e repressão. Podem mostrar-se de cara simpática e tratarem-se amigavelmente por Hillary, Angela, Nicolas, Bill, Tony ou «porreiro, pá». Mas das suas mãos escorre o sangue e sofrimento de milhões de pessoas em todo o planeta – de Peshawar a Guantanamo (que continua aberta), de Abu Ghraib às Honduras (que continua sob controlo dos golpistas e a indiferença da comunicação social «democrática»), das «maquiladoras» mexicanas aos campos de refugiados palestinos (que continuam – há 60 anos – à espera do seu Estado).
Pelo «Gulag» democrático-ocidental passou Khalid Shaikh Mohammed, que vai agora a julgamento nos EUA, acusado de ser o responsável primeiro do 11 de Setembro (mas não era o Bin Laden?). Segundo o New York Times (15.11.09) «foi submetido 183 vezes à técnica de quase afogamento chamada 'waterboarding'». O jornal afirma que ele também se diz responsável «por uma série de conspirações» como «tentativas de assassinato do Presidente Bill Clinton, do Papa João Paulo II e as bombas de 1993 no World Trade Center».
Mais um afogamento simulado e confessaria também ser responsável pelo aquecimento global e o sumiço de D.Sebastião em Alcácer-Quibir. Mas atente-se na vida do acusado: paquistanês, criado no Kuwait e diplomado por uma universidade americana viajou, após os estudos «para o Paquistão e o Afeganistão, a fim de se juntar aos combatentes mujahedines que, nessa altura, recebiam milhões de dólares da CIA para lutar contra as tropas soviéticas» (NYT, 15.11.09). Afeganistão hoje ocupado e onde «segundo responsáveis da NATO […] um terço dos polícias afegãos são toxicodependentes» (Sunday Times, 8.11.09). Admirável mundo novo que a «queda do Muro» pariu!

quarta-feira, 18 de novembro de 2009

A VIOLENCIA CONTRA A MULLER NON É COUSA DUNS CANTOS DESALMADOS

  Un ano máis a violencia patriarcal goberna e malogra a vida de miles e miles de mulleres cuxo único delito consiste en ser unha muller nunha sociedade dividida en xéneros e en clases sociais, onde o benestar xeral non constitúe o principal dereito fundamental, e onde se ditan leis, integrais, ordes de afastamento e créanse xulgados especiais, incapaces de mellorar a situación.

Pero este ano, ademais, o Estado róubanos 160.000 millóns de euros que entrega aos bancos, mentres as mulleres agredidas necesitan vivendas, axuda económica e contratos laborais, que non chegan porque non hai orzamento. Os servizos públicos son privatizados e as mulleres volven cargar con todo o traballo familiar porque non hai orzamento. O paro, os eres e os recortes salariais xeran unha enorme violencia social, que se volve contra as mulleres porque son consideradas inferiores, dependentes e ao servizo das necesidades dos demais.

E se as mulleres na sociedade capitalista e patriarcal son inferiores aos homes, gañan un 30 por cento menos, fan dobre xornada laboral, encárganse das tarefas menos gratificantes, son consideradas obxectos sexuais pola industria do cine e os medios de comunicación e non participan nas organizacións políticas porque non se ven representadas; quen pode crer na igualdade real entre homes e mulleres? Para que serven os xulgados e as leis se na vida real todo está organizado para a división sexual e a desigualdade entre xéneros?

Xa ninguén pode crer que o Estado español, os distintos gobernos do PSOE e do PP, ou a antidemocrática monarquía designada polo réxime fascista (todos eles moi patriarcales) teñen un verdadeiro interese en solucionar a violencia de xénero, porque pretenden acabar coa violencia sen tocar as causas que a procrean: división sexual do traballo, explotación da muller polo home, dobre xornada laboral, menor salario feminino, privatización dos servizos públicos, imaxe denigrante da muller na industria do cine e na publicidade, modelo familiar sexista, paro e supeditación do interese colectivo ao beneficio privado e ao capital.

Por todo iso, o Partido Comunista dos Pobos de España e os Colectivos de Xóvenes Comunistas denuncian a violencia patriarcal contra as mulleres nunha sociedade onde son tan inferiores ao home como o traballo ao capital, e fan un chamamento ao conxunto da clase traballadora para que esixan do goberno soluciones eficaces.

O PCPE e os CJC saen á rúa este 25-N con bandeiras e megáfono, porque a loita contra o patriarcado desde posicións de clase non se deixa encaixonar en concentracións silenciosas, intimistas e sentimentais, senón que require a organización política das mulleres pola súa liberación.

¡LOITA FEMINISTA CONTRA

A VIOLENCIA PATRIARCAL!

Partido Comunista dos Pobos de España
Colectivos de Xovenes Comunistas
www.pcpe.es www.cjc.es

quinta-feira, 12 de novembro de 2009

A CORUÑA: FESTIVAL DE SOLIDARIEDADE CO POBO PALESTINO

GALIZA POR PALESTINA

O Venres 27 e o Sábado 28 de Novembro, celebrarase o Festival de Solidariedade co POBO PALESTINO no Salón de Actos do Centro Cívico dos Mallos, sito na Avenida de Arteixo, 147- Baixo - A Coruña.
PROGRAMA:
Venres:
                        18:00 hrs. Inauguración Exposición do fotógrafo palestino Hindi Meshle.                             18:30 hrs. Pallasos en Rebeldía “Os 7 Magníficos”.      
                        19:30 hrs. Té e Pastas  Árabes.
                        20:30 hrs. Documental  “Masi:Trashi q Trashi”                  
Sábado:
                        19:00 hrs. Pallasos en Rebeldía “Peter Punk
                        20:30 hrs. Documental de Alberto Arce  “Erased, wiped off the map”.


Apartado 2083  -   15080 A Coruña


OS RECHEIOS MATAN À RÍA

MANIFESTAÇOM





Que baixo o lema






Massó, Bouças, Areal, Teis, Chapela...:


OS RECHEIOS MATAN À RÍA



Terá lugar em Vigo o próximo sábado




14 de Novembro ás 19:00 horas


Desde a Praça dos Cabalos (Gram Via)




à Praça da Estrela (Autoridade Portuária)





Convoca: A RÍA NON SE VENDE

    Apoiam:  PLATAFORMA EN DEFENSA DA ENSEADA SAN SIMÓN,

                    CONFRARIA DE MARINHEIROS DE CANGAS

sábado, 7 de novembro de 2009

PARABÉNS AO PARTIDO DOS XÓVENES COMUNISTAS DA FEDERACIÓN RUSA

NO DÍA DO 92 ANIVERSARIO DA GRANDE REVOLUCIÓN SOCIALISTA DE OUTUBRO 






QUERIDOS CAMARADAS: OS MILITANTES COMUNISTAS DA SIBERIA FELICITAMOSVOS POLA GRANDE REVOLUCIÓN SOCIALISTA DE OUTUBRO. HAI 92 ANOS OCORREU UN FEITO HISTÓRICO DA MAIOR IMPORTANCIA. O 7 DE NOVEMBRO FOI A PRIMEIRA REVOLUCIÓN SOCIALISTA VICTORIOSA. ELA EMPURRÓU CARA ADIANTE AO MOVEMENTO OBREIRO INTERNACIONAL. ELA ACELEROU O AVANCE DA LOITA REVOLUCIONARIA DE LIBERACIÓN. ELA AMOSOU AO MUNDO O CAMIÑO DO FUTURO SOCIALISTA DOUTROS PAISES E NACIÓNS.

NO ANIVERSARIO DESE DÍA GLORIOSO, DESEXAMOSVOS O MAIOR ÉXITO EN ACADAR O ESPLÉNDIDO TRIUNFO DAS IDEAS COMUNISTAS NO MUNDO ENTEIRO!
CON SAÚDOS COMUNISTAS,
OS XÓVENES DO PARTIDO COMUNISTA DA FEDERACIÓN RUSA(Zheleznodorozhnyj Rajkom, Novosibirsk).

Dear Comrades!
Siberian communist activists congratulate you on the anniversary of the Great October Socialist Revolution!
92 years ago happened a historic event of great importance. On 7 November 1917 occured the first victorious socialist revolution. It has pushed forward the international labor movement. It has accelerated the progress of revolutionary and liberation struggle. It has shown the world a way to the socialist future of other countries and nations.

On the anniversary of that glorious day, we wish you every success in achieving a splendid triumph of communist ideas in the whole world!

With communist greetings,
the young of CPRF (Zheleznodorozhnyj Rajkom, Novosibirsk).

SOMALIA. A DISPUTA POLOS ALIMENTOS SE MILITARIZA ESPAÑA E A UE AVANZAN NA SÚA PRESENZA MILITAR PERMANENTE NO ÍNDICO

Partido Comunista dos Pobos de España.


COMUNICADO DO COMITÉ EXECUTIVO DO PCPE

A DISPUTA POLOS ALIMENTOS SE MILITARIZA

ESPAÑA E A UE AVANZAN NA SÚA PRESENZA MILITAR PERMANENTE NO ÍNDICO



A intervención militar española -xunto á doutros países da UE-, no Océano Índico, ten a finalidade de dar protección militar ao espolio dos recursos pesqueiros somalíes por parte das flotas pesqueiras europeas. Non existen convenios internacionais para a realización desta actividade pola flota pesqueira vasca, non existe compensación económica para Somalia, e, ademais, non se aplica ningunha limitación á avaricia das flotas pesqueiras europeas que utilizan todo tipo de artes -ilegais noutras zonas- que esquilman os recursos mariños da zona, pondo en grave perigo a súa capacidade de reprodución e sostemento.



Ao tempo, a UE aproveita para instalar a súa presenza militar no occidente africano, nunha zona de importantes recursos estratéxicos -e de tránsito imprescindible do 60% do petróleo mundial-, que son disputados polas distintas potencias imperialistas. Nesa mesma liña expansiva Francia instalou recentemente unha nova base militar en Abu Dhabi.



O Goberno Zapatero foi un entusiasta impulsor desta estratexia militar no Índico, e desde o primeiro momento en que se iniciou a campaña de propaganda sobre esta cuestión  aprestóuse a desprazar varias unidades da armada á zona. Esta acción está coordinada co PNV como representante dos armadores vascos que saquean estas augas do Índico fronte a Somalia. E tivo o apoio de todo o Parlamento español.



Recentemente, e superando todo o feito ata agora, o Goberno Zapatero autorizou -e ademais cofinancia- a presenza de mercenarios privados nos barcos pesqueiros utilizando armamento de guerra, cuxa avanzada é a empresa de seguridade do fascista José Luís Roberto, dono e dirixente do partido/empresa España 2000



Xa que logo o Goberno español recorreu a instalar corsarios na zona, como estratexia de xestión dos intereses económicos que representa.



Ademais do saqueo pesqueiro, son numerosas as denuncias que acusan da realización de todo tipo de verquidos tóxicos no Índico , mesmo os de tipo nuclear.



Esta actuación das flotas pesqueiras, que rouban os recursos do litoral africano, esténdese a todas as costas do continente; cunha participación destacada das pesqueiras españolas -entre elas, e en primeiro lugar, PESCANOVA. As consecuencias inmediatas deste roubo son o empobrecimento das poboacións pesqueiras ribeiregas e a destruición do seu precario sistema económico de vida. Eses pescadores empobrecidos son quen protagonizan estas accións contra quen lles rouban o que lles pertence.



Tamén a UE asinou con Marrocos, en varias ocasións, acordos pesqueiros carentes de toda lexitimidade desde o punto de vista internacional. Así as empresas pesqueiras españolas participan neste ilegal saqueo do banco pesqueiro en augas saharauís.



A retención do Alakrana é consecuencia lóxica de toda esta liña de intervención. O PCPE expresa a súa solidariedade ás familias dos pescadores nestes momentos tan difíciles para elas polo risco para a vida da tripulación; mentres os armadores só arriscan unha redución das súas ganancias.



Cando se invade, róubase e destrúense os recursos dun país -neste caso, ademais, moito máis débil que o agresor- é normal que a súa poboación recorra a calquera estratexia de defensa da súa soberanía.



Neste caso o Goberno Zapatero, querendo gañar posición na cadea imperialista mundial, secuestra a dous somalíes en augas internacionais e monta unha parodia de xuízo coa que pretende emular as accións do imperialismo ianki en Guantánamo. Neste caso o mono non é laranxa senón branco, pero se utilizan as mesmas técnicas de secuestro, inmovilización, illamento sensorial e negación da lexitimidade de quen se enfrontan ao roubo e á invasión militar das augas da súa soberanía.

Estas posicións aventureiras finalmente vólvense na súa contra, e o Goberno atópase nun calexón sen saída nun proceso de negociación no que terminará cedendo en todo o que di que non cederá como posición de principio, ante a presión social produto da preocupación pola vida da tripulación do Alakrana. O custo político da perda de vidas nesta situación o goberno, neste momento, non está disposto a asumilo.



A solución a esta situación pasa por:



1.- A finalización inmediata de todos a labores pesqueiros que non estean sometidos á legalidade internacional e que non respecten o dereito internacional marítimo.



2.- O cesamento da vertedura de todo tipo de lixos e residuos nas augas litorais africanas.



3.- O establecemento de convenios económicos voluntarios -baseados no principio do beneficio mutuo- sobre a base do recoñecemento da soberanía dos países africanos sobre os seus recursos materiais.



4.- A renuncia do Goberno de España á súa estratexia imperialista como recurso para tratar de manter o decadente proceso de acumulación capitalista.



O Comité Executivo do PCPE chama á mobilización da clase obreira e dos sectores populares para esixir que estas medidas sexan aplicadas inmediatamente polo Goberno Zapatero.




¡Polo internacionalismo proletario, fin ao saqueo do continente africano, fóra as tropas e as armadas europeas do Índico!

¡Pola soberanía e a autodeterminación dos pobos africanos, fin ás políticas neocoloniais!

¡Viva Somalia libre de inxerencias imperialistas!

sexta-feira, 6 de novembro de 2009

UNHA VISIÓN ANTIIMPERIALISTA DOS "PIRATAS" DA SOMALIA

OS "PIRATAS" DERON AFASTADO DA COSTA AOS GRANDES BARCOS INTERNACIONAIS QUE DEPREDABAN E SAQUEABAN, ESGOTÁNDOOS, OS CALADOIROS DA SOMALIA

VISIONA ESTE VÍDEO:


domingo, 1 de novembro de 2009

REVOLUCIÓN SOCIALISTA, ONTE E HOXE

Acudide a este acto que conmemora o 92 aniversario da Revolución Socialista de Outubro dirixida por Lenin e os bolcheviques.


Pan, paz, traballo, abaixo a guerra imperialista de rapiña, fora os ministros capitalistas, foron demandas dos traballadores e dos comunistas en outubro de 1917 que hoxe recobran candente actualidade, no escenario da crise capitalista e do endurecimento da dictadura do capital contra o traballo.
Esperamos que a charla e o debate sexan do teu interese. Intervirán membros da dirección central do PCPE.
a charla, que leva por título """""Revolución Socialista, onte e hoxe", será o sábado 7 de novembro en vigo, sargadelos (r/urzáiz 17), ás 18.00 horas.

Difunde esta convocatoria. imprime un cartel e pégao no teu centro de traballo, de estudos, no bar do teu barrio ou da tua aldea. saúde e ate o día 7.