ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 14 de junho de 2011

PCPE LIBERDADE PARA OS CAMARADAS ASTURIANOS!



Comité Executivo
O PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA ESIXE A LIBERDADE INMEDIATA E
SEN CARGOS DOS SEUS MILITANTES DETIDOS EN ASTURIAS
JOSÉ IVAN FERNÁNDEZ, MEMBRO DO COMITÉ CENTRAL, E VANESA GARCÍA
RODRÍGUEZ FORON DETIDOS ESTA TARDE POLA BRIGADA POLÍTICO-SOCIAL NO
LOCAL DO PARTIDO EN CANDÁS




Na tarde deste martes, día 14 de xuño, presentáronse varios policías de paisano na sede do
PCPE en Candás, e, sen mediar explicación algunha, levaron detidos a Vanesa García
Rodríguez e a José Iván Fernández, este último é membro do Comité Central do PCPE.
Ao estilo da brigada político-social da anterior ditadura acudiu un numeroso grupo de policías
secretas, en dous vehículos, que requiriron aos dous membros do Partido e leváronos presos,
sen que mediase explicación algunha, e sen que puidesen tan sequera informar a outra persoa
que tamén se atopaba no local nese momento.
Esta actuación policial vén ser unha expresión máis da liña de acoso que os corpos de policía
desenvolven contra a actividade política do PCPE, e dos seus militantes. Responde a unha
intencionalidade política de tratar de impedir a actividade política do Partido, que confronta
directamente cos intereses da ditadura do capital, a oligarquía e os aparellos do estado que os
protexen. Esta acción, ademais, realízase nun momento en que o goberno da socialdemocracia
impulsa a nova reforma laboral que trata de liquidar os dereitos da negociación colectiva, e que
quere colocar á clase obreira aos pés da patronal.
Ningún acoso, por violento que este sexa, impedirá a continuación da actividade política do
PCPE á beira da clase obreira en loita polo socialismo e o comunismo. Calquera ataque nesta
situación non fai máis que crecer a moral de loita do Partido, e a súa determinación de enfrontar
estas accións co apoio do pobo e da clase.
O PCPE esixe a liberdade inmediata dos seus dous membros, sen cargos de ningún tipo.
O PCPE denuncia a actuación das forzas policiais da ditadura do capital, actuación que -unha
vez máis- pon de manifesto o carácter de clase do estado e dos seus aparellos de represión.




¡LIBERDADE INMEDIATA PARA VANESA E IVÁN!
¡ALTO Á REPRESIÓN DO COMUNISMO!


Martes 14 de Xuño p. m.