ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 18 de setembro de 2008

BOLIVIA VENCERÁ



Respondendo á convocatoria do Comité Bolivariano de Solidariedade, preparatoria dunha Xornada de Solidariedade con Bolivia prevista para mañá sábado 20 a partir das 17 horas na Praza da Constitución de Vigo, Comunistas da Galiza PCPE acudíu a rolda de prensa celebrada onte, xoves 18, e deu lectura ao seguinte

COMUNICADO


Camaradas.

Parece evidente que o equipo de bandidos que, baixo a presidencia de Bush, gobernou a primeira potencia do Mundo sementando guerras, agresións, humillacións e catástrofes nos cinco continentes, quere inflamar a rexión latinoamericana antes de deixar o mando o próximo 5 de xaneiro.

Os monopolios estadounidenses reprochan a Bush que non impediu o avance de gobernos independentes, democráticos e antimperialistas en Centroamérica, Sudamérica e o Caribe, que cuestionan seriamente a hexemonía militar, política, comercial e cultural estaodunidenses.

E Bush responde a este reproche impulsando conspiracións por todas partes, pondo en marcha a cuarta flota, estimulando a agresividade do narco réxime colombiano e ameazando con invasións e agresións.


Os procesos emancipadores de América Latina require a máxima solidariedade dos progresistas de todo o mundo, e en particular de Europa occidental, á vez que os agresores de Wáshington e os seus axentes latinoamericanos deben ser illados e tratados como o que son: como criminais, golpistas, agresores e fascistas.

Hoxe a prioridade é a solidariedade co goberno de Evo Morales, cos sindicatos, partidos e movementos sociais democráticos de Bolivia en grave perigo pola agresión fascista de que son obxecto.

Tamén o presidente Chávez e a Venezuela bolivariana merecen unha solidariedade activa. Hai que esixir á Unión Europea que cese no seu apoio ao narco réxime de Uribe e ás oposicións terroristas de Venezuela e Bolivia

O momento é grave. Os pobos vencerán.


Quim Boix
Responsable de Relaciones Internacionais
CC do PCPE
Partido Comunista dos Pobos de España