ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

segunda-feira, 29 de setembro de 2008

Manifestacións en Italia para defender aos migrantes



Manifestacións en Italia para defender aos migrantes

O Gabinete italiano aprobou o martes unha serie de medidas que dificultan a obtención do status de refuxiados e o dereito a permanecer en Italia a quen buscan asilo. Tamén endureceu as regras para os familiares de migrantes que buscan unirse aos seus parentes que xa están no país. As medidas son parte dunha iniciativa do Goberno de centro dereita contra os e as migrantes sen papeis. O Goberno italiano de forma repetida fai declaracións que vincula directamente aos migrantes coa delincuencia. Grupos de dereitos humanos e asociacións civís expresaron a súa preocupación de que o paquete de seguridade poida incentivar o racismo e a xenofobia.

As medidas coinciden coas mortes, nos últimos días, de varios migrantes en Nápoles a man da mafia e o asasinato dun mozo africano en Milán. Varias manifestacións producíronse en Italia para protestar pola persecución cara ás persoas migrantes neste país.