ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 3 de setembro de 2008

crise alimentaria no mundo e os precios do leite na galiza

"cesta da compra:os alimentos xa custan cinco veces máis do que gañan os productores", e "Galicia ten xa case 1300 núcleos de poboación sen un só habitante"(da Voz de Galicia 3-9-08)



CRISE ALIMENTARIA E OS PREZOS DO LEITE NA GALIZA
A crise rural é universal, dáse en todos os continentes.
É o modelo económico neoliberal
de produción intensiva o que a acelerou
(PAUL NICHOLSON, COORDENADOR EN EUROPA DO MOVEMNETO SOCIAL VÍA CAMPESINA)
Algúns analistas estiveron culpando exclusivamente aos agrocombustibles, á crecente demanda mundial ou ao arrequecemento global da actual crise alimentaria. Pero en realidade, esta crise tamén é resultado de moitos anos de políticas destrutivas que socavaron as producións nacionais de alimentos, e obrigaron aos agricultores/as a producir cultivos comerciais para compañías multinacionais e a comprar os seus alimentos das mesmas multinacionais (ou a outras?) no mercado mundial.
Nos últimos anos houbo un proceso intensivo e permanente de concentración e centralización
das empresas que actúan e controlan todo proceso produtivo da agricultura mundial.
Concentración é o concepto utilizado pola economía política para explicar o movemento que
fan as grandes empresas, para aglutinar, acumular e constituírse en grandes grupos. Así, en cada
rama de produción vaise xerando unha situación de oligopolio, onde unhas poucas
empresas controlan tal sector. O segundo movemento do capital é a centralización, no que
unha mesma empresa pasa a controlar soa varios sectores de produción, ás veces mesmo sen
relación entre si. Eses dous movementos lóxicos do capital, foron complementados no sector
agrícola cun proceso de internacionalización do control do mercado e do comercio a nivel
mundial. É dicir, algunhas empresas pasaron a actuar en todos os países e a controlar o
mercado a nivel mundial.
Este modelo agrícola, que chamamos como agronegocio, é o matrimonio das empresas
transnacionais cos grandes propietarios de terras. Nel non hai espazo para a agricultura
familiar, campesiña. Non hai espazo para o traballo agrícola. Pois usan alta tecnoloxía.
As contradicións dese modelo perverso afloraron con rapidez. O prezo dos alimentos
disparouse, froito da especulación do capital financeiro nas bolsas e o control oligopólico do
mercado polas empresas. Os alimentos están cada vez
máis contaminados polo uso intensivo de pesticidas. E o agro-negocio non logra producir
alimentos sans, sen herbicidas. Só a agricultura familiar e campesiña o da feito.
Tratase dunha disputa histórica entre dúas formas de producir alimentos. Unha que busca só
o lucro, mesmo envelenando a natureza e os seus produtos. E a outra que se orienta á
produción de alimentos saudables como un dereito de toda a poboación.
As políticas neoliberais que se implementaron nos últimos 30 anos en todo o mundo conduciron a unha deterioración xeneralizada do sistema agrario. Mesmo o o desmantelamento do sistema agrario galego non é unha excepción; ocorre en xeral, en todo o mundo. Nuns sitios de forma máis acentuada e noutros menos, pero houbo un proceso de deterioración das condicións da produción agraria, deterioración da rendibilidade da produción agraria e, xa que logo, abandono progresivo da produción agrícola e gandeira de forma moi xeneralizada. Destrucción do rural, emigración e esvaciamento de pobos e aldeas enteiras foi a consecuencia entre outras desta ruina e proletarización do pequeno productor agrogandeiro galego a grande escala.

En Europa veñen pechando cada ano 200.000 pequenas explotacións agrarias familiares, unha cada tres minutos. Milleiros de medianos
agricultores foron eliminados a través da Política Agraria Comunitaria;
O Tratado da UE, que foi rexeitado polo voto dos pobos francés e holandés baixo
a denominación de “Constitución Europea”, e recentemente polo pobo Irlandés, prepara un novo ataque aos intereses populares e no concreto un ataque xeral contra os labregos e as súas forma de gañarse a vida, posto que a
concentración da terra, da produción, do procesamento e a comercialización dos produtos agrícolas
en mans dos grupos monopolistas é unha opción estratéxica a favor do capital da UE e contra os
pequenos e medianos agricultores e gandeiros.
A UE non pode reformarse en beneficio
dos traballadores, pois é un instrumento dos monopolios para gañar máis a costa dos traballadores e dos pobos.
Unha proposta progresista para resolver os graves problemas e doenzas dos productores da terra, de quen garanten co seu duro labor que tod@s comamos e que os nosos nenos tomen leite, pasa por:

· O apoio ao desenvolvemento agrícola coa creación de cooperativas de produción para os
propietarios de explotacións pequenas e medianas.
· Unha produción agrícola que sirva en primeiro lugar á autosuficiencia alimentaria , dando
prioridade á produción gandeira que facilite produtos baratos e sans. Ademais ha de cubrir
as necesidades da produción industrial nacional ao fornecer material agrícola de seu, protexer o
medio ambiente e revitalizar as zonas rurais.
· A programación da economía popular é condición necesaria para establecer un vínculo entre
a produción agrícola e a industrial, e tamén e sobretodo para a reestructuración do tecido social rural, esnaquizado pola depauperación da nosa producción agrogandeira, proletarizado, arruinado e espallado na emigración interior e exterior.
Os prezos desprezables que paga Leyma aos e ás produtoras non poden ter apoio e soporte institucional, tampouco a tolerancia dos nosos gobernos. Os gobernos central e autonómico non poden continuar de costas a esta sangrante realidade mentres o ministro de industria compadece ás promotoras en crise e se precipita a axudalas cos cartos de todas a “sairen da crise” que xeraron eles, os ricos e os especuladores.
Apoiemos as mobilizacións convocadas polo Sindicato labrego Galego.
A CRISE CAPITALISTA, QUE A PAGUEN OS RICOS