ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 30 de setembro de 2008

memoria antifascista



O diario dixital "Rebelión" publica hoxe o texto da homenaxe a Baena: http://www.rebelion.org/noticia.php?id=73509

Tamén está publicado na nosa páxina www.asemblearepublicana.org


Lembranza dos 6 da Ponte do Regueiro

A Asociación "Comisión pola memoria Siñor Afranio" da Estrada e a Comisión pola Memoria de Vila
garcía, convocan un acto de lembranza dos feitos producidos o 9 de outubro de 1936, cando foron "paseados" 6 cidadáns provenientes de Concellos da contorna e o enterro dos seus cadáveres nunha foxa común no cemiterio local.

Estas persoas son Severino García Teijeiro, José Domingo González Boullosa, Juán Bacariza Sánchez, Ramón Muíños Lorenzo, Manuel Guillán Abalo e Jesús Froiz Gómez.

O pobo da Estrada, e nomeadamente persoas de releve como o crego Nicolás Mato Varela (quen impediu que foran enterrados no monte) e o xuíz Fermín Bouza Brey (quen esixiu explicacións e responsabilidades á Garda Civil), amosaron un comportamento exemplar fronte este crime e aínda que as vítimas non son deste concello, é un feito histórico que compre lembrar para honra da dignidade dun municipio coma este que manifestou a súa solidariedade e apoio aos represaliados nun momento de especial perigo para calquera que así expresase estes sentimentos humanitarios.

Os actos a celebrar o día 9 de outubro serán a sinalización do lugar onde foron inmolados os 6 na Ponte do Regueiro, ás 19:30 h.. O descubrimento dunha lápida na foxa común onde están enterrados no Cemiterio da Estrada ás 20:00 h. E un acto público no Teatro Principal no que intervirán familiares das vítimas (Leonor Guillan de Barrio y Rosalia Gonzalez Genova) e o profesor Manuel Igrexas, quen recuperou a historia destes feitos.


Para máis información:
http://www.blogoteca.com/autoestrada/