ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 31 de dezembro de 2008

GAZA.DETEÑAMOS O XENOCIDIO

Concentración o venres 2 de xaneiro en Vigo
Fronte aos bombardeos cos que o exercito de Israel provocou, polo momento, a morte de 360 palestinos e máis de 1600 feridos, así como a destrución de infraestruturas civís, e coa ameaza presente dunha invasión militar terrestre do territorio palestino de Gaza, diversas organizacións sociais, sindicais, políticas, estudantís, veciñais, feministas e ecoloxistas CONVOCAMOS a toda a cidadanía de Vigo e bisbarra a unha concentración fronte ao MARCO, o vindeiro venres 2 de xaneiro a partires das 20h.

Para esixir a fin inmediata deste masacre coa que Israel tan só pretende o exterminio do pobo palestino, así como para reclamar o cumprimento das resolucións emitidas polas Nacións Unidas a respecto da cuestión palestina. Solicitamos así mesmo sancións internacionais contra do estado de Israel, polo seu reiterado incumprimento dos mandatos da ONU, e tendo en conta que os bombardeos contra obxectivos civís, están tipificados como crimes de guerra pola IV Convención de Xenebra.

CONVOCAN:


- Asociación Galiza por Palestina.
- Galiza Nova
- Comités (CAE+CAF)
- Confederación Intersindical Galega (CIG)
- Bloque Nacionalista Galego (BNG)
- Marcha Mundial das Mulleres
- Federación de Asociación Veciñais "Eduardo Chao"
- Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
- Movemento polos Dereitos Civís (MpDC)