ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

segunda-feira, 29 de dezembro de 2008

FEDERACIÓN SINDICAL MUNDIAL CON PALESTINA


ao: Secretario Xeral das Nacions Unidas Ban Ki-moon
Cc: ás organizacións internacionais e medios de comunicación de masas

Honorable Secretario Xeral,
en nome da Federación Sindical Mundial condenamos o brutal ataque da forza aérea israelí contra os palestinos na Franxa de Gaza. A brutalidade do exército israelí ata agora produciu 250 mortos e 750 feridos a maioría dos cales son civiles e nenos.
O que está a pasar é un CRIME. Esiximos que a agresividade israelí, que é una ameaza constante contra a paz no sur-leste do Mediterráneo pare inmediatamente. Expresamos a nosa solidariedade ao heroico pobo palestino e a sua loita. Esiximos a evacuación de todas as tropas israelíes de todo o territorio árabe.
As administracións EE.UU, UE e OTAN son grandemente responsables por proporcionar cobertura á política da administración israelí. Este é o caso agora , polo que tamén son socios no crime.
O pobo palestino ten dereito á loita polo recoñecemento do seu lexítimo dereito a ter o seu Estado independente con Xerusalén oriental como capital. Esta loita é sagrada e lexítima e necesita do apoio de toda a humanidade progresista.
A FSM siempre do lado desta loita esixe a inmediata intervención das Nacions Unidas e chama a todo o movimento sindical internacional a apoiar aos palestinos.

O secretariado
Atenas 28 de decembro 2008