¡NON Á DIRECTIVA DAS 65 HORAS! ¡POLA CALIDADE DE VIDA E O EMPREGO!
Novamente, chegan malas noticias desde Bruxelas. O Parlamento Europeo vai discutir estes días a Directiva sobre Horarios de Traballo. Con ela, ábrese a posibilidade de que os Estados da Unión Europea estendan a semana laboral desde o máximo actual de 48 horas, ata as 65.
A Directiva tamén introduce o concepto de "tempo inactivo", é dicir, aquela parte da xornada laboral na que o traballador/a está no seu posto de traballo, pero non ten unha tarefa concreta para realizar. Este concepto, por oposición ao de "tempo activo", será equivalente a tempo non traballado, aínda cando o traballador estea preparado e disposto, esperando por unha tarefa. Isto é un claro ataque aos dereitos laborais e ao sentido común.
Pero o certo é que á mocidade traballadora hai moito que as directivas reaccionarias procedentes da Unión Europea deixaron de sorprendernos. Desde os CJC levamos moito tempo denunciado o seu carácter monopolista e oligárquico. De feito, a entrada na Unión Europea supuxo nos 80 a destrución do tecido industrial do Estado Español e, desde hai 7 anos, a perda da nosa soberanía monetaria. Estes son dous dos factores que ante unha situación de crise como a actual, agravan e afunden aínda máis a fráxil economía española.
Agora queren que os e as traballadores paguemos a crise capitalista. Non só expulsan á man de obra inmigrante coa vergoñenta Directiva de Retorno; non só humillan aos pobos de Europa mobilizando grandes porcentaxes do PIB como donativo para o capital financeiro; senón que agora tamén queren facernos traballar 65 horas á semana.
A alternativa é a organización e a loita. Só a clase obreira e a mocidade unida, cohesionada e mobilizándose nas rúas será capaz de protexer os seus propios dereitos. Debemos reivincidar a calidade de vida e o dereito ao traballo, especialmente agora que a cifra de parados supera os 3 millóns. Neste sentido, os CJC comezamos en novembro unha campaña para organizar á mocidade fronte á crise. A mocidade somos un dos sectores máis golpeados pola crise capitalista: máis paro, máis precariedade e menos dereitos.
Aínda que é certo que o Estado Español lidera os rankings de temporalidade e peor remuneración xuvenil en Europa, a situación de crise é xeral e debemos expor respostas de alcance europeo. Neste sentido, os CJC adherímonos á proposta continental que o Partido Comunista de Grecia (KKE) e a Mocidade Comunista de Grecia (KNE) expuxeron ás organizacións comunistas e obreiras de Europa, en apoio das mobilizacións de traballadores contra a Directiva das 65 horas.
¡NON Á DIRECTIVA DAS 65 HORAS!
¡EN DEFENSA DA CALIDADE DE VIDA!
¡POR UNHA EUROPA DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS!
¡POR UNHA EUROPA DOS POBOS!
Comité Executivo dos CJC (Colectivos de Xóvenes Comunistas)
--
Unir á mocidade, organizar a revolución
www.cjc.es