ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 10 de dezembro de 2008

SOLIDARIEDADE CO POBO GREGO. RESOLUCIÓN


PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA

COMITÉ EXECUTIVO

O Comité Executivo do Partido Comunista dos Pobos de España, diante da recente vaga de mobilizacións e disturbios en Grecia, ocasionados tras a morte dun mozo de 15 anos a mans da policía ateniense quere expresar o seguinte:

-a nosa total solidariedade co movemento xuvenil e estudantil grego organizado, que se mobilizou masivamente nos últimos días, declarando folgas nos centros escolares de todo o país e chamando a reforzar a convocatoria de folga xeral do mércores 10 de decembro.

-o noso pleno apoio ao Partido Comunista de Grecia (KKE) e á Mocidade Comunista de Grecia (KNE) polo éxito das mobilizacións de onte luns, en liña coa concepción dos comunistas dun movemento popular e obreiro que loite de xeito organizado e que poña en crise a violencia estatal contra a clase obreira, o pobo traballador e a mocidade.

-a nosa coincidencia cos camaradas do KKE e a KNE na análise das causas subxacentes neste episodio de violencia policial e estatal, cando se reprime ao pobo para ocultar a situación de crise estrutural de capitalismo e se pretende dificultar o avance do movemento obreiro e popular organizado e situado en clave de superación da dominación capitalista.

-o noso total apoio e os nosos maiores desexos de éxito á folga xeral convocada para mañá mércores 10 de decembro en toda Grecia por PAME e o movemento sindical clasista grego contra as medidas anticrisis do goberno dereitista de Nova Democracia.


Ante a situación actual do país, o PCPE pon a disposición do KKE todos os seus medios para expor as causas destas mobilizacións e a súa proposta política e organizativa á clase obreira e sectores populares españois, a modo de aplicación práctica do internacionalismo proletario que debe rexer as relacions entre partidos comunistas e países irmáns.


Madrid, 9 de decembro de 2008

Comité Executivo do PCPE.