Partido Comunista dos Pobos de España.
Comité Executivo
RESOLUCIÓN DO COMITÉ EXECUTIVO DO PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA
O SIONISMO ASASINA COA COMPLICIDADE DA COMUNIDADE INTERNACIONAL
¡VIVA A LOITA DO POBO PALESTINO!
Os brutais crimes do estado de Israel do día de onte -co asasinato de máis de duascentas persoas e moita máis feridas-, son a continuación da súa política xenocida contra o pobo palestino que loita heroicamente polos seus dereitos nacionais, pola soberanía sobre o seu territorio e por un estado palestino con capital en Xerusalén e o retorno de todos os desprazados.
Estes crimes son continuación do cerco establecido á zona de Gaza durante meses, que somete á poboación palestina a todo tipo de carencias, impedindo mesmo a entrada da axuda humanitaria das axencias internacionais así como o funcionamento do sistema sanitario e os abastecementos fundamentais para a supervivencia como electricidade e outros servizos básicos.
O sionismo actúa con toda impunidade, coa complicidade especial dos EE. UU., que unha e outra vez fan uso do seu dereito de veto para impedir unha condena consecuente do estado de Israel e os seus crimes na ONU. O recentemente elixido presidente, B. Obama, segue a mesma liña dos anteriores e tampouco condena estes crimes.
Pero tamén a Unión Europea é igualmente cómplice destes crimes por non facer unha condena inmediata dos mesmos, por manter acordos económicos preferentes co estado de Israel, e por colaborar cos servizos secretos israelís en multitude de tarefas.
O Comité Executivo do PCPE esixe ao goberno español a inmediata condena destes crimes, o seu pronunciamento contra todas as políticas criminais do estado de Israel contra o pobo palestino, o seu pronunciamiento contra a construción do muro que realiza o sionismo e contra o roubo de terras, oliveiras e auga que supón a construción dese muro.
O Comité Executivo do PCPE esixe a inmediata ruptura de relacións do estado español co estado de Israel, a retirada da súa representación diplomática e a promoción ante a ONU da máis radical resolución de condena por estes crimes.
Se o goberno de Rodríguez Zapatero non actúa deste xeito o Partido Comunista dos Pobos de España considera a este goberno cómplice do terrorismo de estado israelí e dos seus crimes en Gaza e contra todo o pobo palestino. Ante un goberno deslexitimado democraticamente o pobo organizado ha de responder para contestar a ignominia das políticas de estado.
O Comité Executivo do PCPE fai un chamamento a todas as organizacións sociais e políticas do país para organizar a máis ampla mobilización de apoio ao pobo palestino e de rexeitamento e condena aos crimes do sionismo.
Para rematar o Comité Executivo do PCPE manifesta todo o seu apoio ao pobo palestino na súa loita heroica, ofrécelle todo o seu apoio material e político para organizar a loita do pobo polos seus obxectivos irrenunciables, así como o seu apoio incondicional á súa estratexia de loita ata a vitoria total.
¡VIVA A LOITA HEROICA DO POBO PALESTINO!
¡VIVA PALESTINA LIBRE!
Madrid a 28 de decembro de 2008.