ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sexta-feira, 25 de setembro de 2009

CAMPAÑA DE BOICOTE AOS PRODUCTOS PESCANOVA

ADEGA esixe que a Xunta de Galiza cumpra a lei e convoque unha mesa de participación pública cos distintos sectores implicados na problemática do Plano Acuícola (administración, veciñanza afectada, concellos, asociacións de protección do ambiente e patronal acuícola) co obxectivo de realizar unha planificación sectorial participativa e sustentábel que teña “garantías de futuro”. As últimas decisións adoptadas polo goberno da Xunta e as sentenzas e recursos xudiciais sobre os planos acuícolas de 2005 e 2007 amosan que esta planificación sectorial está dando “paos de cego”, fomentando a inseguridade xurídica, polo que cómpre establecer criterios serios e sustentábeis para acadar o consenso dos sectores implicados.
  O caso de de Quilmas (Carnota) Como exemplo da falta de criterios e inxustiza na planificación acuícola hai que citar o exemplo do pobo de Quilmas. O pobo de Quilmas, con 200 habitantes ten unha piscifactoría de rodaballo de 25.000 m² que pretende ampliarse a 250.000 m², ocupando as terras de cultivo e pechando o acceso de Quilmas á súa costa. Como resposta, os veciños e veciñas de Quilmas constituiron, con apoio da propia administración, a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa que cultiva e comercializa produtos horta e froita ecolóxicos en 20 hectáreas de terreo, na zona na que Stolt Sea Farm pretende ampliar a súa piscifatoría. A ampliación desta instalación (reiteradamente denunciada por verteduras contaminantes) destruirá terreos e cultivos, estragando os empregos e derramando os beneficios que está a xerar a cooperativa. No entanto, e pesar de Núñez Feijóo aludíu a criterios sociais e ambientais para retirar 4 proxectos, as reivindicacións dos veciños de Quilmas non foron escoitadas. Agora, a Xunta vai quitarlles os terreos e o modo de vida aos veciños para beneficiar a unha empresa privada. Que entenden entón o Sr. Feijóo e a Sra. Quintana por impacto ambiental e social?   Touriñan como símbolo na conservación da natureza De entre os proxectos acuícolas que nunca deberan ser nen sequera considerados polo seu alto impacto ambiental está o de cabo Touriñán. Unha análise minimamente seria e rigorosa do proxecto de Touriñán debería concluir cunha Declaración de Impacto Ambiental negativa: 350.000 m² de cemento e plástico non poden ser compatíbeis coa conservación dos hábitats prioritarios terrestres e mariños presentes en Touriñán. Este proxecto exemplifica a submisión da política aos intereses de empresas sen escrúpulos que só pretenden o seu lucro a costa de estragar o ambiente e xerar atraso económico e social. E o goberno galego, por boca do seu Presidente, afirma sen rigor científico ningún que o macroproxecto acuícola de Touriñán non ten impacto ambiental algún. Como e posíbel tanta ignorancia, soberbia a prepotencia nun responsábel público? Tamaña irresponsabilidade é inadmisíbel e merece unha resposta firme, contundente e pacífica da cidadanía en defensa da lei e do noso patrimonio, para esixir a retirada do proxecto de cabo Touriñán. Touriñán é un símbolo da irracionalidade do Plano Acuícola: improvisación, destrución do ambiente e vulneración das leis e dos dereitos dos cidadáns.   Boicote a Pescanova Cómpre que os cidadáns demostren aos políticos e empresarios sen escrúpulos, que as súas accións provocan rexeitamento e van ter consecuencias. Entre as medidas que podemos tomar para obrigarlles a repensar o o desastroso proxecto de Touriñán, ADEGA propón o boicote aos produtos do Grupo Pescanova. Os boicotes son unha forma de protesta pacífica promovidos polos precursores do ecopacifismo dos que temos bo exemplo en Mahatma Gandhi, quen acuñou o termo “resistencia non violenta”, para boicotar os produtos británicos en 1915 e loitar polos dereitos do pobo hindú. Esta sinxela acción pode ser practicada por calquera persoa para esixir á dirección de Pescanova e ao goberno galego a retirada do proxecto de piscifactoría en Touriñán: a os primeiros doeranlle os cartos e aos segundos, os votos.   Baixa o cartaz para rotular os produtos de Pescanova nos supermercados:



http://www.adega.info