O 1 de outubro comezarán as protestas na residencia “Mapfre-Quavitae” en Compostela
Traballadoras e traballadores das Residencias Privadas da Terceira Idade mobilizaranse contra a perda de dereitos que pretende impor a patronal na negociación colectiva. As medidas de presión, apoiadas pola CIG-Servizos e CC.OO, comezarán o 1 de outubro na residencia “Mapfre-Quavitae” (San Lázaro-Compostela), ás 11:30 horas.
Mentres, a patronal pretende aumentar a eventualidade, aplicar un incremento salarial dun 0´5% máximo, impedir a asistencia do persoal aos exames médicos da sanidade pública, denegar o crédito horario sindical a un membro da mesa negociadora do convenio, cambiar o cobro da antigüidade….Mentres, o volume de negocio nos servizos privados sanitarios sobe anualmente case un 6%
Desde marzo, pola crise da automoción, os traballadores e traballadoras Do Centro Especial de Emprego Garevol estaban afectados por un ERE de suspensión, que ampliaron en agosto dous meses máis para buscar unha saída empresarial. O xoves 17 de setembro a empresa convocou ao Comité de empresa para informar da súa vontade de levar adiante un ERE de extinción para fechar esta fábrica.
Máis de 300 delegados e delegadas da CIG da comarca de Vigo mobilizáronse diante do hospital de Povisa para demandar a readmisión da delegada da CIG e portavoz do Comité de folga, Consuelo Martínez.
Abafante presenza de antidisturbios, con identificacións, mesmo a medios de comunicación, e unha constante presión sobre as convocantes.
·
Hoxe luns 28, as mobilizacións do sector leiteiro seguen a ser levadas adiante polas gandeiras e gandeiros d´A Terra Chá. Ás 12:30hrs. da mañá, xuntabanse nunha leira situada a 3kms. de Vilalba, á beira da LU-541 en dirección Lugo. Parroquia de Noche.