ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

segunda-feira, 28 de setembro de 2009

O POBO HONDUREÑO ENFRÓNTASE AO EXERCITO GOLPISTA NAS RÚAS





A utilización indiscriminada da forza contra o pobo hondureño  recruécese nos últimos días.

As forzas represivas utilizan gases tóxicos (gas amoníaco e acedo nidrinico) contra a poboación que resiste coa seguridade da vitoria.

A embaixada do Brasil,onde se atopa o presidente Zelaya continua rodeada polos militares golpistas, illada e con cortes de luz. Zelaya denunciou plans golpistas para allanar a embaixada e asasinalo, facéndoo parecer un suicidio.

Prodúcense mortes, e as desaparicións chegan ata aos hospitais onde atenden aos feridos.

As detencións ilegais son masivas, 400 persoas atópanse retidas nunha instalación deportiva.

O goberno de Zapatero, do mesmo xeito que outros gobernos europeos, utiliza o discurso para condenar o golpe, pero na práctica non se toman medidas eficaces contra os golpistas, a viaxe que a vicepresidenta fixo o pasado Agosto a Costa Rica non tiña ningún interese pola liberdade do pobo hondureño, a prioridade da súa visita respondía á presión dos empresarios españois, que invisten na rexión, para reactivar o Acordo de Asociación con Centroamérica, suspendido tras o golpe en Honduras.

Algúns gobernos mesmo retoman a proposta do imperialismo norteamericano que reclama volver ao plan de mediación de Costa Rica, onde golpistas e goberno electo tiñan o mesmo tratamento.


A mobilización de solidariedade coa resistencia popular en Honduras é urxente, o Partido Comunista Dos Pobos de España fai un chamamento a saír ás rúas, participar en concentracións e marchas.


-Esiximos ao goberno de Zapatero contundencia nas medidas contra o goberno golpista de Fonduras. A prioridade é o pobo e non o mercantilismo empresarial.

-Denunciamos o silencio mediático da resistencia do pobo hondureño , o tratamento parcial e selectivo das noticias relacionadas co golpe de estado en Honduras.


A loita do pobo hondureño contra os militares golpistas polo restablecemento constitucional e a asemblea constituínte tamén é a nosa loita.


Comisión Antiimperialista do CC do PCPE