ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sexta-feira, 25 de setembro de 2009

Chamamento conxunto dos Partidos Comunistas e Obreiros de Europa ante o novo referendo irlandés


Solidariedade co voto irlandés polo NON


O rexeitamento do Tratado de Lisboa polo pobo irlandés no referendo que se celebrou o ano pasado, así como o rexeitamento previo de Tratados e a Constitución da UE por outros pobos en varios estados membros da UE, creou grandes dificultades aos gobernos e a unha serie de forzas políticas que serven aos monopolios, así como á UE, esta unión interestatal imperialista que ten os intereses do gran capital como forza motriz.

Por tal razón, négase a aceptar o resultado da votación popular. Bruxelas, co apoio dos partidos políticos burgueses de Irlanda, obriga aos irlandeses a votar novamente, coa esperanza de poder intimidarlles e forzarlles a cambiar a súa decisión .

O Tratado de Lisboa, como anteriormente os Tratados de Maastricht e Niza, consolida e reforza a estratexia imperialista da UE en favor dos intereses do capital monopolista.


Este tratado, en particular,


*

Reforza o carácter militarista da UE, reforza os poderes do Alto Representante para Política Exterior, e establece unha colaboración máis estreita coa OTAN e os EE.UU.
*

Limita os dereitos soberanos dos estados membros e recoñece a supremacía do Dereito comunitario sobre o nacional.
*

Elabora novas políticas para a explotación dos traballadores e a demolición dos dereitos laborais e sociais, como continuación das sentenzas do Tribunal de Xustiza da Comunidade Europea nos casos Vaxholm, Laval, Ruffert e Luxemburgo baseadas en disposicións de tratados anteriores .
*

Suprime o dereito de veto en 50 sectores para beneficio dos países poderosos da UE, aumentando tamén a forza do voto relativo dos estados máis grandes.
*

Reforza decisivamente as competencias policiais e represivas a nivel central e en cada estado membro por separado, na dirección de crear unha única política europea de orde interior e seguridade.
*

Restrinxe e golpea fortemente os dereitos e liberdades políticas individuais e colectivos, e inclúe a loita contra as ideoloxías "radicais" no paquete "antiterrorista" da UE.
*

Reforza o papel internacional de rapiña e ameaza da UE nas súas relacións cos países en desenvolvemento, ditando as condicións do comercio e a política económica e a apertura dos seus recursos á explotación polas multinacionais europeas.
*

Socava máis aínda a capacidade dos estados membros de tomar decisións independentes e soberanas en asuntos crave de carácter social, político e económico, polo cal, calquera referencia á tradicional "Política irlandesa de neutralidade" queda desposuída de significación práctica.

As forzas obreiras e populares son agora máis conscientes do feito de que a UE non ten nada que ver cos intereses dos pobos. É unha Unión do desemprego e do subemprego, da abolición dos dereitos laborais e a seguridade social, da conxelación dos salarios e pensións, da mercantilización da saúde, o benestar social, a educación e a cultura. Os pobos de Europa acumularon unha experiencia ao terse demostrado na práctica que a UE e os seus tratados non só non constitúen un escudo contra a crise capitalista, senón que pola contra, reforzan os beneficios do capital que provoca a crise.


Os Partidos Comunistas e Obreiros de Europa expresamos a nosa solidariedade co pobo irlandés e instámoslles unha vez máis, a oporse decididamente á antidemocrática e antiobreira dirección inherente á UE, a rexeitar o militarismo da UE e a ameaza á paz e os dereitos dos pobos que ela representa. Instámoslles a desafiar os ultimátums da UE, a non crer nas promesas de regulacións, melloras e "protocolos sobre o respecto dos dereitos máis aló do tratado" que non mudan o carácter reaccionario do tratado.


Facemos un chamamento aos traballadores dos Estados membros da UE:


*

A mostrar a súa solidariedade activa co pobo irlandés.
*

A apoialo mediante mensaxes de solidariedade e en calquera outra forma, xa que esta é unha loita común e o seu resultado terá consecuencias para os traballadores de toda a UE.


A Europa das multinacionais pechou filas tras as forzas do "si". Nós, Partidos Comunistas e Obreiros, chamamos aos traballadores a pechar filas e solidarizarnos coa clase obreira irlandesa e as outras forzas populares do país.

Facemos un chamamento ao pobo irlandés a tensionar as súas forzas e votar NON unha vez máis e dar o golpe decisivo que marcará o rexeitamento ao tratado reaccionario. Este resultado colocará novos obstáculos ao ataque da UE imperialista e dará un novo impulso ás loitas da clase obreira e os sectores populares pobres en toda Europa.


Os Partidos


Partido Comunista de Bielorusia

Partido do Traballo de Bélxica

Partido Comunista Obreiro de Bosnia Herezegovina

Partido Comunista Británico

Novo Partido Comunista Británico

Partido Socialista Obreiro de Croacia

Partido Comunista en Dinamarca

Partido Comunista de Dinamarca

Partido Comunista de Estonia

Partido Comunista de Finlandia

Partido Comunista de Grecia

Partido Comunista Obreiro Húngaro

Partido Comunista de Irlanda

Partido Obreiro de Irlanda

Partido Socialista de Letonia

Partido Comunista de Luxemburgo

Novo Partido Comunista dos Países Baixos

Partido Comunista de Noruega

Partido Comunsita de Polonia

Partido Comunista Portugués

Partido Comunista da Federación Rusa

Partido Comunista Obreiro Ruso - Partido Revolucionario dos Comunistas

Partido Comunista de Eslovaquia

Partido Comunista dos Pobos de España

Partido Comunista de Suecia

Partido Comunista de Turquía