ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

segunda-feira, 5 de janeiro de 2009

DECLARACIÓN URXENTE



ASASINOS SANGUINARIOS ATACAN GAZA
O PCPE EXIXE A RUPTURA INMEDIATA DE TODO TIPO DE RELACIÓNS CON ISRAEL

Asasinos sanguinarios abalánzanse sobre Gaza e o heroico pobo palestino que loita pola súa terra e polos seus dereitos. Os lacayos imperiais -Bush, Obama, Merkel, Zapatero, Sarkozy, etc.- asenten, cómplices da morte e do terrorismo do estado sionista e bloquean calquera resolución de condena internacional contra esta barbarie. Á súa vez os medios de comunicación -que se autoproclaman "democráticos"- fan o traballo de propaganda desta liña de actuación criminal.

O terror e os crimes non derrotarán xamais a loita dos pobos. Sempre a vitoria conseguirase a un alto prezo de quen non renuncian e sempre loitan. O pobo palestino está pagando ese prezo con heroísmo e determinación.

Os pobos dignos do mundo estamos co pobo palestino, con eles loitamos e con eles resistiremos a toda a barbarie do sionismo e do imperio.

Ehud Barak -o xefe do terrorismo sionista e o seu Ministro da Guerra-, é membro da Internacional Socialista, igual que Rodríguez Zapatero. Así como en 1914 os socialdemócratas alemáns votaron os orzamentos de guerra no seu parlamento, hoxe outros socialdemócratas encabezan a estratexia do terror ao servizo do capital.

O Goberno Zapatero non condena estes crimes e tampouco rompe -de forma inmediata- todo tipo de relacións co estado de Israel, e, por iso, colócase -sen andrómenas- ao lado do sionismo criminal.
O PCPE considérase con toda a lexitimidade moral e política para chamar á mobilización de masas e á loita contra todo o que representa este goberno lacaio do imperialismo e colaborador do sionismo. Por iso chama á clase obreira e ao pobo a realizar todo tipo de accións en solidariedade coa loita do pobo palestino e de rexeitamento da política do goberno da socialdemocracia. Só a loita do pobo organizado poderá vencer á barbarie.

COMITÉ EXECUTIVO DO PCPE