ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

domingo, 29 de março de 2009

O PRIMEIRO DE ABRIL, MOBILIZACIÓN INTERNACIONAL DOS TRABALLADORES




A CUT súmase á xornada de loita mundial do 1º de abril que convoca a FSM



1º de abril A Federación de Sindicatos Mundial (FSM), da que a CUT é afiliada, convoca a unha xornada de loita mundial este 1º de abril. A CUT, como integrante da FSM, e por entender que as condicións sociais e económicas fan da convocatoria unha necesidade urxente, mobilizarase en Vigo.

A quebra do sistema capitalista, quebra que os patróns chaman crise financeira, está empeorando as condicións do proletariado. Levamos vinte anos perdendo poder adquisitivo, mentres a súa economía medraba, os salarios da clase obreira había que reducilos para non dispara-la inflación e seguir medrando a acumulación capitalista; agora que o sistema estoupa hai que conxelalos para que a deflación non sexa grave. A mesma receita sempre: socializar as perdas e privatizar as ganancias.

O pasado mes de decembro iniciamos unha xeira de mobilizacións encamiñadas a socializa-la necesidade dunha FOLGA XERAL. Non podemos permanecer impasíbeis ante os ataques continuos que vimos sufrindo dende o capital.

Dende a CUT e a FSM denunciamos a explotación da clase obreira e as medidas que a patronal, coa complicidade dos sindicatos traidores e dos goberniños lacaios do capital, está a tomar: conxelación salarial, abaratamento do despido, precariedade, EREs, pago de despedimentos coas subvencións públicas, nega-las negociacións colectivas... É hora de saír a rúa, non podemos ser cómplices do sistema que nos está a escravizar. A nosa pertenza á clase obreira obríganos a acumular forzas de cara a unha FOLGA XERAL que evite que o capital saia coas súas. Non podemos salvar un SISTEMA QUE NON SERVE, temos que tombalo e facer cumprir as nosas reivindicacións:

-Distribución da riqueza e mellora nos salarios

-Non máis despedimentos e defensa dos dereitos socio-laborais

-Nacionalización da banca e dos sectores estratéxicos como enerxía e soberanía alimentaria.

-Cesamento das guerras, dos fondos da OTAN, das armas militares e que estes presupostos sexan invertidos no desenvolvemento dos pobos e na creación de emprego.

-Non máis represión e asasinatos de sindicalistas e loitadores/as sociais.

-Retiro inmediato das forzas de ocupación en Iraque, Afganistán e Palestina.

-Pleno dereito á soberanía e á libre determinación dos pobos.

-Marco galego de relacións laborais

-Igual traballo, igual salario

-Xornada laboral de 35 horas semanais

-Renda social básica para as persoas desempregadas maiores de 18 anos.

-Defensa dos sectores públicos.

-Eliminar os cursos de formación das mans dos sindicatos

-Eliminar as subvencións públicas ao ensino e sanidade privadas.

-Unha sociedade laica na que todo cargo público teña prohibida a asistencia aos actos relixiosos.

O VINDEIRO 1º DE ABRIL ESTAREMOS NAS RÚAS DE VIGO E DO MUNDO.

CONCENTRACIÓN, ÁS 12 HORAS, NO CRUCE DE COLÓN EN VIGO!!